7. Profesorado

7. Profesorado

Última actualización de en Leti

Recordades cal era o outro grupo de amigos de Asesoramento que vos dixen que vos ía presentar? Exacto, o grupo do profesorado!

  familia_01.jpg

Este grupo máis que un amigo é con quen traballan Asesoramento e Orientación, pero dado que é unha relación horizontal de igual a igual e o bo facer destes ratiños, neste grupo teñen bos amigos cos que traballar, a excepción de algúns que poñen máis pegas no traballo colaborativo. Isto pasa porque uns ven a Asesoramento e a Orientación como un punto de apoio, axuda, consulta, alguén con quen traballar colaborativamente para buscar xuntos unha solución aos “problemas” e/ou necesidades que se lle presenten; mentres que outros pensan que Asesoramento e Orientación son uns profesionais aos que acudir para que lles proporcione unha solución rápida e inmediata, concibíndoos polo tanto como solucionadores de problemas.

A isto debemos sumar que entre todo o grupo de profesorado existen dúas posturas ou situacións nas que se sitúan uns e outros. Ditas posturas son o malestar e o benestar docente, e para que entendades mellor en que se diferencian preséntovos a continuación un pequeno esquema das causas principais que provocan tanto dunha como doutra situación docente.

Malestar docente:

  • Faltas de respecto, insultos, ameazas, críticas constantes, presión social.
  • Inexistencia/escasa colaboración entre profesionais e coas familias.
  • Exceso de traballo e de ratio por aula
  • Nunca poden saber si o están facendo ben.
  • Falta de recoñecemento social.
  • Ter que adaptarse ás novas tecnoloxías.
  • Pais que restan autoridade e cuestionan o traballo realizado.
  • Falta de respaldo.

Benestar docente:

  • Ambiente colaborativo.
  • Ter praza fixa.
  • É un traballo que reporta satisfacción.
  • O que fagan na aula ten repercusións no futuro, o cal lle outorga unha gran importancia a todo o que se fai e a cómo se fai.
  • Traballar con persoas é moi gratificante.
  • Á vez que se ensina tamén se aprende (feedback).
  • Estase nun contínuum de aprendizaxe-renovación ao longo de toda a vida.

 

Ante esta situación, Asesoramento e Orientación deben situarse no benestar e neutralizar o malestar, traballo que non sempre resulta sinxelo e que supón un gran traballo pola súa parte.