4.b RELACIÓNS DOS REMEIROS

Outro aspecto importante é o da relación que existe dentro do equipo, é dicir, se os remeiros son bos compañeiros, se existen relacións conflitivas entre eles, se existen novos remeiros que non estean integrados, etc. Todas estas cuestións deberán ser tidas en conta, pois van a afectar ó rendemento do equipo e van a repercutir como antes dixemos en que consideremos máis adecuado empregar un ou outro modelo de traballo.

relacions grupo

Estes aspectos que acabamos de destacar tamén son moi importantes dentro do asesoramento escolar, por unha razón moi similar ás que indicamos para o club de remo.

En función da cultura imperante en cada centro, e basándonos nos estudos de Hargreaves (1991), podemos falar de catro modelos de cultura profesional, pero que non teñen porqué axustarse ó modo de traballar de todos e cada un dos membros de dito centro.

O primeiro modelo sería o chamado individualismo fragmentado, que se caracteriza por un traballo illado, solitario e privado dos docentes. As únicas interaccións que se dan son charlas informais e pouco profesionais en espazos externos do centro (corredores, patio, comedor, etc.). A disposición espacial e temporal da escola favorece este tipo de cultura.

O segundo de ditos modelos é o que Hargreaves denomina balcanización, que se caracteriza pola existencia de grupos de profesores enfrontados e que compiten entre si buscando posicións de privilexio, supremacía e independencia respecto dos demais; como pode supoñerse apenas existe comunicación.

O terceiro modelo sería o da colexialidade forzada, onde o traballo en equipo se realiza a través de reunións que buscan introducir as innovacións propostas dende fóra. Pode parecer que existe un traballo colaborativo, pero isto no es así, xa que estas reunións son froito da presión administrativa externa e só se busca resolver asuntos burocráticos, non hai compromiso senón que predomina o individualismo.

O cuarto e último modelo sería o da cultura colaborativa, que se da en centros cun forte sentido de comunidade e no que as persoas comparten uns principios e ideais que os fan traballar conxuntamente cara un tipo determinado de escola. Dito modelo, é o que máis nos interesa, posto que rompe coas organizacións burocráticas tradicionais, ó traballar todo o profesorado de forma conxunta na planificación e posta en práctica do currículo. Isto converte á escola nunha unidade de cambio e fai que os seus profesores/as sexan suxeitos activos, que a través da comunicación participen nas decisións que implican ó centro.

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/23893/tipos-de-interaccins-entre-profesores