5.1. O Malestar Docente

5.1. O Malestar Docente

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

5.1. O MALESTAR DOCENTE

    Nos últimos anos a situación da educación deu un xiro moi brusco, un cambio tan radical que derivou nun tema cada vez máis en auxe como é o malestar docente. En palabras de Esteve (1994): “El cambio acelerado del contexto social ha acumulado las contradicciones del sistema de enseñanza. El profesor, como rostro humano de este sistema, se queja de malestar, cansancio, desconcierto”. Son moitas as cuestións que planean sobre isto e de seguido tratarei de determinar algunhas delas, comezando por definir que entendemos por malestar.

   En termos xerais, pódese dicir que o malestar laboral ou “burnout” ou “síndrome do traballador queimado” é un síndrome, ou o que é o mesmo, un conxunto de síntomas semellantes que teñen lugar como consecuencia da vivencia por parte do traballador de determinadas condicións negativas no seu posto de traballo.

   O malestar pode ser atopado en tres elementos básicos, tales como:

  • A enerxía.
  • A implicación.
  • A efectividade.

   Destes tres primeiros elementos básicos citados derivan outros seis como son:

  • A carga de traballo.
  • A responsabilidade do posto.
  • As recompensas.
  • O compañeirismo.
  • A xustiza.
  • O valor social.

   Os traballadores que amosan malestar, séntense queimados por un exceso ou falta de traballo, por un exceso ou falta de responsabilidade no seu posto, por falta de recompensas, por dificultades no relativo á relación cos seu compañeiros/as, por recibir un trato inxusto ou pola falta de valoración social do seu traballo. Todos eles poden dar lugar o malestar de xeito tanto individual como a través da combinación de varios deles. Así mesmo, cómpre salientar que este tipo de traballadores soen pasar por tres etapas diferentes dentro do malestar ou “burnout”, sendo as mesmas:

1.Fatiga/esgotamento emocional.

2.Cinismo.

3.Desvinculación.

   É preciso sinalar que o malestar esténdese a todas as profesións, pois non so afecta ó colectivo do profesorado, tema que nos incumbe de cheo nesta ocasión. Actualmente está moi presente o malestar do profesorado como consecuencia do desenvolvemento económico e social das sociedades avanzadas. Tal e como afirman Flueguel e Montoliu (2005): “La expresión malestar docente viene utilizándose con mayor frecuencia desde los años ochenta y se emplea para describir los efectos permanentes, de carácter negativo, que afectan a la personalidad del enseñante como resultado de los cambios acelerados producidos en el contexto histórico-social”.

   Así mesmo, tamén é moi significativa e relevante a afirmación realizada por José Manuel Esteve (1994) arredor do traballo do profesorado, xa que baixo o seu punto de vista: “El profesor está sobrecargado de trabajo, obligándosele a realizar una actividad fragmentaria, en la que, simultáneamente, debe batirse en distintos frentes: ha de mantener la disciplina suficiente, pero ser simpático y afectuoso; ha de atender individualizadamente a los niños sobresalientes que querrían ir más deprisa, pero también a los más torpes que tienen que ir más despacio; ha de cuidar del ambiente de la clase, programar, evaluar, orientar, recibir a los padres y tenerlos al corriente de los progresos de sus hijos, organizar diversas actividades en el centro, atender frecuentemente problemas burocráticos. La lista de exigencias parece no tener fin”.

   As causas do malestar docente son distintas en función do autor do que falemos.  pO unha banda, Esteve (2004) afirma que a primeira causa que distancia ós docentes da cara amable da súa profesión é a falta de reflexión sobre o sentido da súa profesión e, en consecuencia, o desexo de xogar papeis imposibles que os conducen inevitablemente a autodestrucción persoal.  Por outra banda, faise alusión á clasificación realizada por Blase (1982), que ó falar de estres e malestar docente fai a distinción entre factores de primeiro orde, os cales se corresponden con aqueles que inciden directamente sobre a acción do profesor/a na clase xerando tensións vinculadas a emociones e sentimentos negativos, e factores de segundo orde, que son aqueles que concirnen ás condicións ambientais, co contexto no que se imparte a docencia. Salienta que individualmente non implican influencia, pero se se unen afectan decisivamente sobre o autoconcepto do docente así como sobre a imaxe que este ten do seu propio posto laboral, podendo desembocar todo isto nunha crise de identidade chegando, inclusive, a autodepreciación do eu. 

   Como xa se dixo, o malestar docente inflúe fundamentalmente no autoconcepto que sobre si mesmo ten o docente xerando nel sentimentos de inseguridade, falta de autoestima e unha deficiencia na súa identidade persoal. Esteve (1994) manifesta que: “Los problemas referidos a la consideración social de su trabajo les plantea una auténtica crisis de identidad en la que los enseñantes ponen en cuestión el sentido de du propio trabajo e, incluso, a sí mismos”. Este autor, xunto con outros colaboradores, propón que no malestar docente tamén inflúen unha serie de elementos de cambio no sistema escolar, os cales son:

  • O aumento das esixencias sobre o profesor/a.
  • A inhibición educativa de outros axentes de socialización.
  • O desenvolvemento de fontes de información alternativas á escola.
  • A ruptura do consenso social sobre a educación.
  • O aumento das contradicións no exercicio da docencia.
  • O cambio de expectativas respecto do sistema educativo.
  • A modificación do apoio da sociedade ó sistema educativo.
  • O descenso na valoración social do profesor/a.
  • Os cambios nos contidos curriculares.
  • A escaseza de recursos materiais e as deficientes condicións de traballo.
  • Os cambios nas relacións profesor/a-alumno/a.
  • A fragmentación do traballo do profesor/a.

