3.3. Malestar docente

3.3. Malestar docente

Última actualización de en Miriam Blanco Rodríguez

Pero o noso protagonista atópase un problema na nosa trama, dito problema non é outro que o malestar docente. O asesoramento en certa medida intenta poñer solución a dito problema, pero para elo e preciso que saibamos de que problema se trata, e delimitemos a que se enfronta o noso protagonista.

O tema do malestar docente e un tema complicado posto que non existe unha teoría que ofreza resposta ou sentido estructural a todas as investigacións que hai acerca do mesmo.

image

Cando falamos de malestar docente o mais frecuente e facer referencia a un fenomeno do que se ve afectado unha boa parte do profesorado e teñen a súa orixe nunha serie de factores ou acontecementos negativos que afectan a gran parte do profesorado dentro do marco educativo. Como consecuencia desto nos últimos anos produciuse un incremento dos índices de estrés laboral ("burnout") e ansiedade chegando en último caso a depresión.

Creo que é interesante definir o termo "burnout" que é un proceso de resposta múltiple a un estrés crónico caracterizado por extenuación, unha gradual e progresiva despreocupación, así como a ausencia de sentimentos emocionais hacia os beneficiarios do traballo. Son elementos centrais no constructo os compoñentes de cansancio emocional, despersonalización e falta de realización persoal. (Byrne, 1992, 1994; Manlove, 1994; Oliver, 1995; Aluja, 1997; Xiao y Wen, 2004; Weng, 2005).

Pero a repercusión de dito fenómeno ten a súa explicación nas seguintes razóns:

  • Afecta a maioria dos paises europeos.
  • O número de afectados é considerable
  • Orixina un prexuízo na calidade do servizo educativo ofertado, producindo consecuencias individuais e organizacionais importantes.

Aprobeitando os datos extraídos do artigo de Carmelo Torre, no noso pais o malestar docente afecta arredos do 50% do profesorado, onde dito malestar relacionase co absentismo laboral.(Martínez, 1992; Elvira y Cabrera, 2004). Por outra banda Esteve (1995) observou que os ciclos de estrés do profesorado solápanse coas estadísticas de baixas por enfermidade. O número de baixas laborais aumenta a medida que vai transcurrindo cada trimestre académico, disminuínso coa chegada dos períodos vacacionais.

Se nos fixamos en datos mais concretos, Díaz (1986) fala de que un 13% do profesorado español presenta trastornos psicosomáticos e cerca do 50% alcanza a depresión leve, sobrepasando o 15% deles a depresión grave.

image

Pero para poder poñer solución a dito fenómeno e necesario que sexamos conscientes dos indicadores de malestar docente, para iso faremos uso das verbas de Esteve que diferencia entre factores de primeiro orde e factores de segundo orde ou contextuais.

Os factores de primeiro orde son aqueles que inciden directamente sobre a acción docente. Dentro dos mesmos atopámonos con:

  1. Recursos materiais e condicións de traballo: para poder levar a cabo dun modo efectivo o traballo as veces atópanse con limitacións de tipo material que impiden que o profesor explique tal e como el quixera o programa de ensinanza os seus alumnos. Esto produce frustación a longo prazo, sobre todo cando o profesor se afronta a un novo ano lectivo e logo os recursos para levar a cabo o seu programa educativo e inviable posto que carece de materiais didácticos e de orzamento para adquirilos. Pero moitas veces o problema non é só a falta de recursos senon que moitas veces tamén nos atopamos con limitacións de tipo institucionais.
  2. Violencia nas institucións escolares: nos últimos anos produciuse un aumento da violencia nas aulas, sendo en moitos casos portada dos medios de comunicación.

 

Casi un 40% del profesorado padece niveles "peligrosos" de estrés por la violencia en las aulas

09.02.2010  Los centros públicos urbanos registran más agresiones físicas y verbales, que afectan "en mayor medida a las mujeres"

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/casi-un-40-profesorado-padece-niveles-peligrosos-estres-violencia-aulas/idEdicion-2010-02-09/idNoticia-514806/

    3. O agotamento docente e a acumulación de esixencias sobre o profesor: os principais sintomas son:Absentismo, falta de compromiso, un anormal desexo de vacacións, baixa autoestima... Isto está provocado principalmente por causas de presión que se exerce sobre o profesorado procedente da sociedade, a acumulación de responsabilidades e a aparición da ansiedade. Debemos ter claro que a presión do contexto social e as dificultades non afectan por igual a tódolos profesores.

Os factores de segundo orde ou contextuais en palabras de Blase son os referidos ás condicións ambientais ou ao contexto no cal se exerce a docencia.

A acción é indirecta e afectan á eficacia docente ao impoñer unha disminución da motivación do profesorado no traballo da súa aplicación e esforzo.

Cando estes se acumulan inflúe na imaxe que o profesor ten de sí mesmo e do seu traballo plantexándose unha crisis de identidade chegando incluso á autodepresión do EU.

