Conclusions da miña andaina por Stellae.

O MEU PASO POR STELLAE

Co comezo do segundo cuatrimestre do terceiro curso de Pedagoxía comezamos unha andaina pola materia de Tecnoloxía Educativa. Recordo o primeiro día de clase desta materia como un momento innovador e a vez confuso dentro da carreira, xa que por costume o primeiro día dunha materia o/a docente preséntanos a materia, os obxectivos e o sistema de avaliación da mesma. No caso desta materia iso tamén ocorreu así, a profesora, Adriana, fíxonos a presentación da materia, pero a medida que esta presentación avanzaba iámonos decatando que a metodoloxía de traballo sería diferente a que estamos acostumados. Polo xeral os profesores presentan uns contidos teóricos e nós limitámonos a realizar traballos monográficos con eles e un exame final, no caso de Tecnoloxía Educativa, Adriana explicounos que o longo da materia traballariamos unha serie de contidos de maneira innovadora, xa que nas clases presentaríansenos estes contidos e nos deberíamos traballalos, buscar información sobre eles e relacionalos con aqueles temas de actualidade que fosen do noso interese. Este traballo debería estar reflexado en Stellae. ¿Stellae, que é Stellae? Nese primeiro día, na clase interactiva descubrimos que Stellae é unha plataforma virtual creada para compartir traballos desta materia e outras materias relacionadas. A metodoloxía de traballo consistía en subir  entradas ao blog, archivos, enlaces etc., a dita plataforma virtual, na que cada un de nós crearía un perfil para subir os propios traballos. Cando comprendemos e que era Stellae e cal sería a metodoloxía de traballo comezamos a asimilar a nosa función nesta materia. Debo recoñecer, que persoalmente afrontei o comezo desta materia con certo medo a non lograr comprender a miña función, isto débese a que estamos moi acostumados (posiblemente mal acostumados) a traballar dunha forma menos autónoma.

 

Ben, ese mesmo día realicei o meu primeiro contacto con Stellae, puxen o meu primeiro twet e realizei a miña primeira entrada o blog, a cal añado a continuación:

 Primera clase de Tecnología Educativa.

Empezar un nuevo cuatrimestre con la asignatura de Tecnología Educativa es bastante motivador. Ya que con esta asignatura espero poder acercarme un poco más al mundo de las nuevas tecnologías y a la posibilidad de aprender y enseñar mediante ellas. Hasta el momento mi relación con las tecnologías hasta el momento es buena, pero no todo lo que pudiera serlo.

Esta mañana en la primera clase expositiva hemos podido debatir a cerca de lo que supone para nosotros esta asignatura y lo que esperamos de ella. En este pequeño debate se ha resaltado que nuestra generación ha nacido entre tecnologías, por ejemplo, se destacó que hoy en día las relaciones sociales están vinculados en una gran medida con las tecnologías. Estas también están presentes en la diversión de niños, y no tan niños, en este momento destaca el ocio y la diversión mediante videojuegos y diversos programas on-line mientras en generaciones anteriores el ocio conllevaba una mayor relación social.

En la clase interactiva estamos manteniendo nuestro primer contacto con "stellae", esta plataforma que nos ayudara a llevar a cabo el trabajo en la asignatura.

Como recollo nesta primeira entrada, comocei a asignatura coa esperanza e a motivación de poder acercarme de forma positiva un pouco máis o mundo da tecnoloxía educativa. E a día de hoxe podo afirmar rotunda mente que este este obxectivo foi cumplido, mediante esta materia coñecin usos da técnoloxía en educación que antes non coñecía e logrei mellorar a búsqueda de fontes documentais en internet, por exemplo en Google, onde logrei reducir nun número significativo os resultados de búsquedas, logrando así, que os resultados obtidos sexan aqueles de maior interese.

No segunda entrada os blogs podemos atopar alguns dos conceptos que interioricei o longo da materia. Nesta entrada atópanse os máis relevantes que foron adquiridos durante as dúas primieras semanas de clase. 

 

 Segunda clase de Tecnología educativa (12.03.2012)

 

segunda clase 12.03.2012.doc  


Neste enlace móstranse os seguintes conceptos: Blended-learning; Cartografía de Internet e Brecha dixital.


