Continuando coa miña andaina...

Centrándome agora nalgúns dos archivos subidos, quero facer especial mención a aqueles que me serviron de utilidade tanto para entender as claves da Tecnoloxía Educativa como para coñecer que tipo de cambios se están a producir na universidade como consecuencia do emprego e integración das TICs nas aulas. Interésame saber tales cambios no ámbito da Educación Superior porque obviamente é o meu actual campo de formación. 

Así pois, os archivos son os que seguintes respectivamente:

ALGUNAS CLAVES PARA ENTENDER AS ORIXES DA TECNOLOXÍA EDUCATIVA

A TECNOLOXÍA NA ACTIVIDADE UNIVERSITARIA

A tecnoloxía na Universidade

Como xa ben mencionei anteriormente que este portafolios tiña unha segunda parte na cal se inclúen os tweets, favoritos ou o grupo de traballo formado coa intención de levar a cabo unha investigación. 

Ben, os tweets servíronme de utilidade para poñer de manifesto as miñas impresións, inquedanzas e sentimentos persoais e que á vez quixen compartir cos meus compañeiros/as sendo tamén eu consciente dos seus. 

Ademais, empregei en varias ocasións os tweets para facer referencia a grande figura de Paulo Freire, o cal admiro profundamente por toda a súa labor desempeñada como un dos máis significativo pedagogos que nos deu o século XX. 

Deixo aquí unha mostra do dito: 

Por Tamara Rey Santos hace 4 días

Retomando o traballo logo do remate dos exames

Por Tamara Rey Santos hace 31 días

A volver a comezar o traballo de investigación debido a erros de precisión! Ánimos compis!!!! :)

Por Tamara Rey Santos hace 22 días

17 de Maio, Celebración das LETRAS GALEGAS, este ano adicado ó autor Valentín Paz

Por Tamara Rey Santos hace 16 días

Todos nosotros sabemos algo. Todos nosotros ignoramos algo. Por eso, aprendemos siempre (PAULO FREIRE)

Por Tamara Rey Santos hace 4 días

Enseñar no es transferir conocimiento, sino crear las posibilidades para su propia producción o construcción. (PAULO FREIRE)

A EDUCACIÓN DEBE DIFERENCIARSE DA BANCA, XA NON É PRECISO QUE OS DOCENTES DEPOSITEN INFORMACIÓN NA CABEZA DOS SEUS ESTUDANTES (PAULO FREIRE)

Doutra banda, nos meus favoritos quixen engadir páxinas fiables para buscar información de calidade en relación coa materia. Sempre que incorporaba unha nova páxina, xustificabao

Así pois para poder construír o meu proceso, a meirande parte das veces botei man dalgunhas das páxinas agregadas os meus favoritos aínda que non sempre extraín información para as miñas entradas delas, senón que me servín doutras fontes igual non tan fiables pero que me foron de utilidade como pode ser a popular wikipedia. 

Como exemplo disto temos as seguintes páxinas:

rusc.uoc.edu

http://www.uv.es/RELIEVE/ 

acdc.sav.us.es

www.sav.us.es 

eduticua.blogspot.com.es 

http://theedublogger.com/

E xa como remate da estructura que plantexei, atópanse os grupos de traballo creados na aula para realizar unha investigación en función dunha temática concreta. Para elo, igualmente, os membros de cada grupo empregaríamos o blog específico para subir archivos, engadir páxinas e expresar as inquedanzas ó respecto. Todo isto facilitou moito a tarefa a levar a cabo, pois o feito de que cada compoñente do grupo fose incorporando páxinas de interese ou archivos fixo posible a colaboración man a man entre nós para así logo xuntarnos e realizar a investigación en sí. No meu caso, integreime no grupo de traballo TECNOLOGIA Y EDUCACIÓN xunto coas miñas compañeiras Ana Martínez e Beatriz Venancio para realizar un traballo de investigación coa intención de respostar á seguinte cuestión: Realmente as tecnoloxías modifican o proceso de ensinanza nas Universidades? Neste senso, tiñamos que elaborar catro puntos claves para dar comezo a investigación como son: antecedentes, marco teórico e conceptos clave, obxectivo específico e obxectivos concretos ademais da metodoloxía a seguir. 

Cómpre dicir que, debido á falla de tempo, o traballo non se puido completar coa parte práctica que lle correspondía na cal deberiamos poñer en marcha a propia investigación. Así pois realizamos só a primeira parte deste dando boa do resultado no archivo en PDF subido ó noso grupo TECNOLOGÍA Y EDUCACIÓN.

Xa que logo, dou por rematada esta primeira parte na cal pretendía mostrar o traballo levado a cabo no portafolios para agora facer unha reflexión de todo o recollido.

Chegados a este punto, no cabe dúbida de que foron moitos os conceptos novos aprendidos baixo esta materia e que lle deron sentido ó seu nome,Tecnoloxía Educativa, pois a través dela foi como puiden adquirir unha pequena parte do coñecemento referido ás Novas Tecnoloxías no ámbito da educación. 

Ademais caín na conta de que a rede Internet non era tan mala para a educación como eu consideraba, posto que eu non era moi partidaria de empregar a rede para traballar nas aulas cos rapaces durante o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe. Isto fose debido quizais a unha concepción das tecnoloxías xa anticuada para a época na cal nos atopamos onde practicamente en tódolos ámbitos das nosas vidas a tecnoloxía garda un papel fundamental.

