Da procura de información á creación de coñecemento

                                                                   Imaxe final  

A comezos de marzo xurdía esta andaina tecnolóxica que nos unía, a todos nos, futuros pedagogos, nunha viaxe na que aprenderíamos que a procura de información só é un mero proceso que nos leva a construción dun coñecemento propio.

Esta materia foi unha constante innovación na aula, posto que o primeiro que nos atopamos, foi que todo o noso traballo se desenvolvería nunha rede social, que se deu en chamar Stellae, na cal nos teriamos que expoñer as nosas ideas e comentalas.

Tamén, a metodoloxía seguida foi totalmente novidosa: o conectivismo, que pasou de ser unha completa desconocida, a ser a base do noso traballo. A causa do meu escaso coñecemento sobre o mesmo, decidin busca información sore o mesmo e desenvolvín un blos coas ideas que me resultaban máis importante e interesantes

Conectivismo

 

No referente a materia que que desenvolveu no devir das clases, pódese dicir que foi variada e que sempre deu pé ao posterior desenvolvementos de máis ideas e conceptos a partir das mesmas.

Comezarei citando que observamos e prestamos atención aos cambios que se produciron nos últimos anos e ata que punto a tecnoloxía estaba detrás deles. Ao primeiro que vou facer mención, posto que é a base de toda transformación posterior é ao cambio social. Co avance tecnolóxico e a adaptación das TIC ao noso día a día, a causa de que nos facían a vida máis fácil, as necesidades de todos e cada un dos individuos  mudaron, o cal fixo que xurdisen novos enfoques, profesións... Todo isto desembocou na coñecida como "sociedade da información" ou "sociedade do coñemento".

Así mesmo, profundizado no tema do cambio socia, xurdíronme certas dúbidas ao redor dos conceptos de "sociedade da información" e "sociedade do coñemento". Na miña procura puiden observar como empregaban os dous termos, de xeito indiferente, a pesares de que baixo a miña opinión información e coñecemento eran dous termos ben distintos. Isto levoume a comezar unha nova búsqueda que tivo como resultado a conformación das miñas sospeitas: "sociedade da información" e "sociedade do coñecemento" son termos diferentes.

Sociedade actual

 

A partir de aquí xurdironme novas dúbidas sobre se existían outras teorías que definisen ao individuos desta nova era da información. Aquí atopei dúas teorías bastante interesantes sobre o tema. Dúas teorías que tiñan os seus puntos en común e as súas diferencias, pero que non están erradas en ningún dos seus postulados.

 

Homo Videns vs Homo Digitalis

 

Como era esperable, a raíz da inclusión das novas tecnoloxías na vida cotiá, provocou que xurdiran novas necesidades de formación con respecto ás mesmas.

Alfabetización Dixital

 

Poren, había outro problema meirande que solucionar, que era desigualdade á hora de acceder as novas tecnoloxías. A denominada fenda dixital pasa a ser un tema moi importante nos nosos días, ata o punto de xurdir diversas políticas que procuran poñerlle fin, co risco de converterse máis nunha cuestión de status político, que nun problema que, a miúdo ten unha raíz económica, debemos solucionar entre todos, procurando sempre que sexa de xeito solidario.

Fenda Dixital

 

Outra opción traballada foi a procura da información. Decidín que non faría un blog sobre o tema, a pesares de ser moi interesante, xa que considerei que a mellor forma de mellorar o meu proceso de búsqueda era traballar sobre o mesmo partindo das claves que se nos deron ao longo do noso proceso formativo.

Seguidamente entramos a definir o que era tecnoloxía educativa. Para isto visualizamos uns videos e desenvolvemos un mapa conceptual en grupo, o cal se converteu no meu primeiro arquivo subido a rede Stellae.

Mapa conceptual

 

Hei de resaltar que desenvovler un mapa conceptual sempre me resultou unha tarefa tediosa, cansina e moi laboriosa, na miña opinión, polo que me lancei a descubrir se as novas tecnoloxías investigaran máis profundamente para resolver o meu problema. Así coñecín a ferramenta Cmaps Tools, a cal desenvolvía os mapas conceptuais. Como ante todas as innovacións, mostreime un pouco desconfiada da súa eficacia, ata que atopei unha investigación que disipou todas as miñas dúbidas sobre o tema.

