PLE, Conectivismo e brecha dixital

PLE, Conectivismo e brecha dixital

Última actualización de en Laura Pereira Mallo

Na miña páxina principal falei das diferentes entradas que fun realizando ao longo do curso e que foron conformando o meu espacio de aprendizaxe. Mencionei tamén estes tres temas: PLE, conectivismo e brecha dixital, pero non me explallei moito, razón pola cal creo esta subpáxina, xa que considero que estes tres temas son tan importantes como os anteriores e merecen polo tanto estar completamente presenta nas miñas reflexións finais.

Comezarei falando do Conectivismo, este tema quizais foi un dos que máis problemas me dou para buscar información, xa que a información que atopaba non me inspiraba confianza. Finalmente guiada polos apuntes de clase localicei un artigo moi interesante onde se explicaba en profundidade este concepto, a continuación deixo exposta a miña entrada:

Conectivismo

Conectivismo

Un dos conceptos presentes no desenvolvemento desta materia foi o conectivismo, recollendo a información exposta na clase, entendemos conectivismo como un modelo de aprendizaxe que ofrece a posibilidade de re-imaxinar a experiencia da educación na era da información. Baséase no poder da tecnoloxía de hoxe para fundir os intereses dos xoves, as amizades, e os logros académicos a través de experiencias cara a produción cun propósito compartido, e nas redes abertas. (G. Siemens; S. Downes).

 Estes dous autores, George Siemens e Stephen Downes son os principais representantes desta teoría pedagóxica que pretende explicar como as novas tecnoloxías condicionan a forma na que se producen as aprendizaxes.

 Algúns principios do Conectivismo poderías ser:

  • A aprendizaxe e o coñecemento na diversidade de opinións.

  • A aprendizaxe é o proceso de conectar nodos ou fontes de información.

  • A aprendizaxe pode residir en principios humanos.

  • A capacidade de aumentar o coñecemento é máis importante que o que xa se sabe.

  • É necesario nutrir e manter as conexións para facilitar a aprendizaxe continua.

  • A información actualizada e precisa é a intención de todas as actividades do proceso conectivista.

  • A toma de decisións é en sí mesma un proceso de aprendizaxe. O acto de escoller que aprender e o significado da información que se recibe, é visto a través do lente dunha realidade cambiante. Unha decisión correcta hoxe, pode estar equivocada mañá debido a alteracións no entorno informativo que afecta a decisión.

  • A habilidade de ver conexións entre áreas, ideas e conceptos é unha habilidade clave.

 Segundo o artigo “Conectivismo: unha teoría da aprendizaxe para a era dixital” de G. Siemens, o conectivimo ten o seu punto de partida no individuo. O coñecemento persoal componse dunha rede, a cal alimenta a organizacións e institucións, as que a súa vez retroalimentan á rede, proporcionando nova aprendizaxe para os individuos. Este ciclo de desenvolvemento do coñecemento (persoal a rede, da rede a institución) permítelle aos aprendices estar actualizados na súa área mediante as conexións que formaron.

En conclusión, o conectivismo presenta un modelo de aprendizaxe que recoñece os movementos tectónico nunha sociedade onde a aprendizaxe deixou de ser unha actividade interna e individual. A forma na cal traballan e funcionan as persoas altérase cando se usan novas ferramentas. O conectivismo provee unha mirada ás habilidade da aprendizaxe e as tarefas necesarias para que os aprendices se desenvolvan nunha era dixital.

Relacionado con este tema falamos dun concepto, do cal eu nunca oira falar antes, a Brecha Dixital, ao longo da miña vida, non tiven gran experiencia nin contacto coas TICs, como alumna durante a Primaria e a ESO case non empregaba o ordenador, foi agora, na universidade cando comecei a utilizalo asiduamente e xa forma parte da miña vida e do meu traballo. Cando falamos da brecha dixital na clase e despois co meu traballo persoal, deime conta de que durante anos estiven "inmersa" nesa brecha dixital, e agora penso en como cambiou a miña forma de aprender e os meus recursos.

