4. Proba e finalización do vestido

4. Proba e finalización do vestido

Última actualización de en Marta

   4. Proba e finalización do vestido

Son unha persoa con pouca paciencia e con inseguridades, polo que a confección do vestido seguro que a deixaría para os últimos días.

O mesmo me pasou con esta materia, coa que aínda que non empecei demasiado motivada, e non a levaba demasiado ao día, pouco a pouco fun mellorando a situación, superando todos os obstáculos que se presentaron no camiño. A constancia fixo que o todo o traballo estivese sempre feito para a data sinalada, ao igual que a finalización do vestido.

A motivación, constancia e esforzo foron a crave para sacar a diante a materia. Ao compartir entre todos as nosas publicación e comentarios, aportamos novas reflexións, creando contidos significativos. Grazas a isto, existiu unha boa interrelación no grupo.

Este ano incrementouse e enriqueceuse a miña aprendizaxe, polo que estou moi contenta co resultado.

Este non é o fin, se non que a partires de agora, toca poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos nesta materia, como futura pedagoga.