9. NIVEL 8. ASESORAR NA SITUACIÓN EDUCATIVA ACTUAL

NIVEL 8.jpg

Ata o momento, nos niveis anteriores, analizaronse aspectos que teñen que ver co programa da asignatura de "Asesosoramento curricular a centros e profesores". Pero ao longo do cuatrimestre, viñeron acontecendo moitos sucesos que fixeron modificar o rumbo da asignatura. A LOMCE e os recortes en materia educativa foron un tema que nos tiveron e nos siguen tendo moi preocupados. Numerosas entradas en blogs e arquivos estiveron relacionados con este tema, e é que como futuros orientadores debemos estar ao día de qué está acontecendo na educación no momento actual.

Por iso, este oitavo nivel se centrará en compilar aquelas entradas de blogs e arquivos realizados por min ao longo cuatrimestre e que teñen qeu ver con eses aspectos. Así, este nivel, divídese en dúas pantallas: unha que ten que ver cos recortes e a outra centrada na LOMCE.