2.2. ¿Qué entendemos por asesorar?

2.2. ¿Qué entendemos por asesorar?

Última actualización de en Raquel Ferreiro Mareque

     A primeira tarefa que se nos pedíu, para elaborar en pequenos grupos, foi a de reflexionar sobre o que entendíamos por asesoramento, e para iso tivemos que contextar as seguintes respostas:

 

  • Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento (cantos máis diversificados mellor).
  • Que fai un asesor ou asesora?Describir as tarefas desenvolvidas.
  • Que entende por asesorar o grupo de traballo?Elaborar unha definición.
  • Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación se necesita?

 

     No seguinte enlace podedes ver as respostas que elaboramos as tres compoñentes do grupo Bolboretas.

http://stellae.usc.es/red/blog/view/21084/tarefa-1-qu-entendemos-por-asesorar

 

     Continuando coa tarefa proposta anteriormente, na cal tiñamos que identificar os escenarios nos que se desenvolven as tarefas de asesoramento, e o que supoñían ditas tarefas, neste terceiro apartado o traballo consistía en levar a cabo unha reflexión grupal sobre as actividades realizadas polos grupos de traballo. Desta forma, o que debiamos facer era analizar en que medida as apartacións de cada grupo eran correctas, os aspectos en común, etc.

     As diferentes ideas que saíron durante a sesión permitíronme levar a cabo unha reflexión máis profunda sobre o concepto de asesoramento e o rol do asesor.

     Así pois, o asesoramento é entendido como un proceso de axuda e apoio orientado cara o cambio ou a mellora do que deben responsabilizarse conxuntamente, tanto o profesional que asesora como o que é asesorado. Normalmente, a relación de asesoramento xorde a petición do asesorado, cando este solicita axuda para resolver algún problema detectado no exercicio da súa labor.

     A figura do asesor podería definirse entón como a de un facilitador ou observador, como a persoa que guía, orienta e axuda a buscar solucións e a axilizar os procesos de cambio e de mellora. Os asesores, así pois axudan a definir con precisión os problemas que o asesorado debe afrontar, buscan solucións viables aos mesmos e avalían a posta en práctica desas solucións.

     Ese proceso de resolución de problemas é preciso que sexa un proceso conxunto no que, tanto o asesor como o asesorado se responsabilicen de cada unha das tarefas que implica. Así pois, e importante que cada participante aporte ao outro a súa experiencia e coñecementos para resolver o problema que lles ocupa e que as decisión que se tomen sexan consensuadas. A resolución do problema será un acto conxunto na medida na que o asesorado se lle permita asumir toda a responsabilidade da que sexa capaz e se lle anime a intervir en cada paso que se vaia dando. Así, a medida que o proceso vai avanzando, o asesor poderá ir reducindo a súa participación en cada unha das fases do proceso para que o asesorado as poida ir asumindo ata chegar a facelo plenamente.

 

                                                   image