A terceira das miñas entradas foi un archivo, no que realicei un achegamento a historia da Tecnoloxía Educativa, basándome na definición que Cabero fai da mesma en 1999, cando define a Tecnoloxía Educativa como un término integrador porque nela intégranse diversas ciencias, tecnoloxías e técnicas; como algo vivo porque dense as súas orixes a tecnoloxía está en cambio permanente; como algo polisémico porque o longo da historia tivo diferentes significados e diferentes formas de nomeala; e como algo contradictorio porque provoca na sociedade sentimentos de defensa e de oposición de cara a os avances tecnolóxicos. Penso que facer un pequeno achegamento a historia da Tedcnoloxía Educativa é necesario, xa que sempre que comezamos a traballar en algun concepto novo debemos ter clara a súa procedencia.



Continuando a andaina polo meu blog comecei a ter un interese especial polo verdadeiro uso das tecnoloxías nas aulas e pola formación do profesorado. Posto que en moitas das clases expositivas saia a luz este debate a cerca de se o uso da tecnoloxía na aula se levaba a cabo en todos os centros, especialmente no nosos entorno, se o uso era o correcto por aprte de profesores e alumnos, etc. Un día saíu no xornal "El Correo Gallego" unha breve referencia a un proxecto lanzado dende a Xunta de Galicia, o Proxecto Abalar, este proxecto está realizado coa intención de introduccir cambios na educación mediante a introducción das TICs nos centros educativos. Intereseime neste proxecto e realicei a seguinte entrada o blog:

 

 Proxecto Abalar

 

Moitos de vos seguro que escoitastes falar do Proxecto Abalar presentado pola Xunta de Galicia. Este proxecto pretende introducir cambios na educación integrando plenamente as TIC´s no ámbito educativo. Por medio deste proxecto preténdese modernizar a educación mediante a integración das técnoloxías da informacióne comunicación en todos os ámbitos educativos coa idea de crear unha mellora educación. Dende este proxecto esperáse poder intervir na educación contanto coas infraestructuras e equipamento necesario; con contidos educativos, con formación e fomento da cultura dixital e coa integración e participación dos membros do contexto educativo. Para acadar uns óptimos resultados este proxecto estará encamiñado tamén a alfabetización dos profesores e non só pretende que nel participen profesores e alumnos nas aulas senon que se pretende achegar por medio deste proxecto as novas tecnoloxías tamén as familias.

 

Eu persoalmente penso que se este proxecto se leva a cabo dunha maneira ben estructurada e ben traballadasi que pode lograr unha importante mellora na educación, xa que nos atopamos na era da técnoloxía é debe ser dende a educación de onde se parta para familiarizar a poboación coa alfabetización díxital. Pero para iso débese lograr que este proxecto chegue a todos os centros educativos galegos a vez que debe ser programado para que todos os alumnos poidan ser participes del dunha maneira activa. Posto que ata o de agora no que nos referimos a este tipo de educación e familiarización cas TIC´s sempre atopamos moitos contratempo xa que non todos os centros educativos contan cos equipamentos e infraestructuras necesarias para levar esta educación a cabo.

 

¿Que opinades vos do proxecto Abalar?

 

*Deixo o link onde podedes atopar máis información: www.edu.xunta.es/web/abalar

A casualidade quixo que na seguinte clase comentásemos este proxecto relacionando con proxectos a nivel nacional e con proxectos doutras comunidades autónomas, xa que o Proxecto Abalar céntrase exclusivamente na comunidade galega.

Uns días despois de compartir opinións na aula sobre este proxecto tiven a oportunidade de estar nun instituto público de secundaria onde eu e outra compañeira de clase falamos con rapaces que nos comentaron que neste instituto o seu proxecto está integrado, pero que os profesores non se atopan capacitados o 100% para o uso destas novas tecnoloxías, e que en moitas ocasións poñen trabas para usalas alegando que non son importantes para levara  cabo os contido curriculares.

A visita a este instituto está reflexada na seguinte entrada, que consta no meu blog como "Proxecto Abalar: A realidade".

 

 PROXECTO ABALAR: A REALIDADE

 

A semana pasada comentei no meu blog o Proxecto Abalar, compartino convosco para discutir opinións acerca do tema. Ahora volvo a falar del para comentarvos unha parte real que poidemos experimentar deste proxecto.


Hoxe, Manuela e eu, tivemos a oportunidade de estar no meu antigo instituto debido a un traballo que debemos realizar para outra asignatura. Estando alí, puidemos observar as insignias do Proxecto Abalar nas portas dalgunhas aulas e ocurreusenos falar con varios alumnos deste tema. Comentaronnos que só están instaladas as pizarras dixitais en primeiro e segundo da ESO, que nas demáis aulas so contan con un proxector e ainda así non en todas. Por outra banda comentaronos que os profesores non conseguían familiarizarse con estas técnoloxías e que acababan bloqueando ou estropeando a pizarra electronica na maior parte das veces que intentan utilizala, por este motivo a maior parte dos profesores optan por non utilizalas.


