2. NIVEL 1. IDEAS PREVIAS SOBRE O ASESORAMENTO.

NIVEL 1.jpg

 

Comezamos a nosa andaina nesta asignatura reflexionando sobre cales eran as nosas concpecións iniciais ou ideas previas sobre o termo asesoramento. Este é, pois, o primeiro nivel da nosa particular partida.

Naquel momento, o asesoramento, resultaba un termo bastatne complexo de definir. En torno a él xurdían palabras tales como colaborar, cooperar, relacións de igualdade, apoio, axuda,...

No seguinte enlace recóllense as miñas ideas iniciais antes de comezar a afondar neste tema:

ASESORAMENTO, IDEAS PREVIAS

 As ideas que cada un de nós tiñamos de maneira individual fóronse ampliando e enriquecendo coas concepcións dos diferentes grupos de traballo, as cales se  puxeron en común e se reflexionou sobre as mesmas.

No grupo SANCOSMEIRAS,  formado por Paula Alborés e eu, tratamos de sintetizar a información aportada polos nosos compañeiros no seguinte documento. Nel abórdase cales son os principais ámbitos de asesoramento, as tarefas do asesor, intentase chegar chegar a unha definición de asesoramento, analízase se existe ou non a profesión de asesor e indícanse as fontes de información empregadas para fundamentar as respostas.

image 

http://stellae.usc.es/red/file/view/22030/tarefa-1-anlise-das-ideas-recollidas-polos-diferentes-grupos

Así, vemos que o asesoramento pode ter cabida en multitude de ámbitos: laboral, educativo, xurídico, sanitario... O ámbito no que se leve a cabo condicionará a tarefa do asesor, pero en todo caso esta basearase en informar, apoiar, axudar, sempre desde unha posición de horizontalidade co asesorado.  En cando á definición de asesoramento, no documento  destacase a de Hernández, 2005, pero tamén se elabora unha propia:

"Proceso sistemático que implica unha interacción entre o asesor e o asesorado, consistente na prestación de axuda ou apoio do primeiro, para previr ou solucionar problemas, poñendo en marcha aqueles recursos cos que se conta e encamiñado á toma de decisións. O asesoramento pode estar presente en moitos ámbitos, sendo unha das súas características fundamentais a horizontalidade" .

No que se refire a si existe ou non a profesión de asesor,concluímos que, en algúns ámbitos, como o da imaxe ou o finacieiro, existe a profesión de asesor ou asesora como tal, sen embargo, no eido educativo, o asesoramento é unha das funcións do orientador.

Finalmente, recóllense unha serie de fontes bibliográficas que axudaron a resolver as preguntas formuladas.

Para rematar este primeiro nivel, gustaríame destacar a seguinte idea recollida por un dos grupos: "Os campos nos que se realiza a labor de asesoramento son casi infinitos. Pero todos parecen ter algo en común: cando alguén necesita novas ferramentas para afrontar unha situación, entón un asesor pode axudar e dotar deses instrumentos necesarios." (Grupo La Banda del Patio)