Navegación

1. Presentación do Compositor

1. Presentación do Compositor

Última actualización de en EU

image

         Chámome Hadrián e pertenzo ao Concello de O Pino, máis en concreto a Arca, unha pequena parroquia preto de Santiago. A miña vida como estudante plantexábase moi corta despois dun paso horríbel polo Bacharelato, pero aquí estamos, cun Ciclo Superior de Técnico en Animación de Actividades Físico - Deportivas, cunha carreira de Mestre, especialidade Ed. Primaria e por último en 5º de Psicopedagoxía. "Las vueltas que da la vida" di unha coñecida canción dos Suaves...

         Traballar como monitor deportivo marca dende o comezo a miña vida na USC, cambios, xustificantes están amiudo na miña carpeta...A isto podemos sumarlle clases de solfexo na Banda de Música de Arca; clases de preparación física para adultos, preparador físico dos clubes do concello, escolas deportivas do concello, e cofundar un clube de BTT son as principais actividades...digamos que unha axenda moi apretada! TranquilXs, de ouro non me volvo.