2.1. ¿Que é o asesoramento?

2.1. ¿Que é o asesoramento?

Última actualización de en Miriam Blanco Rodríguez

Toda película comeza presentando, ou achegando o público o seu protagonista, neste caso como xa anticipei o e o ASESORAMENTO, por iso a continuación fago referencia a unha serie de definicións de distintos autores, que nos amosan cómo ven estes ao noso protagonista.

A hora de abordar este tema é fundamental ter presente dúas cousas: A primeira delas é que non existe unha única concepción sobre o asesoramento, e a segunda é que existe un novo xeito de entender o mesmo que rompe coa concepción tradicional do que é o asesor, visto este como un técnico que emprega o seu coñecemento experto para prescribir solucións.

image

O primeiro autor ao que faremos referencia é a Bolívar (2005): Este propón unha concepción do asesoramento entendendo este como apoio e compromiso cos centros e profesores traballando con eles e non sobre eles. Esta proposta plantexa unha relación horizontal entre o asesor e quenes traballan nos centros a apoiar.

Algo interesante que inclúe dita perspectiva é que conleva o suposto que na escola non só os alumnos aprenden senon que tamén os profesores e todos aqueles que colaboran coa mesma. A relación horizontal da que fala implica que haxa un traballo en equipo ademais de colaboración entre todos os axentes involucrados neses procesos de mellora.

Aquí é onde esperta o meu espírito crítico, posto que realmente a definición ou o modo de entender de Bolívar o asesoramento é real ou é unha perspectiva utópica?? Creo que o modo de entender o asesoramento debería ser o plantexado por dito autor pero a realidade que nos encontramos nos centros (polo menos dende a miña breve experiencia), a nosa figura é entendida pola meirande parte dos membros da comunidade educativa como algo remedial, en moitos caso omitese o caracter preventivo e de consulta que debería primar.

 

 

 

 

Como o mesmo autor recoñece, esta concepción alonxase por completo coa idea do asesor que intervén a modo de experto levando a cabo labores de corte técnico-racional.

Presentanos o asesoramento dende unha concepción como proceso e polo tanto composto de fases ou etapas. A súa dimensión dinámica fai que esté en constante cambio e evolución. O seu carácter sistemático implica procesos ordeados e involucra a tódolos compoñentes da escola. O seu carácter de sostibilidade no tempo apunta a facilitar a institucionalización das melloras.

O obxecto de acción polo tanto é a escola e os axentes implicados, e o seu obxectivo é a mellora dos centros para o cal deben desenvolver a súa capacidade de revisarse, perfeccionarse e crecer empregando o coñecemento desenvolto no interior do mesmo.

  

 image

Pozuelos (2002) tamén amosa unha idea de asesoramento que se opón a idea tradicional do mesmo. Como os autores anteriores, comparte a idea de que o apoio tense que levar a cabo dentro dun ambiente de colaboración como marco dunha corriente reflexiva, crítica e fenomenolóxica e non baixo un prisma técnico, contextual e clínico. O asesoramento polo tanto debe facilitar procesos que idealmente sexan elaborados polos profesores que van participar nos mesmos, xunto con involucrar a quenes desexen e precisen solucionar os problemas que enfrenten a práctica diaria e cotidiana.

Todos os autores mencionados alonxanse da concecpción tradicional do asesoramento, e todos eles aluden o traballo en equipo e a colaboracón que debe ser un eixe fundamental en tódolos procesos de asesoramento, donde están implicados tódolos membros da comunidade educativa.

Pero o asesoramento pode tomar dúas formas diferentes:

APOIO INTERNO: É aquel que se desenvolve no seno dos centros educativos e que tomando como referencia a Parilla (1996) que nos dí que "afecta non só á estrutura formal da escola senon tamén e sobre todo a súa cultura e valores". A mesma autora no seu análise identifica dous eixos: O primeiro, a división entre os apoios centrados no alumno versus os apoios centrados na escola, e o segundo, a dimensión entre apoios centrados no eixo experto versus colaboración. Do cruce de ambos eixos, Parilla obtén e identifica catro modelos de apoio que denomina:

  • Apoio terapéutico
  • Apoio colaborativo/individual
  • Apoio como consulta
  • Apoio curricular

APOIO EXTERNO: En palabras de Hernández (2001) sinala que o apoio externo xorde na segunda metade do século XX, vinculado á reforma curricular en Europa e Estados Unidos, aparecendo nos anos 70 e os 80 aparecen os sistemas de apoio externa á escola. Os profesionais de apoio externo cumplen un rol de mediación entre a teoría e a práctica, investigación e acción, propostas políticas de reforma e cambio educativo.

