FIN DUNHA ETAPA


image

Ao longo deste cuadrimestre puidemos adquirir parte do coñecemento relacionado coas TIC e co seu uso dentro do ámbito da educación. En xeral resalto o enfoque co que se dou a materia, posto que se nos ensinou a aprender dun xeito diferente ao convencional, a través da creación dun blog individual onde cada un de nós reflexionaba e indagaba sobre os temas máis relevantes dados na clase ou sobre todo aquelo que nos chamase a atención e estivese relacionado coa materia.

Persoalmente esta asignatura sorprendeume gratamente. Ao principio tiña unha concepción das TICs, quizais, algo anticuada, sen embargo tras este período creo que me encontro máis receptiva ao uso da tecnoloxía, a aceptar os beneficios que esta aporta no sistema educativo, e do mesmo modo síntome máis crítica con calquera aspecto xa sexan para aplicar na aula ou no meu propio día a día.

Comezarei falando sobre o meu avance na materia, así, podo dicir que nun primeiro momento non souben explotar ao máximo os recursos que se nos presentaban no blog. A aportación que estaba creando para a miña aprendizaxe persoal non era continua, e nas miñas entradas non estaban presentes todos os aspectos que se nos demandaban, como por exemplo; referencias e favoritos ou reflexións persoais. Trala primeira avaliación feita pola profesora, puiden darme conta dos meus erros e así corrixilos no que eu chamo a miña “segunda etapa”.

Falo dunha “segunda etapa” porque nela puiden experimentar o que é esta materia e o que nos pode aportar este sistema de traballo. Realizar este blog, no cal fomos resaltando todo aquelo que nos chama a atención, indagando dun xeito eficiente e crítico, fixo que construísemos un espacio sobre educación e novas tecnoloxías o cal é un reflexo da nosa aprendizaxe e de como vemos cada un este ámbito.

Este Blog está composto por diferentes apartados, un dos máis importante quizais sexa o “blogs”, xa que nel fun engadindo toda unha serie de entradas relacionadas coa temática dada na clase, as cales eu fun completando con información atopada na rede e reflexionando sobre a mesma, xa sexa con opinións propias de como eu vía ou vivía o tema ou ben a través de noticias de prensa que me chamaban a atención pola súa temática relacionada coas novas tecnoloxía na educación, como por exemplo as dúas seguintes:

 

OS CADERNOS RUBIO ADÁPTANSE AS NOVAS TECNOLOXÍAS.

Ipad e cadernos rubio

 

Hoxe atopeime con unha noticia que me resultou moi curiosa e interesante.

Resulta que a empresa valenciana de Cadernos Rubio presentou a súa nova aplicación para IPAD, coa que os máis pequenos poden practicar operacións, problemas e exercicios adaptados a educación infantil. Os tradicionais Cadernos Rubio inícianse así, no mundo das táboas, cun sistema intuitivo e fácil de empregar que permite aprender e xogar ao mesmo tempo.

Segundo Enrique Rubio, xerente de Cadernos Rubio “Se trata de una apuesta por las nuevas tecnologías que parte de nuestro compromiso con la educación. La aplicación nos permite llevar nuestra metodología a un público amplísimo gracias a que hemos fijado un precio de descarga muy asequible”.

Dende o meu punto de vista os Cadernos Rubio seguen a ser unha ferramenta de aprendizaxe para os estudantes de primaria e agora, grazas a esta nova inventiva, faranse máis atractivos. Vexo positivo esta integración das TICs na aprendizaxe dos nosos estudantes, xa que ao ser unha ferramenta tan novidosa, seguramente traia bos resultados e os alumnos e alumnas lle presten máis atención.

Pero, ¿non será moi custoso este tipo de aprendizaxe? Xa que hai que ter en conta que esta aplicación serve para Ipad, e o custo de esta tecnoloxía e bastante elevado. ¿Creará algún tipo de distinción dentro das aulas, entre os diferentes estudantes?.


¿¿ " Robots que axudan a dar clase" ??

