4. NIVEL 3. MODELOS DE ORIENTACIÓN E MODELOS DE ASESORAMENTO

   NIVEL 3..jpg

Para afrontar este novo nivel, primeiramente, debemos aclarar a diferencia existente entre términos tan próximos como a orientación e o asesoramento. Os coñecementos que fomos adquirindo nos primeiros niveis sobre o asesoramento axudarannos nesta tarefa. Ademáis, amplamente se ten debatido en clase sobre isto. De feito, incluso na rede existiu uha discusión en torno a este tema, como se pode ver no seguinte enlace:

http://stellae.usc.es/red/discussion/view/21584

Para fundamentar as nosas ideas tamén é preciso recorrer a fontes bibilográficas. Neste caso, un texto que serviu de axuda foi o de María Mar Rodríguez Romero: "La confluencia del asesoramiento y la oreintación como prácticas de apoyo", ao que se pode acceder no seguinte enlace:

image

http://www.quadernsdigitals.net/datos_web/hemeroteca/r_10/nr_175/a_2161/2161.htm

Así, vemos que unha das principais diferencias entre ambos termos é o da horizontalidade. Esta é a caraterísitica principal do asesoramento, que se debe entender de maneira non xerárquica, xa que implica un traballo de igual a igual. Non obstante, na  orientación as persoas non teñen por que ter o mesmo status. Ademais, na orientación, a práctica dase de modo directo e a relación que se da é unidireccional; sen embargo,no asesoramento, a práctica dase de modo indirecto (aínda que tamén, en ocasións directo) e bidireccional.

Según Rodríguez Romero, a diferencia principal que existe entre ambas prácticas e que o asesoramiento é un servizo de carácter indirecto que trata cos problemas do profesorado, mientas que a orientación é un servizo directo a clientes, estudantes… cunha restrinxida mediación do profesorado. Outra das diferenzas que sinala entre ambas é o trato co profesorado, xa que no asesoramento producese unha relación simétrica entre profesionais do mesmo estatus, mentras que a orientación ten o seu foco de interese nas audiencias con menos poder.

Atendendo ás semellanzas, a principal é o compromiso coas labores de axuda; una axuda que en ambos casos é desinteresada. Outra das coincidencias que sinala a autora son as labores relacionadas co que normalmente se denomina “coñecemento experto”, que se caracteriza polo dominio especializado dun campo de saber. O asesoramento está máis centrado en aspectos curriculares, organizativos e de desenvolvemento profesional.

Quizais a idea principal sexa que asesorar implica traballar con, mentras que orientar busca intervir en. Por tanto, a orientación pode considerarse un servicio de apoio á comunidade, e o asesoramiento como unha das funcións que ten encomendadas o orientador. 

A modo de resumo podemos destacar a idea de que non é o mesmo asesorar que orientar, pero a práctica da orientación implica o asesoramento. Por tanto, orientación entación e asesoramiento non completamente diferentes, senon que son dúas prácticas que converxen e que se relacionan entre sí.  Pode considerarse que a a orientación está atravesada polo asesoramento.

Tras considerar as similitudes e as diferecias entre os dous termos, e seguir afondando no coñecemento de ambas realidades, xurdiu a necesidade de coñecer diferentes modelos de orientación e de asesoramento.

No grupo Sancosmeiras elaboramos un documento no que recollemos diferentes clasificacións sobre os mesmos, aportando algunhas consideracións persoais sobre estas, así como establecendo finalmente  unha breve conclusión sobre as relacións entre uns modelos e outros.

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/22247/tarefa-2-modelos-de-orientacin-e-modelos-de-asesoramento

Desta clasificación,en canto aos modelos de orientación, destacarei a realizada por Bisquerra (1998), quen diferencia entre modelos teóricos, de intervención e organizativos.

En canto aos de asesoramento, sinalarei a clasificación que diferencia entre o modelo centrado en contidos e o modelo centrado en procesos.

Tras a exposición sobre diferentes modelos ,en clase, propúxose seleccionar un dos mesmos. No grupo Sancosmeiras optamos polo modelo de consulta colaborativa, referido por Lourdes Montero e Mª Dolores Sanz no texto "Entre la realidad y el deseo" analizado no nivel anterior, e o cal, desde o noso punto de vista se debe enmarcar en un modelo de orientación sociopsicopedagóxico. As razóns da elección deste modelo detállanse no seguinte documento

image

 http://stellae.usc.es/red/file/view/22904/eleccin-de-un-modelo-de-asesoramiento

En relación cos modelos de orientación e asesoramento tamén me parece oportuno incluír aquí a análise do texto de José Domingo Segovia: "Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría".

 COMENTARIO SOBRE EL TEXTO DE JESÚS DOMINGO SEGOVIA: COMPRENDER Y REDIRECCIONAR LAS PRÁCTICAS DE ASESORÍA.

http://stellae.usc.es/red/file/view/22911/comentario-sobre-el-texto-de-jess-domingo-segovia-comprender-y-redireccionar-las-prcticas-de-asesora

No texto faise un percorrido histórico sobre a evolución do asesoramento e unha revisión dos modelos de actuación, incidiendo na idea de que o que é efectivo nuns casos, non ten por qué selo en outros. "Cada centro necesita seguir  o seu camiño ó seu propio paso desde a súa historia,  as suas posibilidades e con un xusto apoio". Cada situación pode requerir un determinado modelo de asesoramento, pero pouco a pouco considérase que sete debería ir evolucionando cara un enfoque colaborativo, constructivista e de procesos.

 Quixera, pois, concluír coa idea de que non se pode falar de modelos puros, nin de que haxa un modelo que sexa o mellor de todos, senon que é imprescindible que o asesorameento se adapte á realidade de cada contexto educativo.