RECORTES EN EDUCACIÓN

RECORTES EN EDUCACIÓN

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

Debido a situación pola que estamos atravesando, o tema dos recortes foi amplamente debatido.

Sobre este tema destaco as conclusións extraídas do texto de Francisco Imbernón. "Levántate y quéjate, educación". Sen dúbida, no texto refléxanse perfectamente os recortes que se están llevando a cabo no sistema educativo e as repercusións que terán os mesmos. Sen dubida un empeoramento da calidade da educación e un modelo de escola máis elitista no que se dificultará a atención á diversidade e  non haberá iagualdade de oportunidades real entre o alumnado.

COMENTARIO DEL TEXTO DE FRANCISCO IMBERNÓN: LEVÁNTATE Y QUÉJATE, EDUCACIÓN

O tema dos recortes aparece de maneira diaria na prensa, en noticias como a que segue a continuación:

WERT DEFIENDE LOS RECORTES. MÁS INVERSIÓN NO HACE MEJORES ALUMNOS!

Resulta verdadeiramente indignante xustificar os recortes dicindo que o único que nos fai falta é un cambio de actitude  das familias e docentes.

Realmente si fai falla un cambio de actitude, pero para loitar por defender a escola púbilca e  deixar de calar e tragar coas barbaridades que se nos queren impoñer coa nova lei educativa.

Quizáis o que máis me indigna do tema dos recortes, sexa a imaxe que se está tratando de transmitir do profesorado á sociedade: Uns personaxes privilexiados que a parte de traballar poucas horas ao día non fan máis ca estar de vacacións e aínda por riba queixanse... Realmente todo isto o que conleva é a incrementar o malestar docente do que xa temos falado en niveis interiores e a acabar coa ilusión do profesorado, sen a cal é imposible conseguir avanzar en materia educativa.

Pensando nisto venmme a mente un artigo de Manuel Rivas, que leva por título "A santa paciencia dos mestres de Galicia",  no que recollen as súas reflexións sobre este tema e me parece moi oportuno para rematar este nivel.

image

http://elpais.com/diario/2011/07/01/galicia/1309515505_850215.html