3. Confeción do vestido

3. Confeción do vestido

Última actualización de en Marta

    3. Confeción do vestido

A costura é unha arte ao que hai que dedicarlle moito traballo, cariño e dedicación, para que as prendas queden ben e nos sentamos cómodas levándoas postas.

Unha vez coñecidos diversos contidos da materia, comecei a publicar nesta rede social. As miñas aportacións quedábanse nas temáticas abordadas nas sesións. As primeiras entradas centráronse nos Nativos Dixitais, na Competencia Dixital, na Curación de Contidos, nas Contornas de Persoais de Aprendizaxe, e diferentes reflexións.

 Durante o período do Practicum, así como tempo posterior, tiven un parón por falta de tempo, polo que atrasei. Pero tralas practicas, comecei a incorporar temas de interese persoal, así como noticias que atopaba, ademais das temáticas da clase.

Coa realización das prácticas tiven a oportunidade de realizar unha infografía onde sinalaba os recursos que posúe dito centro coa tecnoloxía. A raíz da motivación que lles vía as persoas de ATEGAL coas tecnoloxías, tiven como un estímulo para continuar publicando na rede social.

Outra motivación foi a realización do xuízo ficticio sobre o caso de Alexandra Elbakyan, no cal era acusada do roubo da propiedade intelectual polas editoriais SAGE e Elsevier. Esas sesións vivíronse con moitos incentivos para defender a postura que nos tocase a cada grupo interactivo. En dito xuízo, finalmente, o Tribunal posicionouse a favor do coñecemento aberto, postura da que estou de acordo. Relacionando o coñecemento aberto, comentei os recursos educativos abertos.

Tamén tiven a oportunidade de facer unha reflexión acerca da comunicación dixital, da nova práctica chamada Sharenting, enlazando co sentimento de abandono que senten algúns nenos por parte dos seus pais debido as tecnoloxías. Ademais indaguei sobre as Fake news, podéndoas relacionar coa curación de contidos.

 A realización do proxecto, aínda que supuxo carga de traballo, foi algo especial, xa que se non coñecésemos todos os contidos abordados ata o día, sería difícil poder sinalar as necesidades do centro, así como a montaxe do vídeo para “vender o noso produto”.