Reflexión final.

Conclusión do portafolio...

Como dixen na introducción desta páxina que resume a miña actividade na Rede Social do Grupo Stellae, comecei a miña viaxe pola rede con incertidume. Non tiña a destreza ou soltura para escribir en público pero pouco a pouco funme adaptando as esixencias da materia.

O principio vía de forma opaca a inminente necesidade da implantación das novas tecnoloxías nas aulas, así como a formación e capacitación do profesorado. Ademais non entendía a relación  e funcionalidade da tecnoloxía coa educación.

Isto pasa cando descoñeces un campo, que non sabes o mundo infinito que se esconde detrás del.

Agora entendo esta necesidade. As sociedades cambian a pasos axigantados, a incidencia da tecnoloxía abre cada vez máis campos, aportandonos maior número de información, novas estructuras, novas metodoloxías, novas formas de entender o muno, e de entender o coñecemento.

A Informática, Internet, a web 2.0, ofrécennos cantidade de contidos de carácter educativo capaces de explotar de forma eficaz as potencialidades do alumno. Por exemplo: o programa Squeak Etoys, a corrente pedagóxica Edupunk, o e-learnig, as WebQuest. Son diferentes modalidades de soportes que promoven diferentes aspectos congnitivos da persoa: dende a comprensión reflexiva, a autonomía, o aprendizaxe a distancia, ou a interiorización dun termo ou ámbito e unha actitude reflexiva e crítica hacia el.

Por este motivo, xurde a necesidade dun cambio de modelo educativo. E para iso, os distintos axentes educativos deben estar capacitados para asumir novos roles más acordes tanto coas necesidades actuais como coas oportunidades dispoñibles.

Nisto se basa as Competencias Dixitais (coñecementos, habilidades, actitudes) que debemos acadar en torno a tecnoloxía aplicada á educación. Principais correntes que se promoven, diferentes programas e  páxinas  apoñer en práctica e unha actitude investigadora que nos faga acadar maior número de coñecementos, buscando sempre a innovación e a superación, é dicir, o progreso.

En referencia a materia...

Destacaría súa escasa duración debido o período de prácticas no segundo cuatrimestre.

Aínda que neste tempo demos múltitude de contidos, e interiorizamos mellor as aprendizaxes establecidas sen necesidade dun exame teórico, penso que sería necesario un período máis longo para abordar esta materia en particular.

Debo citar que as clases me pareceron moi dinámicas e entretidas xa que a miudo se realizaban charlas por parte doutras persoas que contaban as súa experiencia persoal na práctica con algún programa ou contido dado na materia como pasou na clase de Squeak Etoys, ou a alumna que nos contou a súa vivencia na elaboración dun blog nun instituto santiagués, ou a explicación da Pizzarra Dixital.

Son consciente de que seguramente non plasmei todos os contidos dados na materia debido a súa amplitude. Tras a miña pasividade inicial, despois da primeira evaluación explotoume nas mans unha bomba de información que despois me constou traballo e esforzo recopilar, procesar e relacionar.

Sen embargo, puxen o posible pola miña parte para acadar as esixencias da materia: tanto a nivel persoal no meu espazo da rede, como a nivel grupal onde realizamos o traballo de "Tecnología Educativa y Formación de Profesorado" de forma continua, desde o primeiro día e reelaborando a composición unha e outra vez ata que colleu un corpo e estructuración pertinente.

Fin dunha etapa. Pero aínda nos quedan moitos escalóns que subir...

Fin dunha etapa, pero ainda nos quedan moitos escalóns que subir!

 

 

 

 

 

 

 

E como representa esta imaxe, nestes últimos meses, subimos o primeiro escalón, pero non remata aquí. A tecnoloxía educativa sentou as bases dunha nova etapa descoñecida e máis ampla. Neste cuatrimestre acadamos os coñecementos, habilidades, destrezas e aptitudes necesarias para afrontar o reto tecnolóxico con maior profesionalidade e rigor.

Sen esquecer que o soporte que lle da vida a estes medios é a EDUCACIÓN.