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/27/paisvasco/1330331495.html

Este novidoso xeito de ensinar ao alumnado "a descubrir la programación informática desde un punto de vista lúdico y sencillo" está a ser implantado nas aulas dos centros educativos vascos. creedes positiva esta incorporación da tecnoloxía na educación? pensades que é un bo método de achegar estas "tecnoloxías do futuro" aos alumnos? 

 

No que respecta aos blogs, unha das entradas/temas que máis pesou na miña aprendizaxe foi a comparativa da sociedade do coñecemento e a sociedade da información. Na seguinte entrada:

  Sociedade do Coñemento e Sociedade da Información

O último día de clase estivemos repasando unha serie de conceptos; na miña última entrada falei da “competencia dixital”,un concepto que me chamou a atención. Hoxe, vou falar da “sociedade do coñecemento e da sociedade da información”, xa que durante a clase falouse de que eran dous temas que a miúdo se confundían. Para poder chegar as distintas conclusións busquei pola rede información que  me axudase a entender máis estes dous conceptos.

O concepto Sociedade da Información fai referencia á relación e os mecanismo para a produción, o tratamento e a distribución da información. Mentres que a sociedade do coñecemento refírese a apropiación crítica e selectiva da información protagonizada polos cidadáns que saben como aproveitar a información.

Considero que hoxe en día, na nosa sociedade a información  é un elemento accesible para a gran maioría da poboación e pouco a pouco vaise transformando nun ben de consumo, xa que a calidade e a velocidade da información estase convertendo nunha demanda por parte dos que a consumimos e un “negocio” para os que a proveen. 

Moitas veces pensamos que por ser posuidores de información xa estamos adquirindo obtendo unha serie de coñecementos e non nos damos conta de que simplemente o coñecemento se base nesta información que adquirimos, pero que ela por si soa non produce coñecemento.

Nunha das páxinas que consultei, aparecían dúas características da Sociedade do Coñecemento, onde quedan plasmadas a diferencia entre información e coñecemento; a primeira, é a conversión do coñecemento en factor crítico para o desenvolvemento produtivo e social. E a segunda, o fortalecemento dos procesos de aprendizaxe social como medio para asegurar a apropiación social do coñecemento e a súa transformación en resultados útiles, onde a educación xoga un papel central.


Nesta entrada levei a cabo  a tarefa de definir estos conceptos, isto permitiume ter unha mentalidade máis aberta á hora de tratar as tecnoloxías. Deime conta de que todos os recursos son poucos, que hai un millón de formas de proporcionar unha educación no coñecemento e a información e que por elo debemos ser ambiciosos tratando de coñecer a maior cantidade de recursos posibles, sen quedarnos estancados nos tradicionais, xa que por moi eficaces que fosen nunha época, a sociedade avanza e polo tanto debemos adaptar os sistemas de ensino-aprendizaxe a estes novos tempos.

Por exemplo, este avance do que falo estivo moi presente durante unha visita que nos fixo unha alumna para presentar o seu traballo fin de grao. A continuación expoño a entrada referida:

Reflexión sobre a “Experiencia e análise dunha proposta educativa con TIC”.

Na clase expositiva do luns día sete, unha alumna de maxisterio dounos unha pequena charla onde presentaba o seu traballo de fin de grao. Esta alumna levou a cabo un proxecto centrado nas TIC nun colexio de Santiago de Compostela a alumnos de 6º de Primaria, cos cales elaborou un pequeno blog.

Con este traballo conseguiu que os alumnos interactuasen máis directamente coas TIC, sendo os protagonistas da súa propia aprendizaxe, unha aprendizaxe autónoma, onde se crea certo grao de independencia e onde o profesor adquire ou debería adquirir un papel secundario. Vexo este proxecto como un recursos innovador, xa que os alumnos/as vense máis motivados para realizar as actividades que se lles mandan, posto que non o ven como un traballo senón como un xogo.

ninos-internet.jpg

Pareceume unha clase bastante interesante, aínda que me gustaría que se falase máis sobre os resultados do proxecto e non tanto sobre a teoría, xa que como dixen anteriormente é un proxecto moi innovador e pode aportarnos grandes ideas para o noso futuro. Outro aspecto que me chamou a atención foron as conclusións que sacou esta alumna, como por exemplo, a pouco confianza que lle dan o profesorado as tecnoloxías como unha ferramenta máis de traballo e óptima para a aprendizaxe dos alumnos e tamén as “difíciles” condicións as que se tivo que adaptar para poder levalo a cabo.