Agora, e grazas fundamentalmente a esta materia, teño a sensación de atoparme máis propensa ó seu emprego, pois xa me decatei das grandes posibilidades que a rede ofrece para aplicar á Educación tendo en conta que lle aporta multitude de beneficios se falamos en termos de motivación, interese e participación dos alumnos/as.

Isto é así porque, na actualidade, a tecnoloxía facilita novas actividades de aprendizaxe a partires de plataformas de traballo tamén novidosas como xa ben expliquei ó longo das miñas entradas ó blog, exemplos disto vemolos nos Entornos Persoais de Aprendizaxe (PLE) ou na plataforma de e-learning DOKEOS, sen esquecernos das WEBQUEST que lle ofrecen o alumnado a oportunidade de traballar de primeira man na rede para resolver a tarefa que se lle encomenda. 

Así, xa non me cabe a menor dúbida: a tecnoloxía deulle á Educación tradicional un xiro brutal, permitindo unha interacción máis directa entre o alumno e o profesor, onde os roles de ambos cambian e por consecuencia, mudan os xeitos de ensinar e aprender, de xeito que, as TICs e a rede de Internet pouqiño a pouco van a conseguir dotar dunha maior calidade á Educación recibida nas nosas escolas.

Tanto é asi, que eu xa concibo as TICs como ferramenta para o fortalecemento e desenvolvemento da Educación.

Así, con todo isto foi como fixen visible o que a materia me aportou, fun mencionando unha por unha as achegas que considero máis representativas do meu proceso de aprendizaxe, sendo consciente de que intentei indagar nel o máis posible, realizando entradas amplas con contidos de peso para min que non quedasen meramente na defición e características dun concepto novo, senón que tamén me preocupei por coñecer que sentido tiña o uso de novos recursos e medios educativamente falando ademais de aportar, na medida do posible, o meu punto de vista acerca do que relataba. 

Para finalizar, quero facer unha autovaloración do traballo levado a cabo ó longo deste periodo, pois aínda que foi curto en tempo foi moi intenso en actividade.

Como xa ben dixen, ó principio sentiame perdida, sen saber que rumbo tomar e isto causou mella no meu traballo que tacho de insuficiente e escaso. Agora ben, logo dese pequeno bache do comezo, coido que souben solventar iso e tomar as rendas de construción do meu proceso. Custoume adaptarme a esta nova forma de traballo tan diferente da tradicional a cal estaba máis que acostumada. Quizais para os meus compañeiros/as o feito de innovar e cambiar lles supoñía un alicente para traballar, pero pola contra en min supuxo o efecto contrario, non diría unha desmotivación pero sí poucas ganas. 

Sendo crítica comigo mesma admito que non estou de todo conforme co que o meu portafolios reflexa porque quizais non é todo o profundo e pormenorizado como tiña idea de manifestar, pero aínda que pareza unha contradicción, considero a miña labor realizada como productiva e satisfactoria xa que, pode que o meu portafolios non sexa moi rico ou amplo en contidos porque é verdade que algún que outro concepto se me escapou das mans e non o tratei, pero o que ahí reflexo está moi traballado e logrado, pois intentei afondar o máis posible nas entradas fundamentalmente porque delas extraio a meirande parte dos coñecementos que agora xa forman parte dunha aprendizaxe propia e autoconstruída. 

Puxen todo o meu empeño e esforzo na elaboración deste portafolios, de feito xa había tempo que non recordaba o que era traballar con tanta intensidade. Comecei a realizar entradas constantes ó blog, practicamente diarias logo daquel primeiro periodo de ausencia poderíase dicir, que logo se viron interrompidas uns días debido ós días de exames deste curso. Coido que a estructura do portafolios é coherente co fío conductor que establecín para elaboralo. 

Así, aínda que fose con certo atraso, coido que logrei o obxectivo que dende un principio se nos propuxo á vez que adquirín as competencias e coñecementos básicos acerca da Tecnoloxía Educativa. 

Aquí quero dar por concluída esta andaina miña pola rede, pero non quixera facelo sen mencionar, unha vez máis á admirable Paulo Freire que nunha das súas frases dicía: 

"Todos nosotros sabemos algo. Todos nosotros ignoramos algo. Por eso, aprendemos siempre"


Esta frase agocha un gran significado que ben se pode extrapolar ó aprendido baixo esta materia, pois agora xa sei   algo máis das TICs aplicadas á Edicación, pero seguramente ignore outras moitas cousas delas e por iso debo continuar aprendendo. 

Entón aquí non pecho unha etapa senón que deixo portas abertas que me permitan poñer en marcha o aprendido. 

Agora podo dicir que a mochila que cargaba as miñas costas cando comecei esta andaina miña pola rede estaba practicamente baleira de contidos e coñecementos, en cambio agora, aínda que sexa pequena en tamaño, esta mochila está chea de novos conceptos, coñecementos e aprendizaxes conseguidas co meu propio esforzo e traballo que os fai se cabe, máis significativos pois foron adquiridos como froito do quefacer de cada quen.

  

 ATA PRONTO! :)

TAMARA REY: unha futura pedagoga que cree nas posibilidades das Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación.

 

A MIÑA ANDAINA PARTICULAR, LOGO DUN CAMIÑO PERCORRIDO...