7. NIVEL 6. ACOSO ESCOLAR

7. NIVEL 6. ACOSO ESCOLAR

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

NIVEL 6.jpg

 Vimos tratando, no nivel anterior, as relacións no eido educativo. Un tipo de relacións ás que como orientadores debemos estar moi atentos son as que se dan entre o alumnado, sobre todo tratando de detectar aquelas que teñan un carácter negativo, podendo derivar en situacións de acoso escolar.

Nas sesións de clase recolléronse ideas sobre este tema que se plasman no seguinte documento subido ao grupo SANCOSMEIRAS.

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27595/acoso-escolar

Pero... que entendemos por acoso escolar? Como podemos identificalo? Cales son as actuacións que debemos poñer en práctica cando se detecta o mismo. Nesta guía que aportamos desde o grupo Sancosmeiras dase resposta a estas preguntas

image

http://stellae.usc.es/red/file/view/27609/protocolo-de-actuacin-en-supuestos-de-acoso-escolar

 Desafortunadamente, as situacións de acoso escolar parece que son bastante frecuentes nas aulas, por iso é moi importante que desde a colaboración de toda a comunidade educativa se trate de combatir as mesmas.

 Un estudo que reflexa a importancia do acoso escolar no noso país e o que leva por nome Cisneros X, publicado no 2006 e levado a cabo por Araceli Oñate e Iñaki Piñuel.

Desta investigación extraese que,  desde a Educación Primaria a Bacharelato, son víctimas de violencia e acoso escolar un de cada catro escolares, é dicir, un 25 %. Un 75 % dos casos de acoso escolar, ou o que é o mesmo, tres de cada catro casos, son reiterados desde bastante tempo atrás: durante todo o curso ou dende fai uns meses.

A medida que os alumnos crecen (en idade), disminúe o risco de sufrir bullying, tendo os nenos de Primaria, de sete e oito anos, catro veces máis de risco ca los alumnos de 1º de Bacharelato. Como contrapartida, coa idade, o número de acosadores frecuentes incrementase, e producese un fenómeno de habituación á violencia, á que moitos  alumnos acaban vendo e catalogando como algo “sen demasiada importancia”.

Según este estudo, non hay un perfil determinante ou concreto do alumno que sofre bullying. O neno acosado pode ser calquera. Como dato positivo, dicir que nun 19 % dos casos, son os propios compañeiros os que deteñen as conductas de maltrato.

Por iso, neste tema se fai importantísima a detección precoz e tamén a implicación do alumnado, que pode axudarnos a identificar casos de acoso e incluso colaborar en que estes se minimicen.

No seguinte enlace pode obterse mais información sobre o estudo Cisneros X

http://www.conflictoescolar.es/2010/04/estudio-cisneros-x-violencia-y-acoso-escolar-2/