5. Educación

5. Educación

Última actualización de en Leti

Chegados a este punto vouvos presentar a Educación, unha amiga de Asesoramento cuxa personalidade é moi cambiante.

Geronimo-Stilton-geronimo-stilton-30703187-209-350.png

A súa relación coa política é indudable, pero de sempre se debateu ata qué punto existe e cómo debe analizarse. O sistema educativo é un tema que importa a todos os gobernos e a educación forma parte dos programas electorais dos partidos políticos. Ademais, é un tema de interese que afecta a familias, asociacións  e a toda a comunidade educativa.

Unha cuestión sen resolver é si a educación debe orientarse a  ser para a vida (dirixida a cousas de utilidade real) ou a formar cidadáns (ser unha escola de virtude). Os fins da educación veñen marcados polo goberno, os parlamentos ou a Constitución, pero é importante cuestionarse si eses fins marcados por axentes externos ao ámbito educativo cobren as necesidades presentadas polo alumnado e as expectativas dos pais, e si son considerados adecuados polos profesores; xa que sobre os fins da educación gravitan diversos intereses, valores, concepcións,….

O Estado de benestar introduce a escola comprensiva, a cal implica a transmisión dunha educación común para todos cidadáns. A sociedade necesita que os adultos transmitan a súa propia herencia cultural ás novas xeracións para de este modo asegurar a preservación da raza e así facer posible a súa integración na sociedade e no sistema político gobernante. O destino das persoas variará en función do acceso ao coñecemento de cada un, de forma que será mellor canto más cualificado este o suxeito; convertendo así a educación no eixe central dunha nova sociedade. O mestre é o guía que debe axudar ao alumno a aprender a aprender orientando, animando e facilitando o seu aprendizaxe.

Hoxe en día, a liberdade de ensinanza é entendida como a liberdade de creación de establecementos docentes por parte da iniciativa individual ou social, a liberdade de cátedra por parte do docente e a liberdade dos pais para escoller o centro docente no que escolarizar aos seus fillos/as. Na actualidade todos os países axudan, en maior ou menor grado, á ensinanza privada.

A igualdade de oportunidades en educación implica la igualdade de todos ante una educación básica, obrigatoria e gratuíta; e a igualdade de acceso aos niveis postobligatorios rexéndose por criterios de capacidade e mérito, o que supón a posta en práctica de políticas dirixidas a compensar as desigualdades de capital cultural dende as idades mais temperás para igualar as condicións e facilitar con becas o acceso á educación postobligatoria.

Considero a Educación como un proceso de ensinanza-aprendizaxe mediante o cal se transmiten coñecementos, valores, costumes e formas de actuar que non só se produce a través da palabra, senón que tamén aprendemos en todas as nosas accións, sentimentos e actitudes.

Tal e como o reflicte Puelles Benítez na súa obra Problemas actuales de política educativa (2006), a pesar de que a escola debe educar para a vida, os sistemas educativos actuais seguen reproducindo vellos modelos de transmisión de cultura académica, impoñendo ao alumnado o aprendizaxe duns contidos alleos ás súas preocupacións reais. Dende a miña formación como mestra, síntome na obriga de defender outra postura, e é que en lugar desta situación, nas aulas debería  ter lugar unha aprendizaxe relevante na que un dos puntos de partida sea a cultura propia do alumno caracterizada polas experiencias persoais e familiares, sen esquecer toda a información recibida polo neno/a.

Este autor fai a pregunta ¿para qué se educa? Algunha das respostas ofrecidas é que a sociedade para a súa preservación necesita que a xeración adulta transmita a súa propia herencia cultural ás novas xeracións; ou que se educa para conseguir o desenvolvemento da persoa axudándolle a obter unha autonomía plena. Trátase de que a escola ofreza ao alumnado os marcos de referencia de carácter cognitivo e cultural e as pautas que lle permitan entender o mundo no que vive.

A miña resposta a dita pregunta sería que se educa para estimular o pensamento, a imaxinación, a personalidade, a expresión, a comunicación verbal e gráfica, a autonomía, a integración social, a creatividade,… ; para favorecer a maduración a nivel sensorio-motor, cognitivo, moral, social e afectivo; para previr e atender as desigualdades físicas, psíquicas e sociais; e para respectar os dereitos e as liberdades fundamentais con tolerancia dentro dos principios democráticos. En outras palabras, penso que a educación ten que formar aos individuos persoal e profesionalmente.

Agora que xa coñecedes os fins de Educación, dicirvos que hai un artigo sobre esto mesmo que leín fai un tempo e que, tras atopalo, paréceme interesante compartilo con todos vos.

Este artigo do que vos falo está publicado na páxina web correspondente ao enlace http://www.revista.unam.mx/vol.5/num1/art5/art5.html e paréceme moi interesante porque analiza a obra Los fines de la educación (1929) de Alfred North Whitehead, quen ao escribir dita obra consideraba que, mentres antigamente se aspiraba a impartir sabiduría, na actualidade o propósito da educación é ensinar materias.

“La finalidad de la educación es infundir sabiduría, la cual consiste en saber usar bien nuestros conocimientos y habilidades. Tener sabiduría es tener cultura y la cultura es la actividad del pensamiento que nos permite estar abiertos a la belleza y a los sentimientos humanitarios.”

Con isto, Whitehead dinos que cando os mestres se dedican a instruír deben ter como finalidade impartir coñecementos ou crear habilidades, pero si se propoñen educar a súa finalidade é infundir sabiduría.

Por iso, este autor defende a relevancia de impartir sabiduría, cultura, como un dos fins da educación, e para facer viable ese ideal de sabiduría no proceso educativo requírese comezar invocando a liberdade, o interese, a investigación e terminar alentando ao alumnado en tanto se asuma que a produción de un saber activo é a finalidade da educación.

Este autor inglés fala ademais do arte da vida, que consiste en estar vivos, vivos de xeito satisfactorio e vivos para incrementar dita satisfacción; e é o proceso educativo o que debe guiarnos á comprensión do que significan estes tres aspectos.