 

Con esta experiencia deime conta da gran dificultade a que se está sometendo as TICs para poder ocupar un lugar dentro do sistema educativo. Non digo con isto que as novas tecnoloxías non estén presentes na educación, pero si considero que gozan de pouca liberdade e que non se lle está a sacar todo o proveito que debería, en moitas ocasións polas reticencias do profesorado, o cal considera estas tecnoloxías como unha distracción máis que como un recurso educativo.

Falando de novas tecnoloxías como recursos educativos, non podo deixar de comentar o referido as sesións onde falamos das pizarras dixitais e "squeak". Dous novidosos recursos TICs que empezan a pisar forte dentro do sistema educativo. Persoalmente chamoume moito a atención "squeak" pola súa orixinalidade e o método que emprega, onde son os alumnos/as os protagonistas e quenes constrúen a súa aprendizaxe. A continuación deixo a entrada onde fago referencia a dito tema:

O uso de Squeak para a mellora da aprendizaxe das matemáticas e das ciencias

Nas últimas clases estivemos falando dun proxecto chamado Squeak. Este proxecto consta cunha caixa de ferramentas para debuxar e cun catálogo de obxectos, e tamén cun conxunto de guións para conferir movemento, de modo que as formas se desplaxen por unha pantalla e interactúen. Squeak, permite conferir movemento a modelos gráficos, é un recurso de uso moi simple e de gran potencialidade, cuxo límite de aplicación radica na capacidade do docente de crear propostas e novos modos de relación no traballo cos alumnos/as. A través deste enlace podedes acceder a un pequeno documento onde se reflicte este proceso de aprendizaxe, casualmente o mesmo exercicio que realizamos na última clase interactiva:

http://www.slideshare.net/josemiguelcc/ideas-poderosas-en-el-aula-squeak  

Podo dicir que con este programa os nenos e nenas poden chegar a mudar a súa forma de entender a aprendizaxe, xa que están investigando e recollendo información dun xeito moi diferente a como o fan habitualmente e sendo eles os protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe, estando sempre apoiados polos profesor/a. Ademais este proxecto é visto polos rapaces como un xogo, unha nova forma de aprender afastada dos tradicionais libros e que ten o mesmo efecto positivo sobre eles. Considero que este é un proxecto moi interesante e que debería ter máis presencia no noso sistema educativo, xa que a tecnoloxía está a abarcar grandes ámbitos da nosa vida e pouco a pouco irá gañando posicións e confianza entre a sociedade.

 

Como xa dixen estes novos proxectos, squeak e pizarras dixitias, son moi novidosos pero levan incluíndo unha pequena "pega", a súa utilización por parte do profesorado. Este tipo de recursos fai necesaria unha formación, ou polo menos que se teñan unhas nocións básicas no uso dos ordenadores, xa que senón faise case imposible ou dificultoso poder levar a cabo as explicacións e como non a aprendizaxe.

Relacionado con este tema realicei no meu blog sobre o rol docente ante as TICs e tamén engadín un  pequeno esquema:

 

O PAPEL DO DOCENTE ANTE AS TICS.

Seguindo un pouco coa mesma liña da miña última entrada, hoxe vou falar do papel que desempeña o docente ante as TICs, para poder ver dúas perspectivas diferentes dun mesmo ámbito.

Así, voume centrar no rol que desempeña o docente, un proceso formativa no que interveñen as novas tecnoloxías da información e a comunicación e tamén saber cales son as necesidades formativas que derivan deste novo papel que debe levar a cabo.

