2.2. Modelos de asesoramento

2.2. Modelos de asesoramento

Última actualización de en Miriam Blanco Rodríguez

No apartado anterior presentamos o protagonista da nosa película (o asesoramento), pois ben , este móvese por diferentes escenarios e polo tanto tense que relacionar co resto de personaxes da película, por iso vamos a explicar de que modo pode actuar con estes. Para iso emprego o simil de que o modelo é o xeito que ten de relacionarse co resto de personaxes da nosa película.

Para comezar creo que é fundamental comezar definindo que é un modelo de orientación psicopedagóxica. En palabras de Bisquerra (1998):

“Representación que refleja el diseño, la estructura y los componentes esenciales de un proceso de intervención en orientación

Tomando como referencia a Bisquerra (“Modelos de orientación e intervención psicopedagógica”) en concreto o capítulo referido a Los Modelos de Orientación, clasifica os do seguinte xeito os modelos:

 

a)  MODELOS TEÓRICOS: Baseanse nos enfoques elaborados por diversas correntes e autores.

 

b)  MODELOS BÁSICOS DE INTERVENCIÓN: Son a unidade básica de intervención. Dentro dos mesmos están incluídos:

 -       Modelo clínico (counseling)

 -       Modelo de programas

 -       Modelo de consulta

 

c)   MODELOS MIXTOS DE INTERVENCIÓN: Os modelos básicos poden combinarse para xerar un modelo mixto, coa finalidade de satisfacer as necesidades dun contexto determinado.

 

d)  MODELOS ORGANIZATIVOS: Son aquelas propostas que se fan nun contexto e momento determinado.

 -       Modelos institucionais: as Administracións públicas fan a proposta para todo o territorio.

 -       Modelos particulares.

 

Ademais para o análise de ditos modelos propóñense uns eixes, que son os seguintes:

  •  Intervención individual – grupal:

  A intervención individual céntrase na entrevista, fronte unha intervención en grupos.

  • Intervención reactiva – proactiva:

 A intervención reactiva céntrase nas necesidades explícitas de tipo correctivo ou remedial fronte a intervención proactiva, que vai dirixida a todo o alumnado sen necesidade de que exista ningún problema de raíz.

  •  Intervención directa – indirecta:

A intervención directa onde o/a orientador/a esta nunha relación vis a vis co orientado/a ou grupo de orientados/as fronte a intervención indirecta onde o/a orientador/a exerce a función de consultor e actúa a través dun mediador.

  •  Intervención interna – externa:

A intervención interna é levada a práctica por parte do persoal do propio centro, mentres que a externa é realizada por especialistas que non forman parte do mesmo.

 

Así anexo un cadro onde pon de manifesto a relación entre os modelos e estes eixes de intervención:

 

 

Directa – Indirecta

Individual – Grupal

Interna – externa

Reactiva – proactiva

CLÍNICO (COUNSELING

Directa

Individual

Externa (aínda que tamén pode ser interna)

Reactiva

PROGRAMAS

Directa

Grupal

Interna (aínda que tamén pode ser externa)

Proactiva

CONSULTA

Indirecta

Grupal (tamén pode ser individual)

Interna/externa

Proactiva (tamén pode ser reactiva)

 

MODELO CLÍNICO: Céntrase basicamente na relación persoal orientador – orientado; titor – alumno; orientador – padres e titor – padres. O seu obxectivo non é outro que o de satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo e socio – profesional do individuo.

As súas características principais son:

  • A iniciativa de solicitar axuda xorde do propio cliente.
  • É habitual realizar algún tipo de diagnóstico.
  • O tratamento vai en función do diagnóstico.
  • Seguimento.

A aplicación práctica deste modelo é a entrevista.

 

MODELO DE CONSULTA: é fundamentalmente unha relación entre dous profesionais: un consultor e un consultante. Polo tanto e un xeito de intervención indirecta.

Dito modelo propón dúas metas básicas:

a)    Aumentar a competencia do consultante nas súas relacións cun cliente, que pode ser: unha persoa, un grupo ou unha organización.

b)   Desenvolver as habilidades do consultante para que este sexa capaz de resolver problemas similares no futuro por sí so.

