7.b PROXECTO DE FUTURO

Como ben sabemos, todo club conta cun proxecto de futuro. O patrón debe estar informado de todo o que garda relación con este asunto. Dentro deste proxecto futuro podemos atoparnos con diversos aspectos como por exemplo: os obxectivos da tempada, a posición na que se espera rematar, a categoría na que se quere estar o vindeiro ano, a importancia que se lle outorgará ós remeiros da base, os contratos de patrocinio coas empresas para mellorar a situación económica, etc.

patocinador

Se o patrón coñece todos estes aspectos, poderá saber mellor como estar preparado para afrontar o traballo presente e futuro na súa traíña.

Co asesoramento pasa o mesmo, debemos considerar o momento que estamos vivindo e ver qué nos pode deparar o futuro para afrontalo da mellor maneira posible.

Por exemplo, no mundo actual, Internet ten unha vital importancia no noso día a día. Dispoñer de conexión á rede parece ser algo indispensable para calquera estudante ou traballador. A rede é unha construción virtual paralela á nosa propia realidade, que nos permite expandir o noso mundo e enriquecelo, posto que podemos atopar calquera ámbito do mundo real na rede, podemos atoparnos con múltiples cuestións, pero sobre todo, a rede permítenos acceder a unha cantidade case infinita de coñecemento e saberes que nos axudan a resolver as dúbidas que nos poidan xurdir. Supón unha ferramenta que aumenta a nosa autonomía, pois a rede serviríanos de guía, de axuda, de apoio, polo tanto para acceder ó saber; polo tanto ¿Non cumpre a rede unha función asesora? ¿É a rede o maior asesor que existe? ¿Atopamos nela exemplos de asesoramento en diferentes escenarios?

Outro aspecto do que poderíamos falar é dos recortes anteriormente mencionados. Dentro da educación, o asesoramento e a orientación vense duramente golpeados por este feito. ¿Podería isto chegar ó punto de que a figura do orientador desapareza dos centros? ¿Poderían os departamentos de orientación ter os seus días contados? ¿E a atención as necesidades especiais podería deixar de ter sentido? Esperemos que a resposta sexa non, ou que polo menos non se cargue contra o asesoramento.

No caso de que se chegue ó punto de recortar drasticamente a orientación, unha medida que se me ocorre para satisfacer as necesidades políticas de recortar, sen chegar a acabar coa orientación, é a da creación de “asesores comarcais”. Isto consistiría basicamente en que un asesor se ocupa de realizar as tarefas que lle son propias dentro dunha determinada extensión territorial, atendendo a varios centros educativos. O favorable podería ser que se conseguiría con maior facilidade un traballo en rede, promovendo que os colexios da mesma zona manteñan contacto e colaboren, buscando medidas que favorezan unha educación de calidade para o alumnado e que estea relacionada en todos os centros da comarca. Tamén podería favorecerse a participación de clubs deportivos ou outras institucións que propoñan actividades nas que participen os nenos, pois así poderíase traballar entre todos en favor dunha determinada educación que non entre en confrontación nunhas ou outras institucións. O que me parece é que sería unha tarefa complicada e que esixiría un gran esforzo, ademais dubido se as necesidades dos centros poderían ser atendidas ca mesma eficacia que as pode atender o departamento de orientación dese propio centro ou se podería chegar a coñecer a cultura e as características de cada centro tan ben como o pode facer o orientador. Aínda que como antes dixemos cada centro debe ser autónomo e os seus profesores deben de facerse co empoderamento e ser autónomos para resolver eles mesmos as súas dificultades, polo que tal vez unha función principal deste asesor que propoño tivera que ir en este sentido, en dotar de autonomía ós centros.

Tamén considero necesario facer referencia neste apartado ós modelos de orientación e asesoramento, xa que estes foron xurdindo ó longo dos anos. Polo tanto, ¿Pode ser que ante un cambio na escola estes modelos sexan insuficientes? ¿Poderán aparecer novos modelos que atendan mellor a esa futura escola? ¿Chegarán a ser inoperantes os modelos dos que hoxe dispoñemos? 

Como este é un apartado que fala de posibilidades futuras, considero que estes interrogantes deben quedar abertos, posto que cada quen poderá ter a súa propia opinión igual que eu teño a miña. Todo o que poida responder son só suposicións e posibilidades que me plantexo. Penso que é unha boa forma de estar preparado para o que poida vir, posto que estudo diversas opcións, inda así só o paso do tempo nos dirá qué nos depara o futuro, e cando este chegue seguiremos pensando que nos atoparemos máis adiante. 

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/21997/reflexins-grupais-sobre-o-asesoramento