Algúns aspectos que xustifican a necesidade dunha formación do profesorado neste ámbito son os seguintes (Medina, 1989):

  • Mellorar a súa interpretación e concepción tecnolóxica da ensinanza, desde o protagonismo reflexivo do profesor como xerador do currículo e estilos de ensinanza.

  • Acadar unha concepción tecnolóxica apoiada nunha fundamentación científica do proceso de ensino-aprendizaxe, e na actualización.

  • Xestionar e organizar os medios na aula e no centro. Aquí haberá que entrar na dinámica de colaboración e reparto de responsabilidades en equipos de profesores.

Calquera modelos de traballo con relación a unha formación do profesorado en tecnoloxía debe ter en conta; o suxeito da formación, elaborar deseños de formación e debe entenderse como un ciclo longo onde interveñen moitos axentes e variables.

Segundo o informe “O papel do docente ante as TICs” elaborado por Alan Freddy Carrasco Dávila pódense sacar unha serie de conclusión con respecto a este tema. Así, o docente debe ensinar aos alumnos a ter un xuízo crítico ante os medios de comunicación de masas con fins educativos, onde se atopen os soportes das novas tecnoloxías da comunicación. Tamén é necesario estimular ao docente e convencelo das bondades do uso do ordenador como apoio a ensinanza.

Un profesor que ensina coas novas tecnoloxías deberá ter en conta que está a desempeñar unha nova tarefa, onde as súas funcións máis básicas son, entre outras:

  • Facilitador do proceso de ensinanza: o profesor pasa de ser experto en contidos a un facilitador de aprendizaxes onde vai a requirir deseñar experiencias de aprendizaxe para os estudantes, fomentar a interacción dos mesmos, o autoestudo e a motivación.

  • Asesor: o profesor debe ser capaz de guiar aos alumnos no desenvolvemento de experiencias colaborativas, monitorizar o progreso dos estudantes e proporcionar en todo o momento “feedback” de apoio ao traballo dos mesmos.

  • Investigador: o docente debe ser investigador do seu propio quefacer. Debe ser un especialista do saber, aberto ao camiño da investigación a actualización.

  • Facilitador de contidos: o profesor contribúe a creación do coñecemento especializado, centra a discusión sobre os puntos críticos, responde preguntas, responde as contribucións dos estudantes, e sintetiza as contribucións en orde aos tópicos ou contido impartidos.

  • Tecnolóxico: o profesor debe posuír as habilidades mínimas técnicas para interactuar cos sistemas e apoiar aos estudantes no desenvolvemento dos cursos.

  • Organizador/administrador: o profesor debe establecer unha axenda para o desenvolvemento da actividade formativa, onde incorpore os obxectivos, regras de procedementos, horario de xeito que garanta unha adecuada planificación e posta en práctica da ensinanza como un proceso coherente entre as necesidades, fins e medios. 

Con respecto a este tema penso que un dos grandes problemas aos que se enfrontan os sistemas educativos na capacitación dos docentes é que os docentes tenden a seguir na súa profesión moitos anos. Isto provoca que unha vez que dominan o seus traballo e ben que obteñen bos resultados con eles, dificilmente cambien o seu estilo ou técnica de ensinanza. Ademais, outro conclusión que recollín deste documento é que moitos docentes pensan que os medios tecnolóxicos convértense en competidores que arrebatan a súa hexemonía informativa e alteran o equilibrio tradicional sustentado na palabra. Penso que ata que non se eliminen estas barreiras e formas de pensar as TICs van ter que recorrer un camiño duro por recorrer para que o alumnado poida gozar de todas as súa posibilidades.

 

Esquema: rol do docente ante as TICs

 

Por último e con respecto as miñas entradas vou destacar o traballo que realicei en torno ao e-learning e o b-learning. Dous novos métodos de ensinanza que están tendo cada vez máis cabida na nosa sociedade e que me resultaron especialmente interesante, xa que a nivel persoal podo sacarlle gran partido para ampliar a miña formación académica.

