Somerxéndome definitivamente na Tecnoloxía Educativa

A reflexión e valoración anterior do meu proceso de aprendizaxe na materia identificase cun buzo que se somerxe no océano, co obxectivo de descubrir todo aquelo que este esconde. O buzo non se decata de que conta cun porcentaxe de osixeno moi escaso, e en seguida ten que subir a superficie. Debido a que non se fixou na cantidade de oxixeno da que dispoñía, a súa aventura baixo o mar foi interrompida.

Ao igual que o buzo, ao comezo desta materia quería descubrir todo aquelo que agochaba e formarme un pouco máis no ámbito pedagóxico tecnolóxico. Lamentablemente non me din de conta de que non era suficiente para continuar, sen antes volver a revisalo.

Os novos blogs que subín e, en concreto, os conceptos que tratei axúdanme a afondar máis no coñecemento sobre a materia e sobre as ferramentas das que dispoñemos os futuros pedagogos e educadores dunha sociedade totalmente dixitalizada. Tamen me axudan a decatarme de cousas que me faltaban por introducir ou por tratar nesta rede social. Ao igual ca min, o buzo douse de conta de que, antes de somerxerse, tiña que haber revisado todo o equipamento para ver se lle faltaba algo ou se tiña, neste caso, que volver a encher a súa bombona.

Un alto porcentaxe de osixeno é necesario e importante para poder descubrir o incríble oceano, no meu caso, tamén o son os conceptos tratados ou as ferramentas que fomos descubrindo nesta asinatura, tanto anteriormente como agora, para coñecer e descubrir todo o que ten a pedagoxía e educación á súa disposición para formar a persoas acordes ao mundo do seculo XXI...

 

Resultado de imaxes para buzo


Imaxe extraída de Wikimedia Commons. Recuperada de: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Buzo.jpg