4.a FORMA DE TRABALLO QUE SE VIÑA LEVANDO ATÉ O DE AGORA

Cada club ten a súa propia historia e filosofía de traballo, polo que debemos ter este aspecto en conta para continuar o noso traballo a partir do que aquí se viña facendo.

Nos colexios sucede outro tanto do mesmo, cada escola ten a súa historia, unha identidade e cultura de traballo propia. Ó falar de cultura estamos a facer referecia a un conxunto de significados (valores, normas, crenzas, intereses, expectativas, etc.) que configuran un modo de “ver as cousas” respecto á organización escolar e ós procesos de ensino-aprendizaxe (González, 1991; 1994).