Recorrido sobre o meu paso por Stellae...

Recorrido sobre o meu paso por Stellae...

Última actualización de en Begoña

Nesta páxina amosanse as diferentes entradas e arquivos que fun subindo ao meu blog persoal. Un recorrido breve pero intenso no cal os coñecementos que fun adquirindo foron moitos. Nestes momentos podemos mirar atrás e a través desta páxina observar os aspectos máis importantes que traballei no meu propio blog para avanzar no meu proceso de aprendizaxe. Unha asignatura novidosa creo que para todos e que espero que o longo dos meus estudos poida traballar dun xeito tan dinámico como nesta materia que nos achegou e nos familiarizou un pouco máis co mundo das novas tecnoloxías.

PROXECTO ABALAR

Nesta nova entrada ao blog, centrareime en coñecer e profundizar algúns aspectos sobre o denominado “Proxecto Abalar” posto en marcha pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Galicia. Este proxecto pretende a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia.

O deseño técnico do proxecto está baseado en ferramentas de sotware libre, co que ofrecen moitas e importante vantaxes tanto dende un punto de vista técnico como pedagóxico.

O proxecto está considerado como unha estratexia global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias de todos/as cidadáns, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino, que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.

E que se entende por centros educativos dixitais, pois ben, o centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispoñer de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestructuras e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e tamén na actividade administrativa.

Xa para finalizar esta entrada, na miña opinión considero que este tipo de proxectos, ideas, iniciativas, programas, etc están moi ben pensados xa que hai que adaptar a educación as demandas que a sociedade pide. Con este proxecto a educación galega sufriu un importante avance en canto a tecnoloxía se refire pero tamén penso que neste eido queda un longo camiño por percorrer. O mundo das novas tecnoloxías medra día a día a un ritmo importante e é necesario adaptarse aos novos cambios e debe ser dende o ámbito educativo de onde se parta para achegar a poboación ao que denominamos alfabetización dixital.

 

www.edu.xunta.es/abalar

www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

PROXECTO ABALAR

As NNTT na ensinanza

Na nova forma de organización do século XXI todo xira en torno ao poder cada día máis grande da tecnoloxía e as súas manifestacións. A nosa sociedade é unha civilización dependente da tecnoloxía a niveis progresivamente crecentes, que está cambiando boa parte dos nosos usos e costumes, entre os que o aprendizaxe non pode quedar a marxe. Vivimos na era da información e comunicación, e a escola, como institución formal responsable da ensinanza e da aprendizaxe, debe responder aos desafíos do presente, así como as necesidades que as novas xeracións plantexan.

Sen dúbida, as NNTT revolucionaron e están revolucionando a ensinanza tradicional, tanto nos materiais empregados como mesmo na relación profesor-alumno. Ao lado dos instrumentos e materiais didácticos tradicionais as TICs deben de ir integrándose progresivamente no ámbito educativo e poder empregalas dentro dos programas de ensinanza e formación presentase como unha gran axuda no proceso formativo.

A incorporación das NNTT a educación permite que os usuarios accedan a unha gran cantidade de información, adquiran distintos puntos de vista, fomenten a súa actitude crítica, relaciónanse e comunícanse con outros estudantes, centros educativos e profesores todo isto sen ningunha limitación espacial ou temporal, mediante chat, correo electrónico, entre outras ferramentas. Así mesmo, desenvolven habilidades de autonomía e comunicación a través de plataformas virtuais.

Van cambiando os medios, os soportes nos que se encontran os contidos, a relación entre profesores e estudantes, en definitiva a ensinanza vai cambiando acorde cos novos tempos.

En resumo, cada vez a presenza das Novas Tecnoloxías da información e comunicación nos contextos de formación está adquirindo maior significación e facendo un bo e correcto uso delas e tamén implicando activamente ao alumnado nelas pódense extraer moi bos resultados en canto ao contexto académico se refire.

 

http://edutec2004.lmi.ub.es/pdf/147.pdf

http://www.educacontic.es/

As NNTT aplicadas a educación

Competencias do pedagogo/a ante as TICs

Continuando na mesma liña da miña última entrada ao blog, falarei hoxe das competencias que o pedagogo/a debe desenvolver ante as TIC.

Como xa dixen na miña anterior entrada a ensinanza vai cambiando e adaptándose as novas tecnoloxías aínda que tamén é certo que temos neste campo un longo camiño por andar.

Pois ben, neste sentido, o profesor desempeña un papel importante, pois é o que realiza a selección de medios e ferramentas que considera axeitados para a aprendizaxe do seu alumnado. A innovación tecnolóxica esíxelle ao docente ou educador funcións como:

- Asesor e guía da auto-aprendizaxe.

- Motivador e facilitador de recursos.

- Deseñador de novos entornos de aprendizaxe con TICs.

- Adaptador de materiais dende diferentes soportes.

- Avaliador dos procesos que se producen nestes novos entornos e recursos.

Pero para desempeñar correctamente as funcións anteriores moitos dos docentes manifestan unha necesidade de formación, tanto no aspecto técnico do funcionamento dos recursos tecnolóxicos como no coñecemento didáctico ou aplicación a ensinanza para poder introducir e empregar na aula as TIC. É aquí cando o pedagogo/a debe dar a coñecer, orientar e formar ao profesorado sobre o abanico de posibilidades que plantexan as TIC, e os criterios, pautas e accións a seguir para a súa axeitada integración no contexto educativo según as circunstancias e características concretas do alumando.