  1. Modificación no rol do profesor e dos axentes tradicionais de socialización: Durante os últimos anos, aumentaron as responsibilidades e esixencias que se proxectan sobre os ensinantes, o que supón unha modificación do rol que en moitos casos supón unha importante fonte de malestar posto que non son capaces de acomodarse a esas novas esixencias. Mitter desenvolveu unha serie de ideas referidad á percepción dunha "fase de desencanto" algo que o propio autor xustifica como que o profesor vese dominado mais pola reticencia que polo optimismo. Como resumo podemos dicir que na actualidade os profesores atópanse cunha nova fonte de malestar ao intentar definir que deben facer, e que van defender.
  2. A función docente:contestación e contradiccións: Hoxe en día non existe consenso social, calqueira actitude do profesor pode ser contestada e haber grupos e forzas sociais dispostas a apoias a contestación ao profesorado. Aínda así calqueira valor que se defenda en clase pode ser rebatido polo propio alumnado. Ademais de esto o profesor está sometido o mesmo tempo a unha serie de roles que son contradictorios a súa vez. O primeiro deles é o de ser compañeiro e amigo dos alumnos; amosando polo menso un apoio cara eles. O segundo é realizar o papel de xuíz ao final do curso académico, realizando un "veredicto final" no cal se di quenes dos seus alumnos son aptos para pasar de curso, á vez que oblígase a producir no alumno unha integración de tipo social, posto que para os ollos dos alumnos o profesor é o representante da sociedade e a institución.
  3. Modificación do apoio do contexto social: Os profesores en moitos casos tamén se sinten inxustamente xuzgados polos pais que representan o corpo social. É dicir, se todo vai ben os pais pensas que os seus fillos son bos estudantes, pero se van mal, pensan que é debido a que os profesores son malos docentes. Hoxe en día o status social do profesor vese modificado. A sociedade tende a establecer o status social sobre a base do nivel de ingresos. As ideas de saber, abnegación e vocación caeron en picado na valoración social.
  4. Os obxectivos do sistema de ensinanza e do avance dos coñecementos: Dende fai anos as institucións escolares e universitarias aseguran o "éxito" traducido nun estatus social e unha boa retribución económica. Pero na actualidade, a masificación do sistema de ensinanza xa non asegura os alumnos nin o "éxito" nin sequera un traballo acorde coa súa titulación. Fai anos o cambio social producíase a un ritmo moi lento, pero na actualidade o ritmo de cambio acelerouse tanto que en moitos casos é imposible seguilo. Ao asumir as novas funcións que o contexto social esixe dos profesores, supón o dominio dunha ampla serie de habilidades persoais que non poden reducirse ao ámbito da acumulación de coñecementos. Esto en moitos dos casos supón unha roba na personalidade dos debutantes e será neste mesmo terreo onde se atopan as respostas mais negativas do malestar docente.
  5. A imaxe do profesor: Nos medios de comunicación observanse dúas liñas contrapostas nos enfoques do profesor. A primeira presenta á profesión docente como unha profesión conflictiva e a segunda como unha actividade idílica. Moitas veces o profesor preséntase como unha persoa conflictiva onde aparecene situacións de violencia física nas aulad, os despidos causados por enfrontamento ideolóxicos, as baixas retribucions dos profesores e a falta de medios. Pero fronte esta imaxe moitas veces amósasenos unha visión idilica contradictoria. Peliculas como poden ser Mentes Peligrosas ou Rebelión en las aulas presentan ao profesorado como unha axuda persoal do alumnado; pero todo iso está moi lexos da realidade. Estes estereotipos contradictorios podemos concretalos entres puntos:
  • Nas esixencias das persoas axenas a profesión docente, isto inflúe no trato de cara aos ensinantes polos pais e alumnos.
  • No futuro das persoas que acceden a ser profesionais, producindo unha autorrelección a partir da identificación ou falta desta coa imaxe do profesor.
  • Nas expectativas dos profesores en exercicio, reafirmando a súa elección inicial e a propia satisfacción no traballo. Isto pola contra produce insatisfacción e sentimento de consideración.

 
 image

Xa mencionamos cales eras as causas dese malestar docente pero creo que é interesante analizar tamen cales son as consecuencias do mesmo:

Así temos que a primeira das consecuencias é o absentismo laboral e o abandono da profesión docente. O absentismo aparece como a reacción mais frecuente á acción de tódolos factores citados anteriormente. Frénase a implicación persoal e, en consecuencia, despersonalizasea ensinanza e a relación cos alumnos. O absentismo xorde como un xeito de desafogo, como un respiro que permite escapar das tensións acumuladas no traballo. As peticións de baixas laborais e o absentismo laboral estan intimamente relacionadas cos ciclos de estres identificados ao longo do curso: finais de cada trimestre e o final de curso. Os periodos vacacionais cumpren unha función importante rompendo a acumulación de estrés.

