2. Asesoramento

2. Asesoramento

Última actualización de en Leti

Asesoramento é un ratiño que traballa dando apoio cunha metodoloxía de dar e recibir axuda. Trátase dunha acción conxunta dirixida a axudar a persoas, grupos, organizacións, etc., coa finalidade de guiar a toma de decisións así como de solucionar as confrontacións ofrecendo recursos internos e externos. Segundo o seu amigo Lippit e Lippit (1986), Asesoramento é unha interacción en dous sentidos, un proceso de buscar, dar e recibir-axudar. Diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos co obxecto de resolver as confrontacións con problemas e ocuparse de esforzos de cambio.

mesa_Stilton.gif

Agora que o coñecemos un pouco mellor, dicir que na súa casa conviven varios modelos de ratiños, e si vos parece vouvos presentar a algún deles seguindo a Jose Miguel Nieto Cano (2001):

a)    Modelo de intervención: é un modelo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesorada, quen interpreta e define (de acordo co seu propio marco conceptual) a realidade da parte asesorada, determinando as increpancias entre o que esta é ou está facendo e o que debería ser ou facer, prescribindo ademais aquelas actividades que permitirían solucionar problemas, superar necesidades ou compensar deficiencias. Polo tanto, o asesor resolve o problema do asesorado, sendo o segundo dependente do primeiro. O tipo de asesor idóneo para este modelo correspóndese coa figura do experto, quen fai un diagnóstico e a partir del propón unha solución. Tal e como di Escudero (1988:22) o experto, o técnico, queda revestido de un poder científico privilexiado para recoñecer e definir problemas, para determinar métodos de solución e para ditar actuacións ao non-técnico. Deste xeito, asúmese que o experto pode e debe impoñer solucións aos problemas ou ditar o que se debe facer, mantendo en todo momento un punto de vista neutral e obxectivo. É esencial que o asesor transmita de xeito claro e preciso o que deben facer e cando (Glickman, Gordon e Ross-Gordon, 1995). O xeito de percibir e interpretar tales indicacións no contexto do mundo social e do traballo concreto non ten por que interferir na planificación e execución das tarefas. Fronte aos intereses de rendemento e control, teñen escasa importancia as particularidades do entorno e as necesidades non anticipadas que xurdan no mesmo.

b)    Modelo de facilitación: define un tipo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesorada..O sentido das decisións e das accións de cambio é unilateral e a iniciativa é exercida pola persoa asesorada. Deste xeito, o papel do asesor consiste en averiguar cómo axudar ao asesorado para que este sexa quen diagnostique o seu problema e lle atope solución. Polo tanto, a relación de axuda segue un esquema de abaixo cara arriba. Tendo en conta que o asesoramento se desenvolve a partir dos intereses ou preocupacións do asesorado, estes son os únicos que están lexitimados para determinar os fins e os medios, debendo ter o asesor un especial coidado en non impoñer as súas ideas nin influír nas eleccións que tome o asesorado (Dadds, 1983). Polo feito de estar centrada a relación de axuda no punto de vista do asesorado, o asesor presta menos atención ao cumprimento formal de secuencias temporais e mais a lograr unha transición adecuada entre tarefa e tarefa.

c)    Modelo de colaboración: define un tipo de asesoramento educativo baseado na interdependencia entre o asesor e o asesorado. A toma de decisións que afectan á resolución de problemas é consensual, exercida por asesor e asesorado en condicións de horizontalidade (igualdade de estatus) e responsabilidade compartida, sendo a influencia bilateral e paritaria (Day, 1984; Coben e Thomas, 1997). Asesor e asesorado sabes que deben chegar a un acordo e consensuar cursos de acción aceptables para a resolución dun problema ou para satisfacer unha necesidade.