A tarefa de formar ao profesorado nas NNTT correspóndelle aos profesionais da pedagoxía, unha complicada actividade para axudar e alfabetizar aos profesores na súa adaptación a linguaxe e recursos que as NNTT ofrecen.

Considero que para afrontar esta tarefa é necesario que os profesionais deste campo mostren unha actitude positiva de cara os cambios e innovacións, pois todo o que mellore a educación e o proceso de ensinanza dos alumnos será positivo. Así mesmo, tamén penso que un dos problemas que ten que afrontar o sistema educativo é o método de traballo que seguen a maioría dos docente; método tradicional con poucos cambios e innovacións converténdose en algo rutinario e mesmos aburrido. A maioría destes docentes xa son de idade avanzada co que a introdución das TIC nas súas materias resúltalle complicado e difícil. Ata que non se cambie esta mentalidade moitos dos seus alumnos non poderán disfrutar das vantaxes que ofrecen as TIC para aprender.

http://edutec2004.lmi.ub.es/pdf/147.pdf

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT)

O pasado 4 de Maio, foi inaugurada unha das sedes do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), concretamente a sede coruñesa. A misión do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía consiste en contribuír a educación científica e tecnolóxica da sociedade española, facendo que esta comprenda, aprecie, empregue e desenvolva os coñecementos, actitudes e métodos da ciencia.

Os obxectivos principais deste museo son: contribuír a popularizar a ciencia e mellorar a educación científica de todos os cidadáns, así como conservar e por en valor o patrimonio histórico da ciencia e tecnoloxía.

Ademais das exposicións de todo tipo que presenta, realizan conferencias, actividades lúdico científicas, talleres didácticos, colaboran na formación do profesorado de ciencias, publican catálogos e obras de divulgación, etc.

O MUNCYT pretende ser tamén, escaparate da ciencia española, promovendo o coñecemento da actividade dos centros nacionais de investigación e actuando como referente social e punto de encontro en materia científica e tecnolóxica.

Este museo, conserva máis de 15000 obxectos, entre instrumentos científicos, aparellos tecnolóxicos, vehículos de transporte e ferramentas industriais. Dende o século XVI ata a actualidade, a maioría das pezas proceden de colexios e centros de ensinanza secundaria, universidades e institucións científicas, coleccións particulares e donacións.

 

 

http://www.muncyt.es/

Software Libre

Un concepto ao que se fixo referencia ao longo da materia foi o de Software Libre, quixen achegarme un pouco máis a este concepto indagando e buscando información para realizar a entrada ao blog de hoxe.

Un software é libre cando se pode coñecer, empregar, crear, programar, comunicar e compartir sen restricións. Partindo desta base, todo o mundo pode contribuír a mellorar o software libre sen ter que pagar nin pedir autorización a ninguén, e que estas melloras se poñan a disposición de calquera persoa.

Este software constitúe unha alternativa de solucións de deficiencias do software propietario. Isto non quere dicir que un sexa mellor ou peor que outro, senón que se trata de diferentes alternativas que se ofrecen aos usuarios.

Ademais o software libre é un paso máis que a sociedade dou no desenvolvemento do movemento libre da información e na produción de coñecemento, xa que como todos sabemos vivimos na Sociedade da Información.

CARACTERÍSTICAS DO SOFTWARE LIBRE:

- Flexibilidade e adaptabilidade.

- Fiabilidade e seguridade.

- Libre e baixo custo.

- Relación próxima co usuario.

- Non hai que pedir nin pagar permisos.

- Libre acceso.

- Entre outras…

Vantaxes e Inconvintes do Software Libre

 

http://tice.wikispaces.com/Software+libre

 

Competencia Dixital

Este vídeo é unha breve descripción sobre que é a Competencia Dixital e como se pode traballar coas TIC nas escolas. Realizado por Manuel Area, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Laguna, na que impartiu a materia de Tecnoloxía Educativa.

Competencia Dixital

Recursos analóxicos e dixitais

Nunha das sesións que tivemos ao longo da materia vimos que hai diferentes tipos de recursos; pois falamos dos recursos analóxicos e dos recursos dixitais.

A continuación definirei cada un deles, que teñen as súas vantaxes e inconvintes, pero moi distintos entre si.

- Recursos Analóxicos: estes recursos están formados por información analóxica, esta é concreta e moi similar a realidade. Algúns exemplos de recursos analóxicos atopámolos nos libros, xornais, dicionarios, maquinas de escribir, etc.

- Recursos dixitais: neles a información está formada por símbolos abstractos (números, letras…) que se deben coñecer para logo interpretar dita información. Ao contrario que nos recursos analóxicos, nestes non hai similitude coa realidade. Algúns exemplos son, ordenadores, proxectores, libros dixitais, páxinas web, etc.

Despois de describir cada un dos recursos e por exemplos deles, podemos dicir que nos últimos anos os recursos dixitais imponse aos analóxicos. Este feito transformou numerosos ámbitos da sociedade, xa que empresas, a educación e mesmo a sanidade transformaron os recursos analóxicos polos dixitais. Pero a pesares de que nos últimos tempos dominen os recursos dixitais sobre os analóxicos é necesario dicir que este feito non é porque uns sexan mellores que outros. Como xa dixen teñen as súas vantaxes e inconvintes pero son iguais de útiles e válidos polo que se deberían empregar por igual e non que uns fagan desaparecer aos outros. E para rematar coa entrada, e sendo consciente do avance das novas tecnoloxías preguntome, ¿desaparecerán os recursos analóxicos ata tal punto que os que predominen sexan os dixitais?

 

http://peremarques.pangea.org/glosario.htm

http://conteni2.educarex.es/