Conclusións finais

Conclusións finais

Última actualización de en Laura Pereira Mallo

En definitiva, e xa para rematar, podo dicir, que o meu coñecemento sobre o amplo “mundo das TICs” aumentou considerablemente e descubrín cousas que non sabía: a evolución de internet, como crear un blog, conceptos como wiki, blog, www...e, o máis importante: a xustificación das Tic na aula, é dicir, todos os beneficios que aportan ao proceso de ensino aprendizaxe.

Ademais, coñecín programas útiles como Jclic.

Por outro lado, e isto tamén é moi importante, desenvolvín máis o meu sentido crítico, ese sentido crítico desde o cal temos que analizar a sociedade en xeral, e a nosas aulas en particular. Sobre todo, desde o meu punto de vista, debemos ser máis críticos coa inclusión “superficial” das novas tecnoloxías nos centros educativos e as formas nas que non se debe levar a cabo o traballo coas TICs, porque que unha escola teña vinte ordenadores non quere dicir que teña integradas as TICs.

Penso que agora, rematada a materia é o momento de decidir se un se queda onde está ou segue avanzando neste camiño, o coñecemento das Novas Tecnoloxías. Debemos ir renovando as nosas aprendizaxes, actualizándonos, porque a sociedade muda, os nenos cambian, as demandan e as escolas tamén o fan e polo tanto nos, os pedagogos, temos a obriga de ir renovándonos e ampliando os nosos horizontes a esas novas metas no mundo das TICs.

Persoalmente, creo que agora, finalizada esta etapa, vai ser complicado que non prestemos atención e interese por este tema. Creo que cada vez que esteamos presentes ante temas relacionados e estudados nesta materia, vamos a vernos involucrados e interesados, vamos a indagar e sobre todo a ser críticos ante as noticias, os artigos, os avances en tecnoloxía...vamos a ser mentes abertas e, persoalmente, integrar no noso día a día e particularmente na nosa aprendizaxe as novas tecnoloxías da información e da comunicación.

Cada un de nos recorremos un camiño, onde o principal era empaparnos de novos coñecementos, os cales entrasen a formar parte da nosa aprendizaxe persoal e da nosa “maleta” dos saberes.

A miña “maleta” está un pouquiño máis chea que ao comezo de curso, e con isto xa me sinto satisfeita.


image