E-portafolio: Memoria do meu paso por Stellae.

Comezamos co portafolios e a recopilación de toda a información acadada nestes últimos meses...

Comezamos co e-portafolio!!

 

Concluímos a etapa desta materia tan innovadora para todos nós. E volvemos ó principio para recordar a nosa andaina...

Persoalmente, comecei a materia con entusiasmo. Rematado o período de prácticas, estaba motivada a volver as clases e máis con unha asignatura diferente as demais, Tecnoloxía Educativa. Con ela chegaba a renovación, o cambio de aires, o cambio de esquemas, estructuras cognitivas, e o cambio a un proceso de aprendizaxe máis autónomo que me resultou díficil realizar en determinados momentos.

O principio notábame perdida xa que o meu contacto e coñecemento das novas tecnoloxías era básico e de nivel baixo: as miñas entradas o blog eran poucas e carecían de moito contido. Polo que, a primeira valoración serviume para despertar e poñerme as pilas na elaboración do meu espazo na Rede Stellae.

Esta califícoa como a miña segunda etapa neste proceso. Etapa na que non só me centraba en contidos dados en clase se non que me interesaba e plasmaba en blogs contidos os que chegaba pola miña conta e me xeraban curiosidade e ganas de compartilo cos meus compañeiros, como a Realidade Aumentada e os Códigos QR.

Apartir dese momento o meu proceso de aprendizaxe foi máis constante no cal buscaba temas a diario, máis eficaz hacia a materia e máis reconfortante a nivel persoal. Xa non subía blogs para aprobar se non que subía información que me interesaba e da que quería saber máis, como por exemplo o funcionamento da Máquina de Skinner ou a aplicación PictoDroid Lite.

Por este mesmo motivo, a miña aprendizaxe non foi lineal, se non que foi desordenada indo moitas veces dende o particular ao tema xeral. Por iso para ter unha guía de referencia, elaborei un esquema, ordenando por ámbitos os contidos plasmados na miña páxina.

Esquema dos blogs realizados

A continuación plasmo neste documento o meu proceso de aprendizaxe sobre a Tecnoloxía Educativa, que tivo lugar oficialmente dende o mes de marzo ata hoxe (08/06/2012); pero que persoalmente se alongará o resto da miña vida como futura pedagoga e cidadá da sociedade da información.