3.1. Revisión dos modelos de Orientación e Asesoramento

 

     Nesta tarefa levei a cabo unha revisión dos diversos modelos, tanto de orientación como de asesoramento, intentando reflexionar acerca de cales son os elementos que teñen en común e en cales discrepan.

     Os modelos de orientación son según Bisquerra (1998) a representación que reflexa o deseño, a estrutura e os compoñentes esenciais dun proceso de intervención en orientación. Entre as súas función destaca a de servir de guía para a acción así como a de propoñer liñas de actuación práctica, xa que suxiren procesos e procedementos concretos de actuación.

     Álvarez y Bisquerra (1997) levan a cabo a seguinte clasificación dos modelos de orientación:

  • Modelos teóricos: baseados nos enfoques elaborados por diversas correntes e autores. Exemplos: modelo conductista, modelo de Super, modelo tipolóxico de Holland, etc.
  • Modelos básicos de intervención: supoñen a unidade básica de intervención e inclúen:

           ~Modelo clínicos (counseling): céntrase en satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo e socio-profesional do individuo, e parte da entrevista como o procedemento principal para afrontar unha intervención directa e individualizada.

           ~Modelo de programas: o programa deseñase para un grupo de suxeitos, coa pretensión de que os resultados alcancen a todo o alumnado, deste xeito todos os axentes educativos e socio-comunitarios se ven implicados.

          ~Modelo de consulta: relación entre iguais, profesionais de estatus similares, onde o orientador, non só centra a acción sobre o suxeito, senón que tamén o fai sobre o consultor do fin de planificar o plan de acción para o logro duns obxectivos.

  • Modelos mixtos de intervención: os modelos básicos poden ser combinados para xerar un modelo mixto que satisfaga as necesidades dun contexto determinado. Exemplos: modelo socio-comunitario, modelo psicopedagóxico, etc.
  • Modelos organizativos: son as propostas que se fan nun contexto e nun momento determindado:

          ~Modelos istitucionais: modelo MEC, modelo das Comunidades Autónomas, modelo INEM, etc.

          ~Modelos particulares: gabinetes privados de orientación, centros educativos privados, etc.

 

     No que se refire aos modelos de asesoramento Nieto Cano, J. M. (2001) fai a seguinte clasificación:

  • Modelo de intervención: a intervención define un tipo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesora. Esta é a encargada de interpretar e definir, de acordo co seu marco conceptual, a realidade da parte asesorada, determinando as discrepancias entre o que ésta é ou está facendo e o que debería ser ou facer, e prescribindo aquelas actividades que van a permitir solucionar os seus problemas, superar as súas necesidades ou compensar as súas deficiencias.
  • Modelo de facilitación: a facilitación define un tipo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesorada. Dende este modelo, o papel do asesor non consiste en diagnosticar un problema e suxerir á parte interesada unha solución, máis ben radica en cómo axudar ao profesor para que este sexa capaz de diagnosticar o problema e de atoparlle unha solución.
  •  Modelo de colaboración: a colaboración define un tipo de asesoramento educativo baseado na interdependencia entre a parte asesora e a parte asesorada. Deste modo, a toma de decisión que afectan a resolución de problemas é consensuada, exercida polo asesor e polo profesor en condicións de igualdade de estatus e  de responsabilidade compartida.

 

     Como se pode apreciar, unha vez revisados os diversos modelos tanto de orientación como de asesoramento, é evidente que existe unha gran relación entre estas dúas prácticas, pois tanto a orientación como o asesoramento implican unha función de ofrecer un servizo de apoio e de axuda coa finalidade de mellorar as accións ligadas a ensinanza e a aprendizaxe.

     Sen embargo, entre ambos termos tamén existen elementos de discrepancia, e a diferenza máis significativa radica en que a orientación  implica unha actuación máis directa sobre a persoa. Así pois, o orientador  xeralmente actúa sobre o alumnado, é un servizo directo aos estudantes cunha mediación moi restrinxida por parte do profesorado. Desta forma, concíbese como unha acción máis vertical.

     Pola contra no asesoramento, o asesor ofrece un servizo máis indirecto e actúa con outros profesionais, a un nivel de igual a igual levándose a cabo desta forma unha acción máis horizontal.