O e-learning

E-LEARNING: Consultando a wikipedia podemos ver que e-learning denomínase aprendizaxe electrónico á educación a distancia complementaria virtualizada a través dos novos canles electrónicos ( as novas redes de comunicación, en especial Internet), utilizando ferramentas ou aplicacións de hipertexto* como soporte dos procesos de ensinanza-aprendizaxe. É un concepto máis relacionado co semipresencial, tamén chamado b-learning, esta é unha modalidade que combina a educación a distancia e a educación presencial.

Por outro lado tamén temos a definición de Rosenberg (americano economista especializado na historia da tecnoloxía) quen a define o e-learning como o uso de tecnoloxías Internet para a entrega dun amplo rango de solucións que melloran o coñecemento e o rendemento. Está baseado en tres criterios:

  1. O e-learning traballa en rede, o que o fai capaz de ser instantaneamente actualizado, almacenado, recuperado, distribuído e permite compartir instrución ou información.

  2. É entregado ao usuario final a través do uso de ordenadores empregando tecnoloxía estandar de Internet.

  3. Enfócase na visión máis ampla da aprendizaxe que van máis alá dos paradígmas tradicionais de capacitación.

A continuación destacaremos as características máis salientables do e-learning:

  • Uso de soporte informático.

  • Conexión on-line a través do World Wide Web.

  • Formación flexible por parte do discente, é o propio alumnado o que organiza os seus estudos en función das súas necesidades.

  • Uso de ferramentas de hipertexto para establecer comunicaión síncrona.

  • O alumno non asiste a clases presenciais, fórmase desde a casa ou calquera outro lugar.

    As vantaxes e inconvenientes do e-learning

 

Un exemplo de aprendizaxe electrónico témolo na seguinte referencias:

http://aprendemas.com/curso/cursos_de_e_learning.html esta é unha páxina onde se ofertan diferentes cursos online, desde masters ata graos.

Pero eu pregúntome, ¿é realmente efectivo o e-learnig? ¿ten boa acollida na sociedade? Respondendo a estas cuestión atopei unha investigación "Valoración dos alumnos sobre o e-learning nas Univeridades analuzas" onde se solicitan as opinións aos alumnos sobre a percepción e valoración que teñen respecto as accións educativas soportadas en e-learning. Nesta investigación os alumnos perciben esta modalidade como verdadeiramente útil e interesante, posto que lle permite traballar independentemente do horaio de clase e acceder a información desde calquera lugar. E presentan como problemas que non todos teñen acceso a internet  e a necesidade de que os profesores teñen unha formación suficiente. En definitiva vese que nos resultados destacan máis os aspectos positivos de este tipo de formación que os negativos.

Dende o meu punto de vista o e-learning é unha boa ferramenta de aprendizaxe, pero penso que hai temáticas que necesitan do apoio da práctica para poder ter unha boa formación. Penso que para facer un curso on-line un ten que estar moi seguro e darlle moita dedicación, xa que ao non ter que “rendir contas” pode facer que non se poña todo o empeño ou non se lle dedique o tempo preciso. Ademais de que non é unha aprendizaxe tan personalizada e, como se dixo na clase, non son suficientos os titores que se asignan a cada formación on-line.

En definitiva creo que sí é positiva, xa que che axuda a ampliar a túa formación podendo convinala coa túa vida e con outros estudos, pero sempre e cando un sexa capaz de responsabilizarse desa aprendizaxe e non deixala de lado priorizando outras cousas.

*Hipertexto: é o nome que recibe o texto que na pantalla dun dispositivo electrónico, permite conducir a outros textos relacionados, pulsando o rato ou o teclado en certas zonas sensibles e destacadas.

BLENDED LEARNING – APRENDIZAXE SEMIPRESENCIAL

Aprendizaxe Semipresencial

Nunha das miñas entradas falei sobre o E-learning, cales eran as súas vantaxes e desvantaxes, así como a súa situación na nosa comunidade. Hoxe vou falar do B-learning unha modalidade que garda similitudes coa anterior.