A verdade pareceume interesante comentar esto con vos, xa que me parece que non podemos ter mellor realidade sobre estos proxectos que o testimonio de algún alumno que está a utilizalo.


Non sei se este proxecto funciona así en todos os centros, quero pensar que no. Non podemos xulgar o 100% o proxecto so por estos comentarios, pero si que podemos afirmar que como nos temíamos este proxecto aínda deixa moito que desexar e débese mellorar. Principalmente débese invertir tempo e diñeiro na alfabetización dos docentes de cara a estas tecnoloxías, para que proxectos coma estes logren cumprir os seus obxectivos, afectando dunha maneira positiva a un cambio educación.

 

Nesta entrada critiquei o feito de que só se contase coas aulas de 1º e 2º de ESO para a realización deste proxecto. Esta crítica está mal feita, xa que o seguir informandome sobre este proxecto puiden coñecer que este proxecto está diseñado só para os cursos de 1º e2º, o que explica o porque de que neste insituto so se conte coa instalación das tecnoloxías que implica este proxecto nestas aulas. 

Na entrada anterior cometin algúns erros, por iso na seguinte entrada intentei enmendalos ampliando a información acerca do proxecto.

 

 Información relacionada co Proxecto Abalar e respostas os comentarios dos blogs anteriores

 

En relación os dous blogs anteriores e a alunha das preguntas que estos blogs suscitaron vou a explicarvos acontinuación os requisitos cos que debe contar un centro apra formar aprte do Proxecto Abalar.

 

En primeiro lugar as aulas que se cablearan para levar a cabo este proxecto serán as de 5º e 6º de primaria e 1º e2º de Eso. Eb segundo lugar no centro débese contar cunha conexión de datos a red internet cunha velocidade nominal mínima de baixada de 2Mpbs. Ademáis cada aula que estea integrada no proxecto deberá contar cunha conexión de datos e electrica adecuada. E por último todas as aulas integradas no proxecto deben contar con circuitos de protección eléctrica debidamente dimensionados, cada circuito non debe dar servizo a máis de dúas aulas.

 

Esto explica o feito de que alguns alumnos fagan os seus comentarios e queixas polo feito de que en 3º ou 4º de ESO non conten con estas tecnoloxías, xa que estos cursos non forman parte do Proxecto Abalar.

 

Continuando añadindo información sobre este proxecto explicarei que para facer un seguimento e control del contase con un espazo propio na rede, este é o Espazo Abalar. O Espazo Abalar é unha plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica con dous obxectivos, o primeiro destes obxectivos é acercar a información os cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos proporcionados; o segundo obxectivo é o de desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar. No Espazo Abalar existen espazos concretos adicados as familias, os profesores e para os centros educativos.

 

Por último e como punto realmente importante, informar de que si existe un programa de formación o profesorado de cara a utilizar o Proxecto Abalar, pero este programa é totalmente voluntario. Polo tanto se non se insiste e se intenta "forzar" dalgunha maneira a que os profesores realicen esta formación o problema da alfabetización dos docentes ante este proxecto non se solucionara.

 

Fonte:

http://www.edu.xunta.es/web/abalar



Neste seguinte blog onde explico as condicións para formar parte do Proxecto Abalar dou resposta a unha das miñas maiores preocupación o respecto ¿Existe formación adecuada para o profesorado? a resposta é sí. Sí existe a formación que o profesorado precisa para levar a cabo este proxecto. O gran problema e que esta formacióné totalmente voluntaria e por desgraza na maior parte dos casos os docentes non poñen interese nesta formación o non ser obrigatoria. Ademáis, por exemplo no caso do instituto que falei anteriormente o profesorado supera unha idade maior os 55 anos na maioría dos casos, polo que lle prestan menos interese a esta formación e acorrecfta realización deste proxecto de integración tecnolóxica.


Finalicei as miñas entradas o blog sobre o Proxecto Abalar. Cunha entrada na que expliquei o meu interese por dito proxecto. Esta entrada mostroa a continuación:

 

 ¿A que se debe o meu interese no Proxecto Abalar?

