8. OBSERVACIÓNS FINAIS E AUTOAVALIACIÓN

A regata vai chegando ó seu fin, xa cruzamos a meta e agora imos coa traíña cara ó peirao. Foi unha experiencia moi satisfactoria, que comezou cos nervios previos, subidos xa á traíña e esperando a que nos desen a saída, os nervios por pensar en cómo sería a regata, qué dificultades atoparíamos, en qué posición remataríamos, etc.

O certo é que esta non era unha regata coma as demais, esta é unha regata totalmente única, pero cada remeiro esforzouse ó máximo, aportou todas as súas enerxías en forma de coñecementos e traballos, para conseguir entre isto e o apoio da patroa Lourdes, facer que a traíña avanzase a gran velocidade polo mar de información da rede social.

Para esta regata tiven que prepararme a conciencia, con sesións diarias de ximnasio buscando e seleccionando a información necesaria, horas de carreira redactando as miñas entradas semanais para o blog e comprobando os meus progresos revisando as miñas publicacións e tratando de unilas co traballado na clase ademais de buscar novos temas para facer novas publicacións que gardasen relación co anterior.

Outro reto ó que tivemos que facer fronte durante a regata foi o de buscar un fío condutor, unha especie de metáfora que nos permitise presentar os nosos traballos de forma ordenada e relacionada. Logo de estudar diferentes exemplos que puidesen servir de fío condutor, decidín decantarme polo da traíña, así puiden seguir avanzando e comezar a darlle forma ó meu portafolios, achegándome cada vez máis á liña de meta. 

Ademais desta preparación individual tamén adestrei cos meus compañeiros de traíña, cos que percorrín diversos mares dentro da rede social, como as entradas e publicacións no grupo “Voyagers”, no grupo de asesoramento, os debates creados, os comentarios nas publicacións dos meus compañeiros, as preguntas formuladas nas publicacións do meu blog, etc. Toda esta experiencia contribuíu a reforzar os lazos do grupo de remeiros da traíña.

Penso que durante esta regata gañamos en autonomía, pois nós mesmos fomos os protagonistas e elaboramos os portafolios ó noso antollo e incluíndo a formación que recollemos e consideramos pertinente.

Remar nesta traíña é algo realmente produtivo para min, pois sinto que vou adquirindo un estado físico óptimo, pois estoume a decatar de que grazas a este traballo vou ordenando os meus esquemas mentais, vou integrando novos coñecemento e establecendo relacións entre cos que xa posuía e non sabía ben onde situar.  

chegada

Non podo dicir que este sexa o fin do meu traballo, pois unha vez que chegue a porto non penso abandonar este deporte, seguirei botándome ó mar de cando en vez, remando e achegando novas entradas ó blog, pois nas miñas publicacións sempre deixo interrogantes abertos. Este sería máis ben o final da regata, agora toca que a xuíza nos de os premios correspondentes a cada un.

Outro motivo polo que sería imposible dicir que o traballo está rematado, é que podería pasarme a vida publicando e xamais chegaría a recoller toda a información relacionada co asesoramento. Ademais, co cambio dos tempos, moitas das ideas que recollo nas publicacións e reflexións publicadas poden quedar obsoletas. É por iso que espero que este portafolios e os dos meus compañeiros sirvan de apoio ós compañeiros de vindeiros anos, para que entre todos sigamos construíndo saber nesta rede social, pois xamais chegaremos a sabelo todo, pero canto máis saibamos mellor.

“Saber que se sabe lo que se sabe y que no se sabe lo que no se sabe; he aquí el verdadero saber” Confucio

“El que cree que todo lo sabe, es porque está terriblemente confundido” Albert Einstein