Para a wikipedia o blended learning ou b-learning consiste nun proceso docente semipresencial, isto significa que un curso ditado neste formato incluirá tanto clases presenciais como actividades de e-learning.

A través dun documento da páxina do Observatorio Tecnolóxico do Ministerio de Educación puiden rescatar algunha información sobre esta modalidade de ensinanza. Así, este modelo de formación fai uso das vantaxes da formación 100% on-line e a formación presencial, combinándoas nun só tipo de formación que axiliza a labor tanto do formador como do alumnado. O deseño instruccional do programa académico para o que se decidiu adoptar unha modalidade b-learning deberá incluír tanto actividades on-line como presenciais, pedagóxicamente estruturadas, de mofo que se facilita acadar a aprendizaxe buscada e se asegure o logro das competencias dos alumnos.

En definitiva pódese dicir que se trata dun proceso de ensinanza mixta, que emprega plataformas virtuais de ensinanza na aula, mesturando así a ensinanza presencial e as novas tecnoloxías.

Ao falar dun modelo de aprendizaxe sempre saen a relucir as súas vantaxes e inconveniente. Nesta modalidade existen unha serie de vantaxes como poden ser as seguintes:

  • O docente pode empregar o material didáctico dispoñible en Internet tanto para as súas clases presencias como para a labor que realiza en liña.

  • Existe flexibilidade na disposición do tempo dos estudantes como dos docentes, pois non é preciso que todos os involucrados no proceso coincidan no tempo para levar a cabo a parte en liña do proceso.

  • Non se perde a interacción física, pois as sesións presenciais motivan o establecemento de vínculos entre os participantes.

En canto as desvantaxes, podemos destacar algunhas como:

  • A brecha entre as xeración que son potenciais estudantes e docentes do Blended learning dificulta que todos participen neste tipo de aprendizaxe; pois parte da poboación non está suficientemente familiarizada coa tecnoloxía.

  • Algúns estudantes non contan co equipo necesario ou as conexións axeitadas para estudar deste xeito.

  • Adoita enfatizarse máis o uso da tecnoloxía que o contido, se isto ocorre o obxectivo da aprendizaxe non se cumpre axeitadametne.

Unha vez recollida esta información onde me aclara que é o b-learning e cales poden ser as súas vantaxes e inconvenientes á hora de levalo a cabo como modelo de ensinanza, vou falar sobre un pequeno arquivo “selección de atributos predictivos del rendimiento académico de estudiantes en un modelo de b-learning”. Neste traballo aplícanse técnicas de minería de datos para identificar aqueles indicadores que poidan ter maior valor predictivo, á hora de medir o rendemento dos estudantes, no contexto dunha materia de grao que combina actividades docentes presenciais con actividades soportadas en aplicacións de teleformación.

Unha das conclusións destacadas para min neste estudo fai referencia as valoracións que os estudantes lle dan as actividades presenciais e non presenciais. Obsérvase que nos indicadores presenciais teñen en xeral un maior poder predictivo á hora de analizar o éxito do estudante na materia. De feito, no ranking, as actividades presenciais teñen un valor medio de 37,8 fronte ao 16,1 do valor das actividades non presenciais.

Das análises realizadas neste traballo despréndese que as actividades de avaliación a distancia non son sempre axeitadas para predicir o nivel de adquisición de competencias por parte dos estudantes. Parece ser que a avaliación debe ter compoñentes presenciais, que combinadas con actividades non presenciais e un seguimento dos niveis de participación dos estudantes en foros, poidan servir para que o profesor obteña unha imaxe fiel da evolución e éxito nos seus estudos docentes.

