5- Conclusións e valoracións.

5- Conclusións e valoracións.

Última actualización de en Eva Barbazán

Como xa dixen ao principio desta páxina, a materia de Tecnoloxía Educativa resultou, sobre todo novidosa. Presentáronsenos contidos dunha forma á que non estabas acostumados e isto, desconcertounos (polo menos no que se refire a min). A matodoloxía empregada non resultou me resultou moi facil de entender nun principio, aínda que co paso do curso, pouco a pouco funme familiarizando coas ferramentas que se nos presentaban.

Amosáronse distintos temas que fomos tratando na clase e pesquisas que facíamos a modo individual, para mellorar os coñecementos acerca da materia. Deste modo, incrementáronse moitos coñecementos dos que carecía, polo que considero que esta materia non so debería estancarse en facultades coma a nosa, senón que unha expansión a outras áreas traería beneficios para moitas persoas.

Creo que desde un principio deixei clara a miña forma de entender as tecnoloxías, xa que non as critico pero tampouco as defendo. Para min son un medio que deberiamos combinar con outras ferramentas que se nos ofrecen, de tanto ou máis valor. Por iso me centrei en moitos dos meus blogs e comentarios a outros compañeiros na dependencia que estas probocan cando nn se fai un bo uso delas.

De ahí a foto da portada da miña páxina xa que, ao meu parecer, unha combinación equilibrada entre uns recursos e outros, conformarían un sistema equilibrado que traería beneficios moi positivos para un futuro non tan lonxano.