3. NIVEL 2. AFONDANDO NO ASESORAMENTO

3. NIVEL 2. AFONDANDO NO ASESORAMENTO

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

    NIVEL 2.jpg

Tras o traballo sobre as nosas ideas previas sobre o asesoramento, chegamos a un segundo nivel, no que imos afondando sobre este tema e manexando bibliografía para poder contrastar, comparar, e así consolidar ou desbotar esas concepcións previas. Nesta tarefa serviron de axuda textos como o de "Entre la realidad y el deseo" de Lourdes Montero e  Mª Dolores Sanz.

No documento que se presenta a continuación recóllense as principais ideas plasmadas no texto.

 ENTRE LA REALIDAD Y EL DESEO

 Del, extraemos ideas como que a colaboración, o traballo en rede, a dinamización de proxectos de innovación,... supoñen os eixes fundamentais do asesoramiento psicopedagóxico nun centro educativo.

Refórzase a concepción de qeu o asesoramento se basa no apoio, a axuda, a horizontalidade, sen limitar a capacidade de decisión da persoa asesorada,…

O asesoramento enténdese, ademais, como unha práctica que se atopa entre a realidade e o desexo: Desexo dunha escola inclusiva, a diversidade como unha riqueza persoal, o traballo en rede… e realidade como un contexto no que traballamos, etiquetas,… Como asesores, por tanto, necesitamos "facer malabarismos para equilibrarnos entre un extremo e outro".

image

Por outra parte, no texto destácase a importancia da colaboración e da innovación, empregando  a metáfora do pegamento e as vitaminas, a cal está chea de significado,xa que, realmente, tanto o pegamento como as vitaminas son esenciais na labor dun asesor. Sen colaboración e innovación, o asesoramiento non ten sentido.

No texto tamén se fai referencia a algúns modelos de asesoramento, xa que a nosa concpeción sobre o asesoramento condicionará o modelo polo que optemos. Non obstante, este tema será tratado con maior detalle no terceiro dos niveis, que trata sobre modelos de orientación e modelos de asesoramento.