Outro dos conceptos traballados foi o PLE:


 

Esquema PLE


 

ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE (PLE)

 

     Principais características do PLE

 

 

 

Facendo un repaso a todas as miñas entradas, decateime de que me faltan algúns conceptos importantes que vimos na clase e que xa forman parte do meu abanico de conceptos aprendidos nesta materia. Vou a falar así do PLE.

Segundo a Wikipedia, os Entornos Persoais de Aprendizaxe (PLE) son sistemas que axudan aos estudantes a tomar o control e xestión da súa propia aprendizaxe. Isto inclúe o apoio aos estudantes a acadar así os seus obxectivos de aprendizaxe.

  • Fixar os seus propios obxectivos de aprendizaxe.

  • Xestionar a súa aprendizaxe, a xestión dos contidos e procesos.

  • Comunicarse con outros no proceso de aprendizaxe.

Esta é unha expresión que aproximadamente dende a JISC/CETIS Conference de 2004 vense utilizando para referirse ao conxunto de ferramentas, servizos e conexións que empregamos para acadar diversas metas vinculadas á adquisición de novas competencias. 

O concepto de PLE parte da base de que é a persoa quen decide que (materia, habilidades, etc) cando (tempo), onde (entorno), porque (de que xeito) quere aprender. Polo tanto é algo persoal, aberto e modificable, cunha estrutura inicial simple pero que progresivamente vai adquirindo complexidade e que ten como principal obxectivo facilitar a aprendizaxe dunha maneira informal e non dirixida.

Podemos establecer unha aproximación a unha estrutura dun PLE en base a tres elementos:

Ferramentas: os elementos e tecnoloxías que nos permiten clasificar, elaborar e compartir información e o coñecemento, entre os que atopamos marcadores sociais, documento e arquivos en liña.

Recursos: son todas aquelas fontes de información que nos proporcionan información e opinións relevantes para nós. Poden vir en formatos tradicionais ou en formatos dixitais.

Rede Persoal de Aprendizaxe: está formada por todas as persoas coas que temos contacto e das que obtemos, aportamos e coas que compartimos información.

Neste cadro pódense ver as características máis salientables deste concepto:


  PLE
CARÁCTER

Persoal

Aberto

Modificable

ESTRUTURA

Complexa

Personalizada

Modificable

APRENDIZAXE

Informal

Complemento da aprendizaxe formal

CONTIDOS Personalizado
CONTROL Persoal
INTERACIÓN Opcional
XESTIÓN Persoal

 

Un PLE configúrase arredor dunhas ferramentas e servizos que nos permiten o acceso e a relación coa información e con outras persoas, en concreto ferramentas “sociais” da Web e das estratexias con que configuramos o uso das mesmas.

Podemos falar así, e segundo o documento “Los Entornos de Aprendizaje (PLEs): una nueva manera de enteder el aprendizaje” de Jordi Adell e Linda Castañeda, de tres tipos de elementos dun PLE:

  1. Ferramentas e estratexias de lectura.

  2. Ferramentas e estratexias de reflexión.

  3. Ferramentas e estratexias de relación. 

Considero que está unha gran ferramenta de aprendizaxe, a cal se pode adaptar aos grandes cambios e evolucións que vive a nosa sociedade, e sobre todo a educación. Penso o PLE é un medio eficaz que nos permite acceder a información e ao coñecemento dunha forma personalizada, adaptada as nosas necesidades.


Os Entornos Persoais de Aprendizaxe foi un tema que suscitou interese a nivel xeral, persoalmente adequei tempo a buscar información, xa que aínda que anteriormente escoitara falar sobre o PLE, vagamente tiña unha idea do que era en realidade. 

En definitiva dicir que estes tres conceptos que aquí destaco foron novidosos para min, xa que aínda que oira falar de algúns de eles non tiña nada clara a súa definición e puiden ampliar as miñas expectativas coa súa busca e reflexión.