1. Introdución

1. Introdución

Última actualización de en Leti

Para realizar este portafolios decidín empregar como fío condutor a fábula o rato e a rateira, polo que antes de comezar penso que é preciso presentar a este ratiño chamado Asesoramento e contar o que lle aconteceu.

“O Rato e a rateira”

Un rato, mirando a través dun buraco na parede,  ve un granxeiro xunto coa súa esposa abrindo un paquete. El sentiu emoción por saber qué era o que contiña.

- Que tipo de alimento pode alí?. Quedou apavorado cando descubriu que era unha rateira.

Entón, foi correndo ata curral para avisar a todos:

- Hai unha rateira na casa, unha rateira na casa!

A galiña, que estaba cacareando e escarvando, levantou a cabeza e dixo:

- Descúlpeme Señor Rato, eu entendo que é un gran problema para vostede, mais a min non me perxudica en nada, polo que non me incomoda.

O rato foi ata a ovella e dixo: - Hai unha rateira na casa, unha rateira!

- Descúlpeme Sr Rato, pero non hai nada que eu poida facer, tan só pedir por vostede. Asegúrolle que será lembrado nas miñas pregarias.

O rato foi entón a xunto a vaca, e esta díxolle: - Pero acaso eu estou en perigo? ... Eu creo que non,  é máis, estou segura de que non.

Entón, o rato volveu para a casa preocupado e abatido para encarar a trampa do granxeiro.

Aquela noite sentiuse un gran barullo, como o dunha trampa atrapando a súa vítima. A muller do granxeiro correu para ver o que había atrapado. Na escuridade, non viu que a trampa colleu a cola dunha cobra velenosa, a cal mordeu velozmente á muller. O granxeiro levouna inmediatamente ao hospital. Ela volveu con febre, e todo o mundo sabe que para confortar a alguén con febre non hai nada mellor que unha sopa. Dada a situación, o granxeiro colleu o seu machado e foi buscar o ingrediente principal da sopa: a galiña.

Como a muller continuaba enferma os amigos e veciños foron visitala, e para alimentalos o gandeiro matou o cordeiro. Pero a muller non se curou e acabou por morrer; e o granxeiro tivo vender a vaca ao matadoiro para cubrir os gastos do funeral.

MORALEJA: a próxima vez que escoites que alguén ten un problema e creas que como non é teu no lle debes prestar atención... deberías pensalo dúas veces.

 

Agora que xa coñecedes a este ratiño chamado Asesoramento, comezo co portafolios para contarvos algunha cousiña sobre el e tamén sobre o seu irmá asesoramento curricular, a súa curmá Orientación e os seus amigos Educación e Profesorado.

Pero antes, dicir que escollín esta fábula porque penso que, como bos profesionais, debemos ter en conta os problemas dos demais aínda que non nos afecten directamente, aínda que para chegar a ser profesional primeiro hai que saber ser persoa, e desgraciadamente iso non sempre é así. Espero que co tempo e a formación consigamos cambiar un pouco iso, porque a día de hoxe penso que as cousas cada vez funcionan máis do revés e que a xente se está volvendo cada vez máis egoísta. Sen ir máis lonxe, ¿cantas veces se ve na clase que alguén ten un problema con un traballo e ao pedir axuda non consigue grandes resultados máis alá da xente do “seu grupo”? A min por exemplo pasoume nunha clase co alumnado de cuarto, que tras preguntarlle unhas dúbidas da clase anterior (porque non puidera ir) a maioría facía o parvo e non me axudou en nada… ¡non quero nin imaxinar que pasaría si lles pedise axuda con un traballo ou necesitase os seus apuntes! Guste ou non, nestes momentos esta é a cruda realidade.

Pensando nos tres niveis de intervención, penso que en moitas das ocasións se chega á prevención terciaria non por non querer actuar antes, se non porque moitas veces a información que nos chega é escasa ou confusa e resulta difícil actuar. Ademais, poñéndonos no caso dun orientador de centro, ás veces resulta moi difícil poder traballar con un neno que consideramos que está en situación de risco por motivos alleos a nós como son por exemplo os pais, que ás veces pensando que o fan polo ben do neno poñen impedimentos que nos dificultan o traballo. Indepedentemente diso, creo que é necesario cambiar a visión fragmentada e egoísta da realidade por outra visión de conxunto e colaboración, e…que credes que axudaría a acadar esa nova visión? Exacto, a empatía.

A empatía é unha destreza básica da comunicación interpersoal que permite un entendemento sólido entre dúas persoas. Por tanto, para poder facer un bo asesoramento é fundamental empatizar co asesorado e comprender así en profundidade a mensaxe que nos quere trasladar.

Agora si, imos coñecer a Asesoramento e aos seus familiares e amigos!

  geronimo.jpg