5. NIVEL 4. ASESORAMENTO CURRICULAR

5. NIVEL 4. ASESORAMENTO CURRICULAR

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

NIVEL 4.jpg

Ata o momento, levamos visto nos niveis anteriores as concepcións sobre asesoramento, modelos de orientación e asesoramento,... pero debemos lembrar que o título da nosa asignatura é "Asesoramento curricular a centros a profesores" e que unha das principais tarefas dun psicopedagogo nun centro educativo é asesorar ao profesorado para o desenvolvemento curricular. Polo tanto, neste nivel, tócanos centrarnos no currículo. Como apoio para este nivel, cabe dicir que me foi enormemente útil o estudado na asignatura de 4º de Psicopedagoxía que leva por título "Deseño, desenvolvemento e innovación do currículo".

Ademais, sobre este tema traballouse en clase a través da técnica das 3P, con tres preguntas ás que Paula Alborés e eu, no grupo Sancosmeiras, damos resposta.

Estas preguntas eran:

Que actuacións observamos que definiriamos como de "asesoramento curricular"?

Como poden asesorar sobre o currículo quenes non son especialistas no ámbito curricular?

Que saberes sobre o currículo posúen os psicopedagogos no seu proceso de formación como tales? Cales deberían posuir?

No seguinte documento aparecen as correspondentes respostas

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/23325/as-tres-p

Para poder asesorar sobre currículum debemos ter coñecementos sobre o mesmo: que entendemos por currículo?, como se elabora? cales son as fontes que se teñen en conta? Para dar resposta a estas preguntas pareceunos oportuno subir un documento no que abordamos aspectos básicos sobre o currículo e as súas fontes.

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/23718/aspectos-bsicos-sobre-o-currculo-e-as-sas-fontes

Como podemos ver no documento, o termo currículo resulta moi complexo de definir. Se tivese que dar unha definición propia esta sería:

"Conxunto de obxectivos, contidos, competencias básicas, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación que se seleccionan para cada etapa educativa formando unha guía orientadora do qeu se pretende facer, pero tendo en conta que ese "plan" se vai levar a cabo nunha aula concreta, polo que terá que ser entendido tamén como unha acción e poder adaptarse ás necesidades do centro e do grupo-clase, sendo por tanto aberto e flexible."

Debemos lembrar que en torno o currículo existen tres niveis de concreción. Un primeiro nivel é o currículo prescrito, establecido pola Administración educativa, pero éste debe ser adaptado á realidade do centro a través do Proxecto Educativo. Nun terceiro nivel, o currículo debese adecuar ás características do alumnado de cada clase, a través das programacións de aula.

O asesoramento que debe aportar o orientador en relación con este tema fundaméntase, pois, en apoiar e guiar ao profesorado para que esta concreción se realice da maneira máis adecuada. Neste proceso tamén é moi importante a innovación. Lembremos que o orientador conta coa posibilidade de ser o axente que promova o cambio no centro educativo. O cambio debe producirse de maneira paulatina, pero é fundamental, se non queremos que a escola sexa como a que se reflexa na viñeta.

LA MÁQUINA DE LA ESCUELA

 

image

Penso que, actualmente, a maioría das escolas, non atenden nin aos intereses nin ás capacidades individuais do alumnado. De feito, case todos os mestres empregan un libro de texto e o alumnado fai as mesmas lecturas e o mesmo tipo de actividades. Todos fan o mesmo, ao mesmo tempo e case sempre de maneira individual. Que conseguimos con isto? Pois, o que se reflexa na viñeta.

Considero que o cambio é necesario e, creo que, para iso, o asesoramento é primordial. Como futuros orientadores teremos unha gran labor que desempeñar neste ámbito.