A ferramenta Cmap Tools mellora a aprendizaxe colaborativa na aula virtual USMP

 

A partir de aquí, evitar seguir descubrin máis sobre a aplicación das novas tecnoloxías nas aulas era case imposible. Busquei diferenzas no refente a aprendizaxe, partindo de diferentes cuestións e obtiven como resultado diversos blogs:

  • Cales son as diferencias entre a "educación tradicional" e a "educación tecnolóxica"?

Educación tradicional e educación tecnolóxic

  •  Cal é o proceso máis adecuado de insinanza aprendizaxe?

A pirámide de Dale

  • Cales son as vantaxes da inclusión das TIC en educación?

 

Vantaxes das TIC en Educación

Tamén me interesei moito polas ferramentas derivadas das TIC, as cales poderían contruír a mellorar a didáctica da aula. En clase demos como exemplo, moi polémico por certo, a pizarra dixital. Ante isto pregunteime, haberá algún máis e que estea destinado máis directamente aos alumnos? Foi aí onde descubrín a Smart Table.

  Smart Table, o pupitre dixital

 

Resultoume moi intereante descubrir o M-learning, e por iso se concerteu no meu primeiro blog.

M-learning

Así mesmo non foi ata o final do meu traballo cando descubrín o que realmente me interesaba, e que chocaba, curiosamente, con moitas das ideas defendidas na aula, así como con moitos modelos formativos dos docentes.

As TIC/TAC: das tecnoloxías da información e comunicación ás tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento

 

É un tema moi interesante e o blog do queme sinto máis orgullosa, posto que, de todos os temas tratados, é o máis interesante e do que menos información atopei (todos os datos recollidos xiraban entorno a unha polémica, que poñía aos pedagogos ao frente do debate, o que me motivou e me fixo sentir empatía polos meus "colegas", que loitan pola integración da educación en valores nas TIC).

  

Logo deste recorrido polos aspectos máis significativos da miña actividades ao longo deste tempo, non se me ocorre mellor xeito de rematalo que deixando as miñas impresións persoais.

Nesta materia do 3º curso do grao en Pedagoxía, atopámonos cunha metodoloxía de clase  totalmente diferente e innovadora, ademais contabamos cunha ferramenta totalmente inesperada para a nosa formación a Rede Stellae, unha rede social na cal podíamos subir as nosas percepcións, opinións e ideas que se nos fosen ocorrendo, o cal contribuiría de moitos xeitos ao noso enriquecemento persoal, así como a dos nosos compañeiros, quen comparte as súas impresións e ideas, facendo que as nosas mentes se abran a outras parcelas de coñecemento e pensamento.

Aínda que eu non seguín as liñas que se determinaron en clase e deixei esta materia para xullo, hei de dicir que non foi porque non me interesase, se non que máis ben, foi que me atopaba abrumada e perdida ante esta nova metodoloxía, o cal fixo que me custase moito traballo comezar a desenvolver e subir os meus blogs, aquivos e tweets. Así mesmo, debo engadir que me sentín moi cómoda traballando na rede Stellae nestes últimos momentos do curso.

Foi curioso como o traballo dos meus compañeiros conseguía motivarme dalgún xeito, logrando afinar as miñas procuras, así como definindo os meus intereses sobre os diferentes temas que se podían tratar dentro do campo da "tecnoloxía educativa".

En resumo, só dicir que esta materia serviume para despertar o meu interese pola tecnoloxía na aula, para mellorar a miña visión sobre a mesma e para descubrir información e coñecemento son termos moi diferentes. Con isto último quero dicir que, eu mesma podo ser unha usuaria activa e que podo transformar a información que atopo no meu coñecemento propio tendo en conta as miñas necesidades, ideas, percepcións ou crenzas; que o meu coñecemento pode ser constantemente enriquecido polas aportas dos demais e que todo isto podo atopalo na rede... Con isto so me queda dicir, gracias tecnoloxía educativa por axudarme a enriquecer o meu mundo e a brir máis a miña mente, gracias.

 

                                                                                    Imaxe final 2