 

Durante o desenvolvemento da materia demostrei mediante diferentes blogs o meu interese por o Proxecto Abalar. Subin diferentes archivos e textos referentes a este proxecto, explicando en que consiste e facendo as críticas que eu considero oportunas sobre o mesmo. 

Probablemente non deixei claro en ningun momento cal é o meu interese especial sobre este tema. Por este motivo quero explicar que o Proxecto Abalar e un proxecto que me interesa especialmente debido a que trata a integración das tecnoloxías no aula actualmente. Creo que é un proxecto que todos nos como futuros profesionais da educación debemos ter en conta e seguir moi de cerca.¡

Obtendo información sobre este proxecto, coñecendo cal é a súa realidade nos centros educativos galegos, podemos facernos unha idea de cales son as súas vantaxes e os seus inconvites. Ademáis de facernos a idea do importante que é para nos ter unha base importante no manexo das tecnoloxías para formarnos adecuadamente e poder traballar con elas e utilizalas no noso futuro profesional.

Cando fago críticas a este proxecto, (como o feito de que so se escollan algunhas aulas para levalo a cabo ou que non todos os profesores están formados adecuadamente para traballar con estas técnoloxías como as pizarras dixitais),no as fago só con ánimo de criticar os puntos débiles deste proxecto, senon que as fago tamén para que nos mesmos nos decatemos de cales son estes puntos e se algún día estamos involucrados nun proxecto similar poidamos facerlle frente solucionando estes pequenos fallos cos que nos podemos atopar.

Creo que nas líneas anteriores se expón dalgunha maneira unha relación do Proxecto Abalar coa asignatura de Tecnoloxía Educativa, pero tamén podemos relacionalo máis estreitamente cos contidos explicados na clase como sobre as pantallas Smart e os diferentes programas cos que podemos crear proxectos educativos nestas pizarras, como por exemplo o Jclick e o Notebook.

Esta é a miña explicación sobre o interese que mostro hacia este proxecto. Acepto comentarios, criticas e preguntas. Smile 

Un saúdo



Unha vez rematada a relación do meu blog co Proxecto Abalar comecei a realizar entradas centradas nas actividades e contidos dados na clases de Tecnoloxía Educativa. Neste sentido realicei unha entrada en relación a un video realizado na clases interactivas entre catro compañeiros, onde expresamos cales eran  para nos os maiores cambios que precibimos na nosa vida en función o avance que a tecnoloxía ten na mesma. E decir nel expresamos o modo en que cambia a vida das persoas segundo a tecnoloxía se vai facendo máis patente na vida de cada un de nós. A critica e comentario deste video atópase na seguinte entrada:

 Recordando o video realizado nas clases interactivas no comezo da asignatura.

 

 

 

Fai aproximandamente dous meses realizamos un video na clase interactiva sobre os cambios que as novas tecnoloxías traen as nosas vidas. Este video esta publicado en Vimeo dende o 15 de marzo, pero creo qeu agora que estamos a rematar o noso contacto con esta asignatura sería bo que o volva a publicar no meu blog, para que así poidamos compartir opinións e experiencias entorno a asignatura. Pode ser, que dous meses despois da primeira publicación do video atopásemos máis cambios introducidos pola tecnoloxía nas nosas vidas que aqueles que aparecen en dito video. 

 

Neste video contamos por exemplo o gran cambio que podemos atopar respecto o acceso a información antes de que as tecnoloxías avanzasen ata o punto no que se atopan a día de hoxe. Na xeneración dos nosos pais a infoarmación chegaba o mundo básicamente através da prensa escrita ou dos informativos emitidos en televisión ou radio, pero neste momento ademáis de contar coa información nos periódicos, na televisión e na radio podemos acceder a información que nos interese directamente dende o ordenador ou o movil no momento que nos queiramos, seleccionando aquela información que para nós é máis interesante. Cando falamos de información que requerimos para levar a cabo as tarefas educativas pasa algo parecido, xa que nosos pais basábanse exclusivamente en aprender por medio de libros de texto construídos para este fin, mentras que nos podemos buscar información de forma autónoma na rede. Ademáis a relación dos profesores e alumnos tamén da un xiro, chegando a ser máis dinámica e personalizada, xa que grazas as tecnoloxías os docentes contan con outros métodos de ensino e de avaliación do ensino que permiten obter un maior control sobre o proceso de aprendizaxe de cada alumno.

 

Por outra banda no video resaltamos a comunicación. A comunicación deu un gran cambio dende que o acceso a rede está a disposición da maior parte dos cidadáns facendo así que as relacións persoais e profenais sufran tamén un cambio, neste cambio inflúen, por exemplo, as redes sociais. Este cambio pódese considerar positivo e negativo. Consideramos que é un cambio positivo no sentido de que, por exemplo, a comunicación entre dous extremos do mundo pode ser realizadade maneira inmediata, mentras que antes de existir estas tecnoloxías da comunicación esta comunicación, feita mediante unha carta, podía tardar días.

 

Outro cambio que mencionamos no video son as facilidades que as tecnoloxías achegana  nosa vida para facela máis cómoda, como por exemplo o feito de poder facer a compra dende a casa, a oficina, ou calquer lugar por internet sen ter ir persoalmente o supermercado.

 

Sen máis, aqui vos deixo o enlace do vídeo.

 

Este video foi realizado por Begoña Dubra, Héctor Fernandez, Ana García e Cristina Guimarey

 Continuando a realización deste blog en relación as clases desta materia decidin facer unha entrada na que expliquei o concepto de Squeak, o programa creado po Alan Kay co obxectivo de realizar dende el actividades educativas que poidan relacionarse coa vida cotiá e onde os alumnos sexan participes da creación dos conceptos e dos coñecementos que van adquirindo o longo da seu paso polo sistema educativo e deste xeito sexa máis doada a integración destes conceptos e coñecementos.

En relación coa entrada que comento tamén realicei unha entrada onde explico a experiencia dun instituto de Extremadura co programa Squeak. Segundo a información coa que conto refirome o proxecto deste centro de secundaria de Extremadura como o primeiro de España no que se introduxo Squeak.

A continuación engado a entrada onde explico a introducción de Squeak neste colexio mediante un video e o análise do mesmo:

 

 Squeak en Extremadura

 

En referencia a entrada publicada anteriormente no meu blog, sobre Squeak, publicarei esta nova entrada na que comentarei un vídeo sobre a implantaciónde Squeak nun centro de educación secundaria de Extremadura en Valdebótoa. Este é o primeiro centro público español do que se coñece o seu traballo con Squeak.

 

Os profesores de dito centro educativo únense a esta iniciativa, xa que defenden que a maior maneira que pode ter un alumno de interiorizar un aprendizaxe é que o propio alumno cree o aprendizaxe.

 

O profesor de informática deste colexio é o principal dirixente deste proxecto. En cada clase traballa cos seus alumnos mediante Squeak, propoñendolle os alumnos a creación de actividades e xogos mediante os que realizan aprendizaxes. Este profesor, afirma que  Squeak non é un programa dificil de utilizar e que cada neno o poderá utilizar de maneira sinxela ainda que teña un coñecemento baixo de informática. Recoñece que usando Squek as súas clases son máis motivadoras para os alumnos e que estes desfrutan usando este programa polo feito de ser os propios creadores dos deus aprendizaxes.

 

Un dos exemplos expostos é o de presentarlle os alumnos un video sobre algún tema  concreto e despois eles deben investigar sobre este tema e crear unha simulación mediante Squeak (no exemplo concreto que se da no video tratan a vida de insectos como formigas).

 

O proxecto que se relata no video é un proxecto sobre Extremadura, este proxecto estará dividido en tres partes. Na primeira das partes os alumnos buscaran información sobre a población, a fauna, a flora, etc. A información recollerana en internet e poderán alternar inforamción escrita, con videos, e imaxes. Unha vez recollida a información deben crear unha libro sobre o tema tratado en Squeak. Na segunda das partes deben realizar un libro de avaliación das actividades realizadas no libro anterior. Finalmente realizaran unha galeria de imaxes.

 

O profesor que participa neste proxecto defende que este método innovador de aprendizaxe é moi positivo, incluso pode chegar a ser máis positivo que o método clásico no que o alumno ten que aprender por obligación unha serie de conceptos que o profesor explica sen opción apoder experimentar con eles. Tamén recoñece que é un método no que os alumnos demostran a súa creatividade e afirma que o mesmo tempo que os alumnos aprenden creáse un proceso de "feedback" no que o profesor aprende tamén.

 

A continuación facilito o link do video para que poidades velo todos aqueles que esteades interesados. 

 

http://video.google.com/videoplay?docid=-7680106513348266522

 

 A seguinte das miñas entradas está relacionada con Squeak e as súas diferenzas con Jclic:

 Diferenzas entre Jclic e Squeak

Jclic o igual que Squeak é un programa informático que permite realizar procesos de aprendizaxe para utilizar nas tarefas educativas dentro e fora dos centros escolares.

Pero entre Jclic e Squeak existen unha serie de diferenzas.

No seguinte cadro especifico  as principais diferenzas:

Jclic

Squeak

Pretende que o alumno memorice e experimente conceptos.

Pretende que o alumno experimente conceptos.

Os proxectos educativos son creados por o profesor.

Os proxectos educativos son creados por o propio alumno.

Relaciónanse e trabállanse datos.

Trabállanse conceptos.

Practica e exercitación de aprendizaxes.

Simulacións para acercarse dunha forma máis real o aprendizaxe.

 

En referencia a ambos programas dende a miña opinión penso que o programa máis efectivo é o xa que, a creación de proxectos polo propio alunmo e a experimentación dos conceptos realcionandoos coa vida real para mellorar o aprendizaxe, axúda a que sea maís doado que os alumnos interioricen os contidos.


Para rematar o meu blog realicei  unha entrada sobre WebQuest explicando a súa definición, a súa orixe o seu creador e alguns dos tipos de WebQuest que podemos atopar:

 

 WebQuest

 

WebQuest

 

Os antecedentes da WebQuest atópanse no uso de retos no desenvolvemento do aprendizaxe baseado en tecnoloxías da información aplicadas dende 1980.

A WebQuest nace dunha idea creada en 1995 na Universidade Estatal de San Diego por Bernie Dodge en colaboración con Tom March. Esta creación levou a que se constituíse unha das técnicas principias de uso e integración de Internet no proceso de aprendizaxe dos alumnos.

O seu propio creador define a WebQuest como unha actividade de indagación e investigación enfocada a que os alumnos obteñan toda ou a maior parte de información que van a utilizar de recursos existentes en Internet. As WebQuests son ideadas para que os alumnos fagan un bo uso do tempo priorizando a utilización da información máis que da súa busca, e para apoiar o desenvolvemento do seu pensamento nos niveles de análises, sínteses e avaliación.

 

 Unha WebQuest consiste basicamente en presentarlle os alumnos un  problema, unha guía do proceso de traballo eu n conxunto de recursos preestablecidos accesible sa través dunha páxina ou dunha aplicación Web. A metodoloxía é de traballo cooperativo en pequeno grupo, debendo desenvolver un traballo utilizando os recursos ofrecidos por Internet.

Podemos diferenciar varios tipos de WebQuest.

_Corta duración:

  • Obxectivo: A meta educacional dunha WebQuest a corto prazo é a adquisición e integración do coñecemento dun determinado contido dunha ou varias materias.
  • Duración: Está deseñado para ser terminado entre un e tres períodos de clase.

_Larga duración:

  • Obxectivo: A extensión e o procesamento do coñecemento.
  • Duración: A súa duración está estimada entre unha semana e un mes de clase.

_Miniquest:

  • Obxectivo: É unha versión das Webquests que se reduce a só tres pasos: introdución, tarefa e resultado. É unha boa forma de iniciar o alumnado na utilización das TIC.
  • Duración: Pódese levar a cabo en 50 minutos.

ESQUEMA:

 

  • Esquema de una WebQuest 

 

 

Webgrafía

http://personal.telefonica.terra.es/web/tecnologiaweb/concepto.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/WebQuest

http://www.aula21.net/tercera/introduccion.htm


Con esta entrada rematei a miña andaina polo blog de Stellae. 


REFLEXIÓN FINAL:

O meu paso por Stellae, o longo do desenvolvemento da materia de Tecnoloxía Educativa, como positivo para o meu aprendizaxe, polos conceptos e coñecementos expresados o longo das miñas entradas o blog explicadas anteriormente.

Penso que realicei un traballo positivo porque coordinei entradas referentes a contidos explicados na aula exclusivamente con temas de interese persoal relacionados coa Tecnoloxía Educativa. A frecuencia coa que subin documentos o blog e coa que entraba na plataforma para consultar documentos subidos polos meus compañeiros foi semanal. Ainda que existen dúas semanas (finais de abril principios de maio) no que tiven un pouco abandoado o meu blog por coincidir con unha época de bastante agobio no referente a traballos para outras asignaturas. Pero ainda así non considero que descoidase por completo a actividade no meu blog. O mesmo tempo que tamén traballei no traballo de investigación grupal, referido a Influencia da tecnoloxía na aula, que se atópa exposto no grupo "Tecnología en el aula".

Sen máis finalizo a miña andaina por este blog.

Cristina Guimarey Nande, 07/06/2012.