Dende o meu punto de vista, o b-learning pode ser positivo para o alumno/a, sempre e cando este saiba xestionar a súa aprendizaxe e tamén sexa responsable da mesma. Persoalmente nesta materia estamos a experimentar unha forma de aprender diferente e novidosa para moitos de nos. Aquí, facemos unha combinación entre o traballo na clase e o traballo on-line, na nosa casa, desde a miña experiencia, podo dicir que o interese e a responsabilidade é un punto moi importante para que o blended learning sexa produtivo no estudante. Por exemplo, ao principio, o meu traballo, on-line, con esta materia non era o axeitado, non traballaba o suficiente e non adquiría esa aprendizaxe que se me demandaba, pero finalmente, nesta segunda etapa estou máis implicada e ademais de ser máis constante tamén indago, e traballo os temas dados nas clases presenciais. Co cal a miña aprendizaxe evolucionou con respecto a principio de curso.

Con isto quero dicir, e en relación ao estudo anterior, que, na miña opinión, esta aprendizaxe non é fructífera cando o estudante non se implica o suficiente, se o fai, pode obter bos resultados e adquirir todas as competencias que se lle demandan.

Estas foron as entradas máis características da miña aprendizaxe, sen esquecer outras como a brecha dixital, o conectivismo ou os entorno persoais de aprendizaxe PLE, temas sobre os que tamén reflexionei e busquei información; os cales tamén se falaron nas clases e que considero tan importantes como os mencionados anteriormente.

Nesta reflexión final, e facendo un repaso por todo o dado e incluído no meu blog, vou destacar por un lado os Tweets, neles reflexo a miñas inquedanzas sobre a materia e os contidos dados ("Novo reto: competencia dixital"), algún onde destaco algunha frase que me pareceu graciosa e divertida ("solo sé que nada se, y lo que no se lo busco en internet") e finalmente algúns sobre o remate da materia ("Comeza o sprint final").

Por outra lado falar dos Favoritos, na miña lista persoal aparecen unha selección dos favoritos dos que me axudei para buscar información sobre as miñas entradas. O criterio que decidín para escollelos fundamentouse, principalmente que falasen sobre as TICs ou temas relacionados e despois que fosen páxinas oficiais ou que enmarcasen algún tipo de distintivo máis ou menos formal, como favoritos de universidades ou portais do Ministerio de Educación.

Outro dos aspectos recollidos neste blog son os Grupos, eu participei no grupo de "Competencia Dixital"). Escollino porque é un tema que parece interesante e ao cal lle adiquei unha entrada no meu no blog:

competencia dixital

Oxe na clase estivemos analizando os diferentes conceptos que aprendemos durante este breve período de docencia. Puidemos recordar gran variedade de elementos que nos resultaron máis interesantes para cada un, entre os conceptos claves vou destacar a "competencia dixital". Indagando pola rede e buscando información sobre o mesmo atopei este vídeo de Jorde Adell onde explica o que é a competencia dixital dun xeito, na miña opinión, bastante sinxelo de enterder.

Compoñentes da competencia dixital: 1. competencia informacional 2. competencia tecnolóxica 3. alfabetizacións múltiples 4. competencia cognitiva xenérica

Algunha das frases que máis me chamaron a atención foron as seguintes: "seria interesante evaluar si necesitamos o no estos cacharros. No le sacamos todo el partido a las tecnología y las renovamos por el mero hecho de las modas". "la familia tiene un papel fundamental dentro del desarrollo de las competencias digitales".

A través deste vídeo tamén coñecín un novo concepto do cal nunca escoitara falar, "cidadanía dixital". Escoitarades falar antes de este concepto? Que é para vos a cidadanía dixital?

 

Dou por finalizada esta páxina onde reflexionei sobre os conceptos e temáticas que marcaron a miña evolución e durante o paso desta materia, aqueles conceptos que axudaron a que configurara unha visión máis ampla do que son as Novas Tecnoloxías e todo o que implican na nosa sociedade.

Seguidamente tamén creei dúas sub-páxinas, na primeira falo sobre tres conceptos importantes para min pola súa condición de novidade, termos que non coñecía e dos cales aprendín algo novo que engadir a miña aprendizaxe persoal. Na segunda sub-páxina fago unha pequena reflexión final do que supuxo para min Tecnoloxía Educativa e sobre todo para a miña aprendizaxe.