As fases do modelo de consulta son as seguintes:

  1. Pártese dunha información e clarificación do problema.
  2. Deséñase un plan de acción.
  3. Execútase e avalíase ese plan de acción.
  4. Danse suxerencias ao consultante para que poida afrontar a función de consulta.

 

MODELO DE PROGRAMAS: xorde como superación do modelo de servizos. 

As súas fases principais son:

  1.  Análise do contexto para detectar necesidades.
  2. Formular obxectivos.
  3. Planificar actividades.
  4. Realizar actividades.
  5.  Avaliación do programa.

Este modelo é o que se propón como marco referencial das intervencións, polo que e interesante ter en conta as seguintes características e tendencias:

  •  Na actualidade realizaranse programas de tipo comprensivo, incluíndo as diversas áreas.
  • Estes programas soen aparecer integrados nun programa mais xeral de centro.
  • Para a posta en marcha contan con persoal docente e orientador, así como recursos materiais no centro.
  • Ditos programas asumen ademais da intervención individual e grupal, outros aspectos e actividades de tipo comunitario.
  • Os recursos do centro e da comunidade son cada vez máis amplos e eficaces.
  • Na integración no currículum de elementos da orientación poden xurdir dificultades como resultado da falta de coordinación.
  • Programas q están dirixidos a alumnos e pais.
  • Cóntase coa colaboración de pais, paraprofesionais, empresarios…
  • A súa fundamentación teórica é bastante flexible e comprensiva. Predominan os enfoques cognitivos.

image

 Se agora tomamos como referente o texto: “Entre la realidad y el deseo: Una visión del asesoramiento” de Montero y Sanz, proponnos catro modelos de asesoramento:

Técnico operario “reparador”:

Este modelo ve o alumnado como “problemático” e non como a un alumno con problemas. Este é derivado polo profesor ao orientador que actuará en solitario para poner solución a dito problema.

 

foto 1.jpg

 

 Modelo de consulta triádica.

Neste caso xa non se deriva a un experto que é o encargado de actuar senón que producese unha consulta pero é o profesor o encargado de levar a cabo a intervención. Algo importante deste modelo é o papel como mediador que o profesor fai entre os dous elementos da relación.

 

modelo 2.png

 

 Colaborador animador ou modelo cooperador:

O orientador e o profesor manteñen unha colaboración con outros membros da comunidade educativa

Neste caso é o orientador o que asesora o profesor que logo axudará o alumno, aínda que o orientador e outros axentes poidan intervir nun momento determinado.

 

modelo 3.png

 

 Transformador, investigación o modelo transformador

Este modelo basease na compilación de tódolos modelos anteriores.

 

modelo 4.png

 

 

Toda a comunidade está relacionada producindo un traballo máis sistémico e produtivo. Debemos destacar o traballo en rede para acadar as metas educativas que o centro propón. A interrelación entre todos os elementos implica que cando un deles de move o conxunto tamén o faga, polo que o asesor debe favorecer a comunicación, na búsqueda de solución nun sistema de traballo colaborativo.

 

Práctica 2 (grupo PaMiVaRa).pdf

En base a todo o exposto con anterioridade e no estudado e analizado non so aquí senon noutras materias, é fundamental ter claro que o modelo que deberiamos levar a cabo nos centros educativos é o modelo de programas dun xeito prioritario sen esquecernos do modelo de consulta.

Por unha banda o modelo de programas permite poñer o acento na prevención ademais de que deste modo o noso papel é ser un máis dentro do equipo docente. Este modelo estimula o traballo en equipo, promovendo a participación activa dos suxeitos. Achégase a realidade posto que xorde como resposta a un análise de necesidades establecendo asi en certa medida un intercambio entre o propio centro e a comunidade.

Por outro lado no modelo de consulta, habitualmente o consultante é o profesor/a que consulta acerca das metodoloxías a empregar co alumnado que presentan necesidades educativas especiais, solicitando información sobre algunha discapacidade ou como elaborar as adaptacións curriculares, etc

En base o texto de Lourdes Montero os modelos que deberiamos seguir son o modelo de consulta triádica que se relacionaría co modelo de consulta proposto por Bisquerra e o modelo cooperador.

Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento curricular a centros e profesores