4. Orientación

4. Orientación

Última actualización de en Leti

Como xa vos dixen, Asesoramento ten unha curmá chamada Orientación que se caracteriza por ter un carácter intervencionista e directo dentro dunha relación xerárquica.

261-2.jpg

Ao igual que en todas as casas e, como xa vimos ao igual que na de Asesoramento, si analizamos as diversas personalidades que conviven podemos diferenciar distintos tipos de ratiños (modelos) en función de si son ratiños teóricos, ratiños básicos de intervención, ratiños mixtos de intervención ou ratiños organizativos.

a)    Teóricos: existe unha gran variedade de enfoques teóricos pero todos eles teñen en común que admiten (implícita ou explicitamente) a interconexión de compoñentes filosóficos; asumen que o cambio é posible de xeito coherente cos obxectivos de logro; e consideran a interacción orientador-orientado fundamental para a consecución de dito cambio (Martínez, 1998: 35). Algúns modelos que se inclúen nesta clasificación son:

  • Modelo condutista: as teorías de aprendizaxe baseadas no condutismo sosteñen que as condutas problema son aprendidas, e para solventalas emprega técnicas como o reforzo con fichas, o coste de resposta ou a modelación.
  • Modelo de rasgos e factores: os supostos básicos que defende son que cada individuo ten uns rasgos e uns factores individuais que poden ser medidos e avaliado;  que estes rasgos e factores poden quedar estancados ou desenvolverse en función das interaccións do individuo co ambiente; que o exercicio dunha ocupación require de uns rasgos, que a orientación debe axudar ao individuo para que axuste os rasgos persoais e os requisitos ocupacionais; e que canto maior sexa a adecuación entre os rasgos individuais e os requisitos ocupacionais, maior será a satisfacción na ocupación elixida.
  • Modelo cognitivo: engloba todas aquelas teorías que consideran que as dificultades emocionais e comportamentais das persoas se deben á forma en que estas pensan sobre sí mesmas e sobre o mundo que as rodea.

b)    Básicos de intervención: son a unidade básica de intervención e inclúen os seguintes modelos:

  • Modelo clínico: tamén se coñece como modelo de counseling ou relación de axuda e está centrado unicamente no suxeito. O alumno é o protagonista da intervención prescindindo do estudo das restantes variables contextuais, sendo polo tanto un modelo de intervención individualista. Trátase un modelo diádico no que interveñen dous axentes básicos: o profesional da orientación e o orientado. No contexto educativo, a figura do profesor/a, o cal actuaría como un axente intermedio, pasa a un segundo plano. Entre orientador e orientado establécese unha relación asimétrica na que o orientador é o máximo responsable e  se dirixir o proceso actuando como experto para responde a un problema xa aparecido. Deste xeito, a intervención ten un carácter remedial, reactivo y terapéutico. Cabe destacar como técnica básica deste modelo a entrevista.
  • Modelo de programas: enténdese por programa “toda actividade preventiva, evolutiva, educativa ou remedial que pretende lograr determinados obxectivos  en resposta ás necesidades detectadas nun grupo dentro dun contexto educativo, comunitario, familiar ou empresarial” (Repetto, 2002: 297). Como características esenciais de dito modelo, resaltar que ten un carácter sistémico e ecolóxico; que os programas se desenvolven en interacción dialéctica co contexto que os xera; que os programas de orientación se elaboran atendendo aos principios de prevención, desenvolvemento e acción social; diríxense a todas as persoas ao longo de todo o ciclo vital; están baseados na análise de necesidades do contexto no que se van desenvolver; e os seus usuarios son considerados axentes activos e participativos do seu propio proceso de acción.
  • Modelo de consulta: caracterízase por ser un modelo relacional que potencia a formación a información de profesionais e paraprofesionais. Está baseado na relación simétrica entre persoas ou profesionais con estatus similares, e pódese levar a cabo con persoas a nivel individual ou con grupos. É unha relación triádica na que interveñen tres axentes: consultor, consultante e cliente.

c)    Mixtos de intervención: son o resultado da combinación dos modelos básicos para satisfacer as necesidades dun contexto determinado. Algúns exemplos son o modelo sociocomunitario, o modelo psicopedagóxico ou o modelo holístico.

d)    Organizativos: son as propostas que se fan nun momento determinado para un contexto determinado. Poden ser:

  • Modelos institucionais: son determinados polas administracións públicas para todo un territorio. Algúns exemplos son o modelo MEC ou o modelo INEM entre outros.
  • Modelos particulares: pertencen a este tipo de modelos por exemplo os gabinetes privados de orientación e os centros educativos privados.

 

Agora que xa coñecedes a toda a familia, seguro que puidéchedes observar que, aínda que se parezan, Asesoramento e Orientación non son iguais, xa que a pesar de que teñen en común a finalidade de prestar apoio e axuda, a gran diferenza que se aprecia entre eles é que Asesoramento o fai de xeito suxerinte e máis indirecto mentres que Orientación é de carácter intervencionista e directa.

Ademais, os modelos da casiña de Asesoramento caracterízanse por unha relación de horizontalidade, de igual a igual entre asesor e asesorado, mantendo así unha relación simétrica na que os coñecementos de ambos participantes non distan moito entre un e outro, o cal permite compartir información bidireccionalmente.

Sen embargo, na de Orientación caracterízanse por levarse a cabo nunha relación xerárquica entre o orientador e o orientado, sendo polo tanto as relacións asimétricas (o nivel de coñecemento dun e do outro distan considerablemente entre sí).