6. NIVEL 5. RELACIÓNS CO PROFESORADO E COA COMUNIDADE EDUCATIVA

NIVEL 5.jpg

No ámbito do asesoramento son moi importantes as relacións que se establecen entre asesor e asorado. Por iso, neste quinto nivel, este será o tema que nos ocupe. Non obstante, creo que é importante analizar todo tipo de relacións que se poden dar no eido eductivo. Isto será o que faremos a continuación.

De todos é sabido que as relacións entre o profesorado e o orientador están condicionadas polas concepcións que uns teñen dos outros. Na aula recolléronse as ideas que como futuros asesores temos sobre este tema. Paula e eu, plasmamolas nun arquivo que incoroporamos ao grupo Sancosmeiras.

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27605/asesores-y-profesorado

A importancia das concepcións de orientadores e profesores no asesoramento psicopedagóxico refléxase en diferentes estudos realizados. Un deles é o que se detalla a continuación

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27542/la-importancia-de-las-concepciones-en-el-asesoramiento-psicopedaggico

 Preséntase, no texto, unha investigación na que se identificou que teorías sobre o ensino e a aprendizaxe mantiñan uns e outros profesionais. Ademáis, estudáronse as concepcións dun grupo de profesores e orientadores sobre o asesoramento psicopedagógico, xa que, sen dúbida, coñecer as teorías implícitas de profesores e orientadores pode axudar a mellorar os seus procesos de formación e as relacións entre ambos.

Tras o estudo extráense as seguintes conclusións: 

Empezando pola comparación entre as ideas de profesores e orientadores sobre o ensino e a aprendizaxe, obsérvase unha distancia entre os dous colectivos. Os orientadores manteñen máis frecuentemente que os profesores unha concepción construtiva mentres que os profesores decántanse en maior proporción por posicións interpretativas e directas. Poderiamos dicir que os orientadores basean máis as súas decisións nas necesidades do alumno, ao que hai que axudar a construír capacidades, mentres que os profesores teñen máis en conta os contidos que é necesario que os alumnos aprendan.

Nas entrevistas sobre asesoramento psicopedagóxico, os profesores e orientadores tamén mostran concepcións diferentes. Os resultados apuntan a que os orientadores manteñen unha concepción máis educativa sobre o asesoramento. Entre os orientadores está máis presente a visión do seu traballo como unha axuda dirixida todo o alumnado a través do apoio que ofrecen á tarefa dos profesores. Pola contra, entre os profesores abunda a consideración de que a figura do orientador é útil para que atenda aos alumnos con máis necesidades. Así pois, aparecen diferenzas nas teorías dos implicados na relación de asesoramento e isto pode constituír un lastre para a colaboración efectiva.

Cal é, entón,  a mellor vía para modificar esas concepcións?

Parece existir unha necesidade de traballar esas concepcións desde a formación inicial de orientadores e profesores, e tratar de aproximalas na súa formación continua, para que isto repercuta nunhas mellores relacións entre ambos.

Agora ben, , unha instrución meramente expositiva sobre as vantaxes dunhas teorías sobre outras non conseguirá cambialas. A vía para traballar o cambio nas concepcións cara a modelos máis efectivos debería combinar a formación  cun traballo nos propios centros, isto é, o máis próximo posible ao contexto no que os profesionais teñen ou terán que actuar. Por outra banda, é imprescindible asegurar por parte da administración as condicións necesarias para levar a cabo unha tarefa tan complexa.

Pero nun centro educativo, ademais de prestar atención ás relacións que manteñen os orientadores e profesores, como psicopedagogos, debemos coñecer e contribuír a mellorar as relacións entre o profesorado, co alumnado, coas familias,...  Todo iso abordase neste documento que temos subido no grupo Sancosmeiras e no que se fala sobre as características das relacións entre os asesores e os profesores, das relacións alumno profesor, dando pautas para que estas sexan o máis satisfactorias posible,... Abórdase, tamen, o tema das culturas profesionais do profesorado, indicando as vantaxes dunha cultura colaborativa, e finalmente reflexionase sobre a importancia da relación familia-escola.

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27591/as-relacins-nun-centro-educativo

O tema das relacións familia escola é tratado tamén noutros documentos.

Debemos ser conscientes de que na actualidade as relacións entre as dúas institucións non son tan satisfactorias como a todos nos gustaría. Estas viñetas  que se presentan a continuación reflexan a problemática existente (escaso respecto cara o profesor, demasiada permisividade no fogar, excesivas demandas á escola, ...) e os principais perxudicados a raíz da mesma: os alumnos e alumnas.

SOBRE LA RELACIÓN FAMILIA-ESCUELA

 

 imageimage

imageimage

 Como podemos, por tanto, contribuír á mellora desas relacións?

No seguinte documento recóllense as razóns que fundamentan a importancia da colaboración familia e escola e establécense unha serie de estratexias para fomentar a mesma.

RELACIÓNS FAMILIA-ESCOLA. RAZÓNS E ESTRATEXIAS

Vemos, por tanto, que existen razóns tanto sociolóxicas, como pedagóxicas e legais que fundamentan este tipo de relacións. Ademáis, contamos con innumerables estratexias para fomentar a implicación das familias na vida escolar(reunións, titorías, actividades complementarias, fomento da participación no consello escolar, contactos informais,...).

En todo isto, a labor do orientador pode ser moi importante, xa que el pode velar polo desenvolvemento harmónico das mesmas, motivar ao profesorado a poñer en práctica iniciativas que impliquen á familia , organizar reunións coas familias para informalas dos seus deberes e dereitos no centro,…

A coordinación familia escola é fundamental para lograr unha educación de calidade, por iso debe ser algo que temos que ter presente, en todo momento, na nosa labor educativa.

Outro tipo de relacións coas que debemos ter especial coidado son aquelas que se dan entre o alumnado. Sobre todo aquelas que poidan ser conflictivas e desencadear en situacións de acoso escolar. Pola especificidade do tema estas serán tratadas nun seguinte nivel.