4.1. Visita de Chefa

4.1. Visita de Chefa

Última actualización de en Miriam Blanco Rodríguez

Para a creación da miña película tivén a oportunidade de contar coa colaboración de Chefa, unha psicopedagoga - orientadora profesional que conta con mais de 10 anos de experiencia. Ela deleitounos cunha clara exposición referíndose a súa propia actividades diaria, podendo ver de este xeito a realidade do traballo.

As súas palabras foron tranquilizadoras para todos/as, ela mesma nos recoñeceu que cando rematou a carreira tamén estaba un pouco perdida, pero que pouco a pouco vas atopándo o camiño que queres seguir. Deste xeito Chefa achegounos as súas primeiras experiencias nun centro, onde a figura do orientador era nova e descoñecida. Persoalmente esta experiencia foi todo un proceso de superación xa que, chegar nova e recien titulada a un centro onde o resto de compañeiros non saben nin por qué estas alí nin cal é a túa función...e dende logo unha realidade dura.

Pero pouco a pouco foi buscando o seu lugar, e unha das primeiras tarefas das que se encargou foi en relación coas aulas específicas. Para coñecer ben a realidade do centro realizou unha análise de necesidades, a finalidade e saber do que partimos e polo tanto o que queremos mellorar. Unha vez finalizado este, redactase un informe detallado que envia a dirección e unha vez que todo o mundo esta informado só queda poñerse a mellorar esa realidade. Chefa confesou que neste caso os cambios foron bastante notables e obtiveronse resultados moi satisfactorios.

Despois da sua exposición comezou a ronda de preguntas, é unha delas foi acerca das culturas e colaboración (tema que xa fora tratado na clase). Chefa afirmou rotundamente que si existe colaboración entre os distintos profesionais, que ela sabe que se algún docente ten algún problema acode a ela sen ningún tipo de tapuxo. Persoalmente eu creo que a imaxe dos orientadores está cambiando e para mellor, deixando atrás moitos prexuízos ou chistes como "Os orientadores son todos Pakistanís, PaKiEstán"

O final da súa exposición foi acerca do traballo por proxectos, o beneficio destes e como e motivante deixar un pouco de lado os libros de texto. Baixo o seu punto de vista traballar por proxectos e un método de aprendizaxe moi efectivo posto que adquirese e poténciase todo tipo de aprendizaxes. Pero como moitas veces vale mais unha imaxe que mil palabras, amosounos algúns exemplos de proxectos que se levaron a cabo no seu centro.

imageMiriam Blanco Rodríguez

Asesoramento curricular a centros e profesores