6.b SABER AFRONTAR AS SITUACIÓNS ADVERSAS

O patrón dunha traíña é o maior apoio psicolóxico para os seus remeiros, polo tanto debe ser capaz de transmitirlle ós membros da traíña os ánimos e a motivación necesaria para seguir remando con forza e afrontar as carreiras, inda que non gañen ou queden últimos non poden abandonar, senón que teñen que seguir remando para rematar as carreiras e ir mellorando pouco a pouco.

O asesor dun centro educativo realiza unha función similar á do patrón, pois nun centro educativo os docentes poden verse afectados por causas que lle producen malestar. Hai que ter en conta que existen causas que poden producir tanto malestar como benestar de forma indistinta; a clave vai a estar en como se afronte esa situación.

A forma de afrontar estas situacións, vai a ter que ver moito coa resiliencia, que é o axuste saudable á adversidade (Michel Manciaux). É dicir, a capacidade dunha persoa ou un grupo para facer fronte á adversidade. Se somos resilientes é máis fácil que logremos afrontar situacións complicadas, evitando que nos causen un malestar. Entón, os asesores debe ser resilientes e axudar a crear unha escola que sexa tamén resiliente, para que se poidan afrontar as situacións adversas co fin de seguir avanzando.

chorar

O asesor debe ter en conta os seguintes compoñentes a desenvolver para chegar a ser resilientes:

  • Flexibilidade psicolóxica.
  • Ser activo/a.
  • Participación en diferentes actividades.
  • Capacidade de reiniciarse.
  • Tolerancia cun mesmo e cos demais.

En definitiva, o asesor debe situarse no bando do benestar; ademais de lograr ser un modelo resilientes para os seus compañeiros e amosarlle como poden chegar a selo eles, coa finalidade de conseguir unha escola resiliente capaz de afrontar situacións adversas.

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/26084/reflexin-sobre-o-malestar-e-o-benestar-docente