5. FORMA DE PROCEDER MÁIS ACONSELLABLE

Cando un patrón asume o reto de facerse cargo dunha traíña, o máis habitual é que reciba consellos doutros patróns, do club, doutros remeiros ou que empregue as súas experiencias previas. Así pois, pode dispoñer dunha serie de pasos nos que apoiarse ó asumir ese novo reto de forma exitosa.

motivar

O que busco neste apartado é algo similar, pois presentarei unha serie de cuestións que son aconsellables para que un asesor que comeza nunha escola a exercer a súa función, logre que as súas iniciativas teñan éxito e poida conseguir o que se propón.

Para isto hai que ter en conta:

  • As opinións e motivacións de cada un dos profesionais do centro son moi importantes e deben ser consideradas.
  • As habilidades sociais son fundamentais para saber relacionarse de forma axeitada cos demais.
  • Os contextos informais son moi produtivos para mellorar as relacións cos compañeiros.
  • Grazas á comunicación cos demais podemos coñecer a cultura do centro, as relacións que se manteñen, saber máis cousas sobre os compañeiros e sobre a escola, etc.
  • Non tratar de impoñer un cambio nada máis chegar, o cambio debe ser gradual, contemplando o marxe de mellora e acción en cada momento por parte de esa escola.
  • O asesor debe ser prudente.

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/23569/cmo-debe-actuar-un-asesor-hora-de-comezar-a-traballar-nun-centro