A segunda das consecuencias son repercusións sobre a saúde, o agotamento docente podo repercutir na saúde física ou mental e estas consecuencias aparecen gradualmente seguindo un proceso dexenerativo crecente:

  • Aparición de sentimentos de desconcerto e insatisfacción.
  • Desenvolvemento de esquemas de inhibición.
  • Peticións de traslado para huir de situacións conflictivas.
  • Aparición do desexo de abandonar a docencia.
  • Absentismo laboral.
  • Agotamento e sensación de cansancio físico permanente.
  • Ansiedade como rasgo ou ansiedade de expectación.
  • Estrés
  • Sentimento de desprezo so eu e autoculpabilidade ante a incapacidade de mellorar a ensinanza. Déficit da autoestima.
  • Ansiedade como estado permanente.
  • Neurosis reactiva
  • Depresión.

Pero todo o mencionado con anterioridade, viuse incrementado este ano cos recortes os que a educación se veu sometida, se antes falamos que un dos motivos do malestar docente é esa frustración a que se ven sometida como consecuencia da falta de recursos, por esa suma de cambios e a perdida de poder e de status, os novos cambios non fai mais que empeoralo.

Na nosa comunidade autónoma algunhas das modificacións ás que se tiveron que enfrontar o profesorado foron: Os mestres de primaria pasaron de ter 21 a 25 horas lectivas, o máximo que permite a ley estatal. Dentro de ditas horas están incluídas a vixiancia dos alumnos mentres estes agardan polo transporte escolar.

Tamén se produciu unha reducción de plantilla, deixandose de contratar a 160 interinos en infantil.

A todo isto súmase un recorte xeral de 12 millóns, sumado a que 587 xubilacións e 300 postos non foron cubertos respecto o curso anterior, pero o alumnado no canto de disminuir, aumentou en 3000 escolares mais.

image

A continuación deixo un enlace onde un docente manifesta a súa opinión acerca dos recortes e como poden afectar os mesmos.

http://profescontraelrecorte.com/

Pero se seguimos co analise dos recortes, os docentes vense afectados polo obxectivo de aforrar 3000 millóns de euros, algo ao que o ministro de Educación, José Ignacio Wert engade:

“Estamos pidiendo un sacrificio y un esfuerzo importante a los docentes de este país”.

“Estas medidas no inciden ni sobre la cobertura ni sobre la calidad del servicio público de la educación”.

Pero para o curso que ven as cousas non pintan moito mellor posto que propoñense:

  • Aumento do número de alumnos por clase.
  • Aumento do número de horas lectivas.
  • As baixas do profesorado de menos de 10 días non serán cubertas.
  • Os institutos só terán que ofertar unha especialidade de bacharelato.
  • Algúns módulos de FP retrásanse un ano académico.

Con motivo disto subín un video que creo que explica as consecuencias de ditos recortes:

Motivos do malestar docente e as consecuencias dos recortes!

Na última clase levouse a cabo un debate acerca dos motivos para o malestar ou benestar docente, co video que presento espero que se de resposta a que motivos teñen para ese malestar visto os últimos cambios, como afectan estes a dito colectivo e a todos e xustificar en certa medida o enfado de dos mesmos.

Espero que lle botedes un ollos porque creo que presenta unha serie de consecuencias onde os afectados somos todos/as.

 

Pero somos conscientes das consecuencias de todos os cambios??

O aumento de alumnos por aula non supón outra cousa que unha nova pedra no camiño dos nosos docentes, o cambio suporia aumentar o número de alumnos por clase nun 20%, ¿pero como se traduce isto na práctica?, pois que os docentes atoparíanse nas aulas de primaria cun máximo de 30 alumnos e de 35 en secundaria, cinco mais que na actualidade sen contar os repetidores, pero se retomamos que as faltas de recursos crean ese malestar, é  posible que a situación non empeore? Pero aumentando o número de alumnado por aula, e posible levar  a cabo esa ensinanza individualizada, e posible unha atención a diversidade?? Realmente non se ve afectada a calidade da educación?

A nova escola pública

E falando da calidade da escola tamén inclúo unha noticia que creo que non é máis que unha nova contradicción e que no caso da docente non deixa de ser un golpe "duro" por facer o seu traballo ben:

¿Dende cando sancionamos ensinar demasiado?

http://www.antena3.com/noticias/sociedad/profesora-infantil-podria-perder-puesto-ensenar-demasiado-sus-alumnos_2012043000103.html

Deixovos aquí un artigo que atopei na rede e que me pareceu interesante compartir con todos vos, xa que creo que nos tempos que corren, con tódolos recortes que están afectando á educación, e co alto grado de malestar docente que nos atopamos, parece canto menos sorprendente que ensinar demasiado, motivar ao alumnado sexa motivo de sanción....incluso ata o punto de perdelo....

A min dende logo cousas como estas deixanme sen palabras...

 

Xa para rematar con este apartado pareceme interesante facer unha mención os universitarios...e a nova situación a que nos enfrontamos, e pola miña mente só pasa unha pregunta: A ONDE IMOS CHEGAR?

NOVO OBXECTIVO: os univeritarios

 

Defendamos a educación pública

 

  Os recortes...vistos con humor!

Para rematar co bloque do malestar docente deixo este video, para que todos tomemonos con un pouco de humor os tempos que corren para a educación.

 

 image

 

 Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento a centros e profesores