No sendeiro polo avanzamos cara ao asesoramento, é preciso que nos deteñamos a reflexionar sobre algunhas das habilidades básicas que debe posuír o profesional que desempeña dita tarefa: o asesor/a.
Como xa comentei en anteriores ocasións, o asesor psicopedagóxico e aquel profesional da educación que apoia, guía, orienta e axuda a o individuo nas distintas etapas do desenvolvemento para lograr a súa integridade, cunha visión innovadora. Como profesional da educación, o asesor psicopedagóxico debe de estar ao tanto das innovación, debe estar sempre disposto a cambiar e ter a visión de cambiar á sociedade, ademais debe ter unha actitude de mellora ante o que faga ,e ser capaz de rediseñar e en xeral mellorar a educación.
Así pois, ara conseguir ese propósito, o asesor debe posuír un conxunto de habilidades, de capacidades, de competencias por e para o traballo cotián, por e para a difícil tarefa que supón asesorar, apoiar e orientar o traballo de outros/as, dos verdadeiros protagonistas do proceso educativo. A posesión destas habilidades supón un auténtico reto para nós como futuros profesionais, como técnicos do apoio externo, como dinamizadores do cambio educativo, da innovación e da capacitación dos centros para atender máis e mellor ao entorno social.
Entre esas habilidades destacan: