2.3. Asesoramento vs Orientación

2.3. Asesoramento vs Orientación

Última actualización de en Miriam Blanco Rodríguez

Como xa vimos mencionando dende antes, falamos que o asesoramento e o protagonista desta película pero dito protagonista estará moi ligado a orientación, polo que imos delimitar ou establecer as diferenzas entre os dous membros da mesma.

Unha das primeiras cuestión que formulamos na clase foi: ¿É o mesmo asesorar que orientar?

Para dar resposta a esta pregunta tomarei como base o texto de María Mar Rodríguez, así como definicións que atopei na rede:

Por unha banda a orientación correspóndese cun esquema de traballo vertical, unha persoa realiza unha labor de formación sobre uns individuos.  

No campo da educación por termo xeral realízase sobre o alumnado.

image

Pola outra o asesoramento correspóndese cun esquema de traballo horizontal, un profesional asesora a outros sobre o traballo que realizan. Se nos cinguimos unicamente o aquí exposto só podemos falar de asesoramento cando traballamos co profesorado.

A continuación presento unha táboa que amosa as principais diferenzas entre os termos:

 

 

ORIXE

PRÁCTICA

PODER

COMUNICACIÓN

META

ORIENTACIÓN

Guidance, couseling

Directa co alumnado

Asimetría

Unidireccional

Resolución de problemas

ASESORAMENTO

Support, adviser

Indirecta:sobre o profesorado ou outros menbros da comunidade educativa

Horizontal

Bidireccional

Captación asesores/asesorados

 

Pero moitas veces no resulta fácil delimitar ambos termos, por eso para moitos a principal diferenza entre o que é asesoramento e orientación escolar é, que na orientación trátase directamente cos estudantes e non cos profesores, quedando estes relegados a un segundo plano. Pola contra o asesoramenteo é un servizo que é entendido dun xeito máis indirecto, no sentido que a relación establécese por termo xeral cos profesores ou outros membros da comunidade educativa, pero non cos propios alumnos.

Resumindo nunha frase: "O traballo do orientador/a implica o de asesorar"

En base o exposto poderiamos establecer unha especie de parentesco entre ámbolos termos, posto que cando falamos de orientar implica a súa vez asesorar.

E por este motivo que podemos dicir que o asesoramento e a orientación son dúas prácticas emparentadas nas súas metas mais valiosas: o apoio e a axuda o sistema educativo. Sen embargo o asesoramento está mais comprometido cos aspectos curriculares, aqueles que teñen que ver coa definición dos propósitos do propio centro, estilos de ensinanza, curriculum oculto, as prácticas de avaliación, as regras e as virtudes das rutinas do aula e do centro, etc. Como futuros orientadores debemos traballar a orientación dende a propia perspectiva do asesoramento, considerando este un elemento transversal dentros das nosas tarefas como orientador.

 

Miriam Blanco Rodríguez

Asesoramento Curricular a centros e profesores