2- Blog máis representativos a nivel persoal

2- Blog máis representativos a nivel persoal

Última actualización de en Eva Barbazán

 

Nesta parte do traballo, pretendo expoñer os meus puntos de vista sobre as tecnoloxías, nos que queda claro as miñas opinións acerca deste tema. A modo de recapitulación, son as seguintes:

 Tecnoadicción

Buscamos unha sociedade libre e igual para todos, pero do que non nos damos de conta, é de que somos unha sociedade totamente dependente das tecnoloxías. Quén non ten un móbil hoxe en día? Sen contar os extras que cada vez nos entusiasman máis: unha cámara con máis megapíxeles, tarifa plana de Internet, máis aplicacións... e todo para que? se imos a estar falando por WhatsApp coa persoa que temos ao lado. Sociedade ilóxica onde as haxa...

Buscamos o que non temos, estamos desexando que sala o novo modelo de móbil, o novo ordenador... para que, en 2 meses, este xa estea anticuado e volvamos a desexar a novidade que agora é a última moda. Deixámonos guiar polo que grandes empresas nos ofrecen e esquencemos o que xa temos e que nos é suficiente. A palabra moda está sobrevalorada.

http//ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/27/paisvasco/1332874592_419715.html

 dependencia....

 

 Vixilancia de Internet.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/02/actualidad/1335970355_779909.html

E eu pregúntome... Quén debe vixiar: a UE ou os pais?

Vivimos nun mundo no que o tempo é ouro e o traballo necesario. Son moitos os pais que pasan moitas horas fora da casa debido a súa profesión e moitos os rapaces que se quedan na casa fronte a un ordenador ou unha televisión. Por outra banda, a cantidade de material de todo tipo que Internet nos ofrece, atópase en constante crecemento. Cando estes dous factores se xuntan comeza o problema.

A UE decide lanzar un plan de alianzas para restrinxir este tipo de información aos menores de idade. Pero.. non deberian ter un papel máis relevante os pais destes rapaces? Na miña opinión, a responsabilidade está tanto nas mans de quen permite como nas de quen ofrece.

 

 Máis ordenadores = mellor educación?

O xornal El País elaborou o pasado día 30 de Abril unha enquisa a Richard Gerver sobre o uso das novas tecnoloxías na clase e a incidencia que estas teñen na educación dos máis novos. Aquí, deixovos o enlace á noticia:http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2012/04/20/1334922119_543382.html 

Persoalmente, estou bastante de acordo coas respostas de Richard xa que, de que nos vale encher as aulas de ordenadores, pizarras electrónicas... se o que en realidade ten que cambiar son as mentes?. Estamos a vivir nunha realidade social na que o Estado decide o que as nosas aulas necesitan, o que lles fai falla os alumnos... Pero esta realidade non se pode estancar ahí, xa que desta forma, volveremos ao punto de inicio do que partimos. Os máis xovenes do noso país necesitan de ferramentas útiles que lles permitan crecer como membros dun estado, e dentro destas ferramentas localízase a tecnoloxía. Pero falar de tecnoloxía para min non é sinónimo de aparatos electrónicos, de 50 ordenadores por aula, de pizarras electrónicas que non se saben usar... Falar de tecnoloxía é falar doutro tipo de feramentas que Richard destacaba na súa enquisa: programas que facilitan o aprendizaxe, videoxogos educativos, aplicacións con trasfondo didáctico...

Nos tempos que corren é ilóxico pensar en aulas totalmente equipadas cas mellores dotacións electrónicas. Por iso, unha boa alternativa é apostar por este tipo de material. Son os educadores e os políticos do noso pais os que teñen nas súas mans un cambio para a educación das xeracións que serán o futuro.