3.2. ¿Modelos de orientación ou modelos de asesoramento?

     Continuando coa análise dos modelos de orientación e dos modelos de asesoramento, como xa comentamos en sesións anteriores, a orientación e o asesoramento son dúas prácticas emparentadas nas súas metas, pois as dúas ofrecen unha axuda e un apoio ao sistema educativo. Sen embargo entre elas tamén existen certas diferenzas, que puidemos observar nun cadro que nos mostrou a profesora Lourdes, tendo en conta a orixe de ambos termos, as súa práctica, o poder, a comunicación e a súa meta.

     En canto á práctica, esta, na orientación prodúcese dunha forma directa, pois orientador actúa sobre o alumnado; mentres que no asesoramento, esta, levase a cabo dunha forma máis indirecta, onde o asesor actúa cos profesores ou outros membros da comunidade educativa.

     En relación ao poder, na orientación ten lugar unha asimetría, pois diferéncianse diversos status (o orientador e a persoa que solicita a axuda non se encontran ao mesmo nivel); sen embargo no asesoramento existe unha horizontalidade onde os diferentes profesionais se encontran ao mesmo nivel. Seguindo esta mesma liña, a comunicación tamén é diferente pois mentres que na orientación, esta é unidireccional, no asesoramento é bidireccional.

     Finalmente, en canto á meta, a orientación persegue a resolución de problemas, mentres que o asesoramento busca a capacitación entre asesores e asesorados.

     Así pois, “o asesoramento pode definirse como o proceso de axuda e apoio á (re)construción do currículo elaborado por todos os centros educativos. Todos os apoios tanto internos como externos aos centros, que se dirixen a elaboración e posta en práctica de proxectos curriculares, estarían no ámbito do asesoramento curricular”. (Moreno Olmedilla, 2004).

            Unha vez revisadas as diferenzas entre ambos conceptos, levamos a cabo a realización dunha tarefa en pequenos grupos e que a posteriori comentamos en gran grupo. A actividade consistiu en escoller un modelo e analizar a súa pertenza para ser considerado orientación ou de asesoramento. Unha vez escollido o modelo, debiamos poñer un exemplo da vida real onde viramos poñer en práctica dito modelo, baseándonos principalmente nas nosas experiencias vividas durante os diversos perídos de prácticas.

     O modelo escollido polo noso grupo foi o modelo clínico (Bisquerra, 1998), que segundo a clasificación deste autor, atópase dentro dos modelos básicos de intervención. Outros modelos elixidos polos diferentes grupos da clase ao longo da sesión foron: o modelo de consulta, o modelo educacional-constructivo, o modelo sociopsicopedagóxico-comunitario, e o modelo de colaboración.

     Algúns destes modelos, non se podían establecer nun único tipo (orientación ou asesoramento) xa que ao analizar as súas características, estas podían pertencer ou ben ao de orientación ou ben ao de asesoramento polo cal se podían considerar dos dous tipos.

     Unha vez comentados todos os modelos elixidos polos grupos chegamos a unha serie de conclusións:

             ~ Hai unha serie de modelos que son similares, e en función dunha situación ou outra, poderemos escoller uns ou outros ou incluso complementalos.

             ~ Non debemos servirnos exclusivamente dun modelo, e tampouco clasificalos como “bos” ou “malos”.

             ~ Hai modelos de orientación que se adaptan aos modelos de asesoramento e viceversa, en función da flexibilización que o profesional lle dea á súa actuación.

     Para rematar, a profesora encomendounos outra nova tarefa que supón a lectura de dous textos: por un lado Comprender y Redireccionar las prácticas de asesoría de Domingo Segovia, e por outro Sobre la realidad y el deseo. Una visión del asesoramiento de Lourdes Montero e Mª Dolores San.