Sobre este tema tamén temos algunha referencia no texto de Lourdes Montero e Maria Dolores Sanz (2008) que falan de tres tipos, no canto de dous:

ASESORAMENTO INTERNO: O asesor sitúase dentro da institución e polo tanto depende dela. Este inclúe ó profesorado, titores e departamentos de orientación.

ASESORAMENTO EXTERNO: O asesor está fóra da institución e non depende dela, senón que este responde a unha demanda concreta da institución. Un exemplo de dito asesoramento son os Equipos de Orientación Específicos (EOE).

ASESORAMENTO INTERNO-EXTERNO: O asesor e unha persoa externa ao centro pero traballa periodicamente no mesmo, colaborando sen que exista dependencia administrativa.

Pero se buscamos resposta a nosa dúbida no presentado en clase atopámonos coas seguintes definicións:

-“Operación de diagnóstico, identificación de falencias (carencias), en comparación cun modelo e indicación de proxectos de acción” (Fernández, 1997)

- “Interacción en dous sentidos-un proceso de buscar, dar e recibir, axudar. Diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos con obxecto de posibilitar a súa capacidade de resolver problemas e realizar esforzos de cambio” (Lippit e Lippit, 1926)

-  “Orientar, facilitar, axudar, mediar, apoiar, colaborar, guiar… ASESORAR … son verbos intransitivos… As accións que describen non teñen un obxectivo directo. Neste caso trátase de actividades educativas prácticas, dirixidas a alguén, que a súa vez, debe promover actividades de ensinanza e aprendizaxe en outro”

-  “…Parece haber un consenso en que a actividade de asesoramento educativo, para ser tal, debe nacer dunha actitude de colaboración…” (Moneco e Pozo, 2005)

- O asesoramento é un servizo indirecto que ten lugar entre profesionais de status similar (simetría- asimetría)

- Soe ser iniciado polo asesorado, quen ten total liberdade para aceptar ou rexeitar os servizos en calquera momento. Involucra ó asesor/a e ó asesorado/a nunha relación confidencial e colaborativa que se configura polas seguintes metas para o asesor/a:

  • Ofertar un punto de vista informado.
  • Axudar a mellorar destrezas de solución de problemas.
  • Axudar a incrementar a liberdade de elección da acción do asesorado.
  • Apoiar ó asesorado nas eleccións feitas.
  • Incrementar a conciencia do asesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes.

(Aubrey, 1990)

E centrándome agora un pouco mais no contexto plenamente educativo atopámonos con que Asesoramento en educación correspóndese, en palabras de Rodríguez Romero, con:

"Unha temática que non se pode considerar de forma illada senón en relación cunha institución (a escola) no marco dun proxecto formativo (o currículo) e co propósito fundamental de servir á mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe"

Rodríguez Romero, 1996


Se agora decidimos abordar cales son os roles do asesor atopámonos co seguinte:

1.FACILITADOR DE PROCESOS DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL: Este propicia situacións de aprendizaxe que contribúen a:

  1. Fomento do autocoñecemento e a aceptación de sí mesmo.
  2. Desenvolvemento de actitudes que favorezan a súa autovaloración persoal e a dos demais.
  3. O aprendidaxe para unha comunicación inter-persoal armónica, asertiva e funcional, así como para o logro da convivencia e intercambio con outras persoas.
  4. O desenvolvemento de cambios positivos e realistas fronte á vida que lle permita ó usuario vivir con maior grao de realismo, apertura e menos ansiedade.
  5. A capacidade para autopotenciar os seus recursos persoais, institucionais e do contexto para a consecución da interacción eficiente no sistema, a clarificación das súas metas académicas, profesionais e vitais.

