LOMCE

LOMCE

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

Nos últimos tempos estámonos a enfrontar a cambios continuos en materia de lexislación educativa. Parece ser que, cando cambia o goberno no noso  país, o partido político entrante intenta facer patentes as súas ideas e intencións sobre educación con unha nova ley educativa. Así, tras a promulgación da LOGSE en 1990, intentouse implantar a LOCE no 2002, algo que non tivo trascendencia xa que co cambio de goberno esta se derogou e se implantou a LOE. Na actualidade, ao acceder ao poder un partido diferente ao que impulsou a LOE, parece ser que se intenta novamente buscar un cambio na educación do noso país con unha nova lei: A LOMCE. Ainda que o cambio se intenta xustificar pola  necesidade de mellorar a calidade da educación, creo que todos estamos de acordo en que o único que se busca e instaurar un modelo educativo anclado no pasado, cheo de revállidas, onde a competitividade será un dos valores fundamentais e onde o respecto polas diferencias e a atención á diversidade pasará a un segundo plano.

Para percatarse disto únicamente fai falta botar un ollo ao preámbulo da LOE e da LOMCE, recollidos nunha das entradas do meu blog.

 BUSCA AS DIFERENCIAS . PREÁMBULO DA LOE E DA LOMCE.

Como futuros orientadores é moi importante que esteamos ao tanto de todo o que se pretende facer e qué cambios suporá a nova lei educativa. No seguinte documento recóllense os cambios máis salientables.

LOMCE. CAMBIOS MÁIS SALIENTABLES NO SISTEMA EDUCATIVO

Obsérvanse no anteproxecto da lei moitos aspectos negativos. Considero que a LOMCE reduce as competencias en educación das Comuniades Autónomas, é selectiva  e elitista, atenta contra a xestión democrática dos centros reducindo as competencias do Consello Escolar e dotando de máis poder a figura do director, recorta os dereitos do profesorado, favorece a privatización da ensinanza e é involucionista. Todos estes aspectos aparecen detallados no documento adxunto.

ANÁLISE DA LOMCE. ASPECTOS NEGATIVOS

Considerando todos estes aspectos negativos, no seguinte enlace recóllense 12 razóns para dicir non á LOMCE expostas por Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade de A Coruña, e coas que estou bastante de acordo.

  12 RAZONES PARA DECIR NO A LA LOMCE

Coa LOMCE certas asignaturas desaparecerán do plan de Estudos, xa que parece ser que se defende idea que hai asignaturas coas que se aprende e outras que distraen. Pero..que consecuencias terá isto? Na seguinte entrada de blog reflexionase sobre este tema

  LO QUE CON LA LOMCE YA NO SABRÁS

Unha das principais novidades que trae e LOMCE é a reaparición de reválidas e avaliacións externas, pero...  a caso unha persona allea á realidade da aula é a máis apropiada para avaliar aos  alumnos? É lóxico que as probas sexan iguais para todo o alumnado? É compatible isto co respecto polas características individuais e a atención á diversidade?

LOMCE: REVÁLIDAS, EVALUACIONES EXTERNAS, ...ATENCIÓN A LA DIVERSIDAD??

 

image

Está claro que a maioría de nós non estamos de acordo coa implantación da LOMCE, pero paréceme moi interesante a posibilidade de ler diferentes opinións ao respecto para ter unha visión más ampla e documentada sobre unha reforma tan importante para a nosa sociedade. A entrada que leva por título "La LOMCE con mil ojos" ofrécenos unha recompilación de opinións e análises que  varias plataformas, institucións e incluso docentes e outras persoas a nivel individual colgaron en internet acerca do anteproxecto de la lei educativa.

LA LOMCE CON MIL OJOS

Como todos sabemos non existe un consenso entre os diferentes sectores da comunidade educativa para implantar esta nova lei. Numerosas queixas e protestas están xurdindo desde direntes colectivos e agardamos, aínda que non o temos moi claro, que estas sexan tidas en conta. Parece ser que algo que se está considerando modificar é o de poder dar máis autonomía ás comunidades e aos centros. No seguinte enlace trátase o tema.

Educación recula y propone un nuevo modelo para dar más margen a autonomías y centros

Non obstante, creo que temos por diante unha ardua tarefa para pelexar por unha educación de calidade diferente á que queren conseguir coa LOMCE.

Artigos coma o seguinte mostran as concepcións que ten sobre a educación o noso ministro. Sabemos que con esta lei se pretende reducir as competencias de órganos como o Consello escolar e dotar de mais poder de decisión aos directores. Algo que concorda coas  ideas de Wert referidas á que a comunidade educativa non pode ser democrática.

SEGÚN WERT, LA COMUNIDAD EDUCATIVA NO PUEDE SER DEMOCRÁTICA.

Unha lei que non gusta a meirande parte do profesorado, alumnado, familias,... non pode ser boa. Todo o que se pretende facer parece un "sinsentido". No seguinte enlace, Tonnucci parece poñer un pouco de cordura sobre este tema e reafirma as nosas ideas sobre que a LOMCE é un paso atrás.

LA LOMCE SEGÚN TONUCCI

Para concluír con este tema e resumir os motivos polos que non nos gusta a LOMCE, opto por engadir este video realizado cos debuxos de Tonucci e as voces de Gomaespuma. Creo qeu reflexan bastante a miña opinión sobre o tema.

POR QUÉ NON NOS GUSTA A LOMCE?