Navegación

3.1 Elemento de traballo: Os pentagramas! As partituras!

3.1 Elemento de traballo: Os pentagramas! As partituras!

Última actualización de en EU

O cartafol...Porfolio....X...

portafolio

 Falamos de cartafol, de portafolio...

 O portafolios é un instrumento para aprender da experiencia e fomentar a reflexión sobre a propia práctica.

É unha colección de material realizada por un estudante ou profesional, que recolle procesos e sucesos clave dunha materia ou contidos, e indúcelle a reflexionar sobre os mesmos.

Esta colección de evidencias poden ser avaliadas; oscilan entre o privado e o público e debe responder a unha planificación final de aprendizaxe.

Posúe numerosas vantaxes como a aprendizaxe reflexiva, a experiencia real, variedade de estilos de aprendizaxe, multitude de contextos e ampliación dos temas a outros… Debemos fomentar a aprendizaxe profunda e non superficial e relacionalo directamente coa nosa experiencia.

Como persoas críticas que debemos ser; sempre de forma constructiva (ou polo menos intentalo) e non destructiva, debemos analizar esta ferramenta con detalle. Existen miles de portafolios e como ferramenta poden ser útiles, moi útiles; pero todo acaban sendo detalles para que sexa funcional.

A verdade e que o cambio desta rede social de stellae ten grandes avances, tanto na estética como na nova visión de traballo, pero segue a pecar de erros antigos e quizáis fai que en ocasión non sexa funcional. Con isto refirome a que o modo de introducir textos é complexo nunha pestaña tan pequena, aínda que algo se pode ampliar, pero logo segue a descolocar o texto que se edita. Tamén cabe dicir, que publicar e ver todas as entradas seguidas daban maior facilidade á hora de seguir os nosos compañeirXs, comentar e incluso ver o noso traballo realizado.

Cabe dicir, que non só hai aspectos negativos. A subida de arquivos, creación de carpetas para ordenalos, os tweets, grupos e incluso numerosos aspectos da configuración da nosa conta son elementos positivos que tamén hai que mencionar. Tamén cabe destacar o propio deseño fai que o acceso aos menus sexan faciles e efectivos.

Despois desta pequena análise....chego ao punto polo que escribo esta nova entrada no meu blog. Si...para dar chegado aqui...din a miña pequena volta polo mundo dos portafolios...A moitXs pareceravos un mero detalle...incluso insignificante...pero eu cada día teñoo máis claro...podedes tacharme do que queirades.

Por qué non unha ferramenta en galego? ou con opción de galego? Por qué unha universidade galega non pode crear as súas páxinas, ferramentas etc nun dos idiomas oficiais da nosa comunidade.

Inglés...alemán...español...francés... e o GALEGO?

Seguro que terá unha explicación...unha explicación non válida claro

Sen máis...abro un pequeno debate...ou a miña intención é esa, simplemente esa. Non pretendo ofender a ninguén e menos a calquera participante desta rede stellae.