Elsa Fuenmayor (2007)

2. FACILITADOR DE APRENDIZAXE ACADÉMICO-EDUCATIVO:

  1. Mediante o estímulo e/ou reafirmación de aprendizaxes.
  2. A través do desenvolvemento de habilidades no estudante para o uso de estratexias, instrumentos e técnicas favorables a un estudo independente e productivona institución, ligado ó fomento de actitues e accións cara o recoñecemento, análise e superación de factores sociopersoais, fisicoambientais ou socioeconómicos, que limitan a súa eficacia.
  3. O proporcionar información e/ou asesoramento na planificación dos seus estudos, selección de carga académica, estrutura e coherencia curricular, distribución adecuada do seu tempo, acorde coas súas circunstacias persoais, laborais e sociais.

Napoleón Sánchez (1997)

3. ASESOR NA ORIENTACIÓN E REORIENTACIÓN VOCACIONAL - PROFESIONAL

  1. Proveer ó estudante de información respecto ás oportunidades de estudo, ao demandar respostas para realizar o seu ingreso ao Sistema, co uso de material impreso e a consulta, ós asesores académicos, co fin de estimular decisións dacrodo coas súas características, posibilidades e oportunidades de estudo.
  2. Mediante o análise e reforzamento respecto ó interese e a motivación de cara a carreira escollida. 
  3. Orientacións para adquirir información acerca da carreira elixida, problemática ocupacional, perspectivas doutras ocupacións, contacto coa realidade laboral...
  4. Análise dos factores que inciden no cambio de carreira, características do estudante, as súas potencialidades ou limitacións que poidan favorecer ou entorpecer o seu cambio, as súas experiecias académicas...todo aquelo que axuda a súa toma de decisións.

Ramiro Cardenas (1997)

4. FACILITADOR DE APRENDIZAXES PARA O DESEMPEÑO EFECTIVO NA INSTITUCIÓN:

Cando proporcíonase información isntitucional ao estudante e apoio socio-persoal que permita capacitalo para interactuar con efectividade e autonomía, no sistema, á vez que saiba empregar axeitadamente e racionalmente os recursos existentes, durantes as diversas fases da súa vida universitaria. 

Ramiro Cardenas (1997)

5. PROMOTOR DE INTERCAMBIOS E CONVIVENCIA EDUCATIVA, PERSOAL E ORGANIZACIONAL:

  1. A través de experiencias que favorezan a formación de círculos de estudo como instrumentos de interacción estudantil, apoio motivacional ao estudo e estimulo académico. 
  2. Mediante a promoción e o apoio a organizacións estudantis que contribúan á participación de estudantes na vida universitaria, desenvolvemento do sentido de pertenencia, a activación da convivencia, a recreacíón e o traballo en conxunto cos estudantes.
  3. A través da cooperación na promoción de cambios persoais e organizacionais que propicien o coñecemento de experiencias académicas-educativo, a actualización de recursos humáns na intitución e a labor en equipo.
  4. Na promoción e organización do voluntariado estudiantil que aparte de fomentar a cooperación e integración do estudiantado ó sistema, constituense nun importante recurso en apoio á funcionalidade do Centro Local.

 Elsa Fuenmayor (1997)

6. ROL DE INVESTIGADOR

O que facer profesional (apoiado na súa fundamentación teórica en consonancia coas características dos estudantes, constituense en insumos para a realización de investigacións acerca de:

 Evaluación acerca de la gestión      programada durante el periodo académico.
  1. Avaliación acerca da xestión programada durante o periodo académico.
  2. Exploración de opinións dos estudantes respeto ás actividades realizadas en función de obxectivos establecidos.
  3. Indagacións acerda do funcionamento do Centro e as súas necesidades.
  4. Investigacións sistemáticas con relación á aplicación de programas específicos.
  5. Investigación documental permanente para manter a actualización do profesional.
  6. Participación como titores, asesores e xurados de Traballos de Grados, de Pre-grado e Post-Grado.

Napoleón Sánchez (1997)

Como conclusións podo dicir que o asesor é aquela persoa profesional que se encarga de axudar, asesorar a todas as persoas que estan implicadas no proceso educativo coa finalidade de mellorar a propia prácticas como a relación entre eles. O asesor debe estar presente non só naqueles momentos puntuais, ou como solucionador das demandas senon que debe ser "un máis" do equipo.

   

Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento Curricular a Centros e Profesores