6.a COMPROMISO DE TRABALLO

Para que a traíña avance, todos os remeiros deben comprometerse para traballar de forma conxunta buscando o beneficio de todos. Será o patrón quen os guíe e os anime durante as regatas, pero o éxito só se lograra se cada quen traballa polo ben de todos e non polo seu propio interese. Se un remeiro decidira prescindir dos compañeiros entón a traíña non avanzaría como debería, podería desviarse, esixir un sobreesforzo dos demais, facer que quede varada, etc. E se un só remeiro intenta levar a traíña pola súa conta, o que sucederá é que só movendo o seu remo non sexa capaz de mover a traíña e que só ande en círculos sen moverse do seu sitio, quedando á mercé da corrente.
compromiso
 
Algo similar sucede no caso do asesoramento, pois para que se produza un cambio efectivo todos deben traballar na mesma dirección, seguindo un modelo colaborativo. A continuación trataranse algunhas das consideracións mais importantes para proceder buscando o éxito. 

A escola ten que converterse nunha institución democrática, que se constrúe e avanza a través das relacións e achegas dos integrantes, e onde se garanten e respectan os dereitos e intereses de cada un. A comunicación vaise converter polo tanto no principal instrumento deste modelo colaborativo, posto que lle outorga a todo o profesorado o dereito a participar na toma de decisións expoñendo os seus propios intereses e opinións. Todos os implicados deben ser axentes activos neste proceso de cambio.

Os compañeiros teñen que apoiarse entre eles, non só é o asesor quen presta apoio.

O asesor ten que saber como mover ó grupo. Para isto, hai que aproveitar aquelas situacións que poidan axudar para motivar ó profesorado, para favorecer o traballo e a mellora; hai que ser oportunista e estar atento a esas situacións.

O asesor vai ser un compañeiro de viaxe, que traballa ó mesmo nivel que os profesores, non é unha figura de autoritarismo, iso si, a axuda que presta debe ir reducíndose paulatinamente, facendo que os mesmos profesores sexan autónomos e regulen a súa actividade, é dicir, que vaian aumentando o seu empoderamento.

Ó longo deste cambio é moi importante construír comunidades de aprendizaxe, incluíndo nelas ó entorno da escola (pais, nais, veciños, etc.), para tentar lograr así unha escola de calidade para todos e na que todos poidan participar.

Esta forma de proceder que estamos a describir, a do cambio dende a propia escola producido pola colaboración de todos, é a maneira máis produtiva de lograr que o cambio chegue a ser efectivo.pero sen embargo, parece que as autoridades administrativas propoñen Reformas Educativas, que veñen impostas dende fóra do centro, e esta parece ser a principal razón pola que ditas reformas non conseguen que se produza un cambio efectivo que mellore a calidade educativa.

Esta forma de traballar pode facer que unha vez que os mestres expresen as súas opinións, estas entre en conflito coas doutros compañeiros/as, inda que non é algo, pois a través do diálogo e da comunicación poderase chegar a un consenso que permita o avance do grupo. Vemos pois, que ademais da comunicación, como antes indicamos, o conflito será outro aspecto destacado neste modelo, pero sendo un conflito este, que se resolve, chegando a ser produtivo para o grupo. 

Non obstante, a pesar de todos os beneficios que se acaban de describir, este modelo tamén ten que facer fronte á resistencia que algúns docentes presentan ante os cambios. As causas da mesma poden ser moi diversas, entre elas podemos destacar que non se comprenda o que se propón, que se antepoñan os intereses persoais ós do grupo, que exista desconfianza cara ós individuos que propoñen o cambio, que se perciba como inviable levar á práctica esta nova proposta, que non se dispoña dos recursos necesarios ou unha preferencia por aferrarse ó tradicional. Estas reticencias poden manifestarse de forma aberta e inmediata, implícita ou diferida.  Por tanto, á hora de levar á práctica este modelo, teremos que preguntarnos a qué tipo de problema nos estamos a enfrontar, porqué xurde este problema, propoñer solucións que salvagarden estas dificultades, aproveitar os seus posibles efectos beneficiosos, etc.

En definitiva, a propia escola debe ser unidade básica de cambio, adaptándose ás súas propias necesidades e realidades. Para que isto chegue a ser posible débese capacitar ó profesorado para que sexa competente e logre levar a cabo dito cambio, xa que se trata de algo complicado e laborioso, pero que pode levar a alcanzar o éxito e a promover unha escola de calidade realmente efectiva.

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/23569/cmo-debe-actuar-un-asesor-hora-de-comezar-a-traballar-nun-centro


http://stellae.usc.es/red/blog/view/24313/unha-simple-reforma-basta-para-cambiar-a-escola