   Os principais factores que inciden no malestar docente englóbanse en tres categorías: os cambios sociais, os cambios culturais e os cambios educativos. En relación a estes últimos, os cambios educativos, están comezando a ser influenciados polos cambios sociais relacionados coa sociedade e a mocidade.

   Outra das causas do malestar docente, debido ós cambios sociais, reside na lentitude coa que as administracións  públicas fan chegar as leis e decretos, de modo que a escola sempre se atopa por detrás da historia, dos acontecementos verdadeiramente relevantes, sendo moitas das mesmas contraditorias entre si dando pe a un cambio moi significativo para o sistema educativo. Este constante cambio xera no profesorado un esgotamento que incide no malestar docente.

   Ademais das posibles causas e factores comentadas ata o momento e que están a provocar un aumento considerable do malestar no exercicio da ensinanza, é preciso facerse eco doutras ideas extraídas nunha sesión da materia que nos concirne. Esas ideas que considero relevantes e, polo tanto, vou a plasmar neste documento son as que de seguido se fan explícitas. O malestar docente pode ser debido a:

  • A presión social, pois sempre están no punto de mira tanto polo que se lles pide os docentes como polo recoñecemento social.
  • A sobrecarga de tarefas, aspecto xa comentado con anterioridade.
  • A falta de respecto por parte do alumnado, dos pais e dos propios compañeiros de profesión.
  • A falsa colaboración.
  • O feito de que o traballo non sempre da os froitos esperados, o que en moitas ocasións provoca a frustración docente.
  • A incerteza da profesión docente, o non ter a seguridade de que o traballo realizado se estea a facer verdadeiramente ben. Así mesmo, esta incerteza vai unida á falta de apoio, á presión social e ás esixencias dos pais, devaluando o traballo do profesorado con respecto a outros traballos.
  • O desprestixio social do profesorado é cada vez maior.
  • A falta de confianza persoal.

   Así mesmo, os cambios sociais, económicos e culturais provocan unha modificación nas demandas sociais sobre os docentes, sendo nestes intres as máis salientables conseguir tanto motivar ó alumnado como crear na aula un bo clima de convivencia. A profesión docente perdeu unha gran parte do apoio social, seno á súa vez as esixencias da sociedade cada vez máis múltiples e contraditorias, pois como ben din Vaillant e Marcelo (2001): Denomino paradojas el hecho de que los padres demanden a las escuelas un tipo de educación que ellos mismos no propician en sus hogares; que las empresas demanden al sistema educativo habilidades y valores de trabajo en grupo, responsabilidad, iniciativa…que después no utilizan; que las escuelas sean cada vez más diversas, de manera que los profesores deban reconocer y promover la existencia de distintos estilos de aprendizaje, la agrupación heterogénea de alumnos, la integración de alumnos con necesidades educativas especiales en las clases ordinarias, el desarrollo de destrezas curriculares transversales (como la resolución de problemas y el pensamiento crítico),así como la creación de relaciones interdisciplinares entre materias diferentes y al mismo tiempo, que se produzca una mayor preocupación por homogeneizar y comparar rendimientos”.

   Ditas esixencias modifican dun xeito realmente significativo o concepto de educación, a definición da carreira docente, o rol de profesores e mestres e as competencias esixidas. Todo isto desemboca dentro do seo docente nunha sensación xeneralizada, como din Fueguel e Montoliu (2005), caracterizada por:

  • Demasiado traballo en pouco tempo.
  • Pouco descanso.
  • Tempo insuficiente para destinalo á familia e ás amizades.
  • Falta de dispoñibilidade de tempo libre.
  • Brevidade de tempo de vacacións (empregado en ocasións para facer traballos ou cursos).

   En canto ás consecuencias do malestar docente, seguiremos a clasificación elaborada por Esteve (1994) onde as máis habituais aparecen en primeiro lugar, sendo as últimas as menos dadas. A clasificación é a seguinte:

1.Sentimentos de desconcerto e insatisfacción ante os problemas reais da práctica da ensinanza, en contraposición á imaxe ideal que o profesorado debería ter.

2.Peticións de traslado como vía de escape a situacións conflitivas.

3.Desenvolvemento de esquemas de inhibición para cortar a implicación persoal no traballo que se executa.

4.Desexo manifesto de abandonar a docencia.

5.Absentismo laboral como vía para cortar a tensión acumulada.

6.Esgotamento como consecuencia da tensión acumulada.

7.Estres.

8.Ansiedade como rasgo.

9.Depreciación do eu.

10.Autoculparse ante a incapacidade para ter éxito na ensinanza.

11.Neuroses reactivas.

12.Depresións.

13.Ansiedade como estado permanente, vinculada como causa-efecto a diversos diagnósticos de enfermidade mental.

   Esteve (1994) declara que, a pesares de que determinado número de profesorado si foi capaz de adaptarse e xerar condutas acordes ás esixencias da sociedade outros non o conseguiron e, como consecuencia do malestar docente prodúcese unha dexeneración da eficacia docente en tres vías:

1.O profesorado que deixa actuar con calidade porque a súa personalidade está afectada.

2.O profesorado que se inhibe e acaban facendo o seu traballo pola mera rutina, empregándoo como un mecanismo de defensa ante as condicións nas que exercen a docencia.

3.O profesorado que non se decanta por unha liña realmente clara de actuación, traballando cunha conduta flutuante, chea de contradicións, que non dan resposta ós cambios esixidos pola modificación do contexto social de ensinanza.

   Este malestar docente radica na necesidade de ser transformado en benestar e por iso e para iso, o seguinte dos aspectos a tratar será o benestar docente.