1- Introducción

1- Introducción

Última actualización de en Eva Barbazán

Tecnoloxía Educativa mostrousenos como unha materia "alternativa" a outras ás que estamos acostumados. E digo alternativa porque a súa metodoloxía difire do que estamos acostumados. Nela, presentarónsenos unha variedade de contidos que fomos traballando ao longo do cuatrimestre, tanto en clase expositivas como interactivas. Nós, como alumnos desta materia, fomos elaborando blogs relacionados cos temas máis importantes ou, simplemente, con temas que nos chamaron a atención e que estaban relacionados coa tecnoloxía. É así que fomos subindo archivos, comentarios, búsquedas de documentos, investigacións... para elaborar un portafolios sobre Tecnoloxía Educativa.

Cada un de nós ten intereses e inquedanzas moi diversas acerca dos diferentes temas que se nos presentan. Eu, particularmente, inclineime pola dependencia que a tecnoloxía causa nalgúns casos e na tecnoadicción que resulta desta. Por iso, foron varias as aportacións que fixen sobre o tema.

A continuación, desplegaránse unha serie de contido que fun elaborando ao longo do cuatrimestre e que quedan recollidos nesta páxina, a modo de recapitulación.