4.2. Como poden asesorar sobre o currículo quen non son especialistas nun ámbito curricular?

4.2. COMO PODEN ASESORAR SOBRE O CURRÍCULO QUEN NON SON ESPECIALISTAS NUN ÁMBITO CURRICULAR?

   O asesoramento e o traballo que implica como tal, son conceptos que xeran certa controversia, pois todos seguro que fomos asesorados algunha vez e moitos de nós tamén tivemos a oportunidade de asesorar en circunstancias e ámbitos moi dispares, de aí a cuestión que saíu nunha sesión de clase de que se entende realmente por asesorar e quén pode e/ou debe asesorar.

   Gustaríame salientar un dito popular que di “El que dirige es el director, el que administra es el administrador, el que enseña es el maestro-profesor-docente y el que asesora es el asesor”.  A experiencia cotiá demostra que isto non é así, xa que o asesoramento é unha práctica localizada nun determinado posto de traballo pero tamén é unha práctica transversal que se expande, estende e desenvolve como compoñente constitutivo do traballo levado a cabo dende outras posicións institucionais. Deste modo, cada unha destas posicións outorgará duns matices particulares ó traballo de asesoramento ó mesmo tempo que se poñerán en xogo distintos modelos de actuación e prácticas profesionais que darán lugar a estratexias de intervención e dispositivos de traballo moi diversos.

   Isto lévanos a unha reflexión, xa citada anteriormente, de Sandra Nicastro e Marcela Andreozzi (2003) que afirman que “El asesoramiento es una práctica especializada en situación”, entendéndoo como que non so asesora aquel que ocupa o rol ou un cargo definido expresamente para tal fin, pero tampouco se considera que se poida asesorar en todo momento e dende calquera posición como se se tratara dunha intervención sinxela; senón que máis alá do saber experto, da posición, do traballo e do tipo de demanda sempre é posible asesorar. Polo tanto, é necesario esquecer a idea de que solo un pode ser asesor ou que todos asesoran , xa que o asesoramento como práctica especializada en situación implica ampliar a mirada, unha apertura de miras.

    En definitiva, as principais ideas que se poden extraer sobre o asesoramento curricular e que considero que verdadeiramente son relevantes son:

-Calquera proceso de asesoramento escolar debe situarse nun contexto relacional no que se produza a creación de contextos, procesos e axentes de mediación entre o coñecemento sistemático dispoñible sobre a educación e o sistema escolar, o que supón a participación, negociación e construción compartida da relación de asesoramento.

-O proceso de asesoramento non tolera calquera visión parcial que sexa disciplinar ou de outro tipo, xa que deste modo so poden xerarse procesos lineais de intervención ou transferencia de coñecemento.

-O asesoramento non pode ser neutral dependendo de como sexa definido e organizado, así como do tipo de relacións e prácticas nos que sexa desenvolto. Deste xeito, estarase avogando por valores de xerarquización e diferenciación, influenza desigual, imposición ou dominación ou por outros completamente distintos como a colaboración, a participación, a solidariedade, a capacitación para a autonomía e a liberación tanto social como cultural.