1. OPCIÓNS DE TRABALLO

opcións de traballo
Á hora de traballar coma patrón, debemos ter claro que o patrón do que aquí estamos a falar é o de traíña, non estamos a falar dun remeiro, dun piragüista, dun monitor de actividade física, dun licenciado en actividade física e deporte, etc. Pese a que entre eles poidamos establecer similitudes e relacións, cada un posúe as súas particularidades.

No asesoramento ocorre o mesmo, posto que existe bastante confusión no que se refire ó establecemento de diferenzas entre asesoramento e orientación. A continuación expoño o resultado das miñas pescudas no que se refire a este tema:

O certo é que non resulta sinxelo facer unha distinción entre asesoramento e orientación, pois a pesar de que nun principio si que existía unha clara diferenza entre elas, co paso dos anos foron evolucionando até confluír e facer bastante complicado realizar unha clara diferenciación entre elas, este aspecto verémolo máis claramente noutro apartado onde trato os antecedentes e a evolución histórica da orientación. Iso si, comentaremos algúns trazos que se consideran característicos de cada unha delas.

  • O asesoramento ten unha gran importancia dentro da educación non formal. Está presente en diferentes escenarios, ámbitos ou situacións. En certos campos é unha profesión e noutros é máis ben trátase duns roles que matizan a profesión e a dotan duns aspectos diferentes.
  • O asesoramento pode estar situado dentro ou fóra do centro escolar e co apoio do persoal docente ou externo. No ámbito escolar, o asesoramento está englobado dentro das funcións do orientador.
  • O asesoramento é coma unha axuda ou unha guía na que o asesorado vai adquirindo o empoderamento para facerse cargo da súa propia situación, aumentando así a súa autonomía. É a propia persoa asesorada a que toma as decisións.
  • Un bo asesoramento é aquel que non crea dependencia, senón autonomía, confianza e seguridade.
  • Os dous piares do asesoramento son o apoio e a axuda.
  • O asesoramento busca traballar coa persoa e non sobre ela, é dicir existe unha horizontalidade na forma de traballar. É máis suxerinte.
  • O asesoramento ten un carácter máis proactivo.
  • O asesoramento é un traballo máis colaborativo, grupal e contextualizado.
  • O asesor debe posuír unha formación específica do campo no que está especializado. Ademais é importante que sexa competente noutros aspectos coma as relacións persoais.
  • A orientación ten un carácter máis individualizado.
  • O orientador ten un estatus superior ó orientado (non se traballa ó mesmo nivel)
  • A orientación é máis directiva e reactiva. Correspóndese cunha visión máis clínica.

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/21109/pesquisas-sobre-a-informacin-que-recibimos-nas-materias-do-curso-pasado-sobre-o-asesoramento

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/21997/reflexins-grupais-sobre-o-asesoramento

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/22273/mis-que-palabras

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/22563/reflexin-das-pxinas-donde-se-extraeron-as-fotos-